A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

1. Como empeza esta historia

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Cincuenta anos atrás, Pere Xil tía máis ou menos o mesmo aspecto que agora. Os trasnos viven varios séculos, de maneira que esos cincuenta anos para elos eran como uns poucos anos para os humanos.
     Daquela o trasno non vivía nas galerías nas que estaba cuando se cruzou con Xullán, mais noutras á beira dun souto precioso sobre o río do Ouro. Desde alí, cerca da aldea de Bustarel, lanzaba os sous ataques sobre os humanos cuando tía gracia —o cual acontecía con muita frecuencia en determinadas épocas do ano—. Mais a súa paz rematou cuando un bon día un aldeao mandou tirar os primeiros castañeiros do souto e mandou erguer, ao pé do bosque, unha preciosa casa de madeira. Cuando a deu feita, encheu a súa propiedade de vacas, pitas e cochos.
     O trasno non chegou a se enteirar de nada ata despois do inverno, porque o pobrín se pasara cinco meses hibernando como os osos —era ben folgazán, todo hai que o dicir—. Cuando espertou na súa galería subterránea que era o sou lar, quixo salir á superficie para respirar ar fresco, mais cual foi a súa sorpresa cuando descubriu que xusto na porta había unha traba inmensa de madeira que lle impedía o paso.
     Colleu o sou martelo de diamente, a ferramenta afuradora de todo trasno, e traspasou a traba de madeira. Saliu á cocía da vivenda e alí se atopou cun paisano enxuito e redrollo, que era o avolo de Xullán. Que quen é Xullán? Seguide a ler e veredes. Como salira sen mirar, o trasno aparecera ao carón da lareira. O pobre case queima as orellas co lume, mais tevo sorte porque o fougo estaba mui baxo.
     O labrego chamábase Xurxo e axina reparou naquel ser que tía diante del. Como muitos anos despois o sou neto, soubo que se trataba dun trasno pese a non ter visto ningún na súa vida, mais era evidente por mor daquelas orellas en punta, aquel focín alongado e a súa baixa estatura.
     Pere Xil, nun ton nada amable —de feito os trasnos non adoitan ser amables—, espetou ao amo da casa:
     —Xa estás quitando esta casa de aquí porque os terreos sobre os que está construída son meus...
     Xurxo non podía dar creto ao que estaba escuitando. Parou o sou labor e achegouse uns pasos cara o trasno, que era case da súa mesma estatura.
     —Como queres que quite de aquí a casa con todo o dieiro que me custou levantala e todo o esforzo que pasei? Amais, a mía dona está encinta e imos ter o noso primeiro fillo.
     —A min non me contes lerias —respondeu groseiramente o trasno—. Estas terras son mías desde hai tres séculos e pico —non estaba mui seguro porque, para botar contas, o trasno era un desastre—, de modo que xa estás desmontando a túa casoupa e marchando por onde viche...
     —Non podo.
     —Que non?
     Nese momento, o trasno chascou os didos. De seguida, as vacas todas da corte de ao lado puxéronse a cacarexar como pitas choucras. Xurxo percibiu que non podía luitar contra o trasno coas súas maos. Era un ser poderoso e seguramente ruín, que non se detería ante nada e ante ninguén con tal de volar no que quería. Daquela recordou o que lle dixera tantas veces a súa avola, cuando el era aínda un cativo e o remexían no ran á hora de durmir:
     —"A única maneira de vencer un trasno é co enxeño".
     A sabedoría daquela avola féxose eco na mente do labrego. Rapidamente véronlle á cabeza tres ideas coas que estaba certo de poder vencer o trasno.
     —Trasno —díxolle o labrego—, propóñoche un reto.
     O trasno aguzou as orellas e detevo o rebumbio das vacas cacarexantes cun novo chasquido dos didos.
     —Fala —esixiu con interese, porque os trasnos son mui soberbos e crense quen de gañaren en calquera desafío que se lles poña polo medio.
     —Propóñoche tres probas. Quen venza nas tres, queda co terrén e o outro hase comprometer a marchar sen gurgutar.
     —Que probas son esas?
     —A primeira consiste en que eu adivíe un enigma que tu propoñas; a segunda, que xoguemos unha partida de cartas a cinco maos; a terceira e última, que eu seña capaz de faer os memos movementos que tu, exactamente iguais, durante ao menos cinco minutos.
     O trasno non puido evitar que se lle escapase un sorriso de orella a orella. Estaba máis que convencido de que gañaría e, por riba, ía pasalo muito ben á costa daquel homín.
     —Acepto —dixo á fin o trasno e largou tal ouveo que fexo fuxir espantados a cuatro lobos famentos que andaban cerca de alí á procura dunha presa para a cea.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega