A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

2. Principian as probas

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Todo estaba pronto. Xurxo convidou a Pere Xil a sentar nun escano diante da mesa da cocía. Enriba dela había unha botella dun licor dunha color vermella e dúas alfergas coas que se ía tomar aquello.
     —Quero que mentres femos a primeira proba
—explicou o home— podamos portarnos civilizadamente. Na mía casa temos o costume de que cuando hai un hóspede, é mester tratalo muito ben, para se sentir igual ou mellor que na súa propia casa.
    
—Évos un costume mui sao e agradable ese voso —opinou o trasno—, mais non quererás emborracharme con esa botella, non si?
    
—E lougo, como ía con estos vasíos de alferga?
    
—Teis razón...
    
—Tu teis que saber beber máis que cualquera humano —dixo en ton adulón o campesín mentres lle botaba unhas pingas na alferga.
    
—Cata este licor de arandos. Fémolo aquí na casa.
     O trasno catou nel e sóubolle a gloria, todo doce, aínda que tía unha carga de alcol ben grande.
    
—Un pouco máis? —ofreceu inocente Xurxo.
    
—Está ben...
     O trasno, hai que dicilo, malia as súas farrucadas, non estaba afeito ao alcol. Sen se decatar, foi baleirando a botella de licor
mentres el e Xurxo falaban de fateces. Finalmente, o trasno, cuando ían polo medio da botella, dixo:
    
—Menos parola... vouche fer a pregunta do enigma.
    
—Pois veña, fai, fai...
    
—A ver, que cousa é que mingua e medra, que medra e mingua, que cuando medra pon medo e cuando mingua pon pena?
     Xurxo non tía nin idea do que era. Mais non desesperou por eso, simplemente dixo:
    
—Hei pensalo, hei pensalo... Entrementres imos tomar outro grolo de licor.
     E tras daquel grolo, seguiu outro e outro, e tras da primeira botella seguiu a segunda. O trasno estaba tan bébedo que as súas orellas en punta caíanlle para fóra e o nariz estáballe rubio como un pemento maduro.
     Mais Xurxo case non catara o licor, por eso, cuando xa decatou de que o trasno estaba fóra de xogo, díxolle:
    
—Muito enigma, muito enigma, e penso que nin tu mesmo sabes a solución del.
    
—Que non cho sei? —dixo o trasno todo molesto—. Aiou, claro que o sei.
    
—Cual é, lougo?
    
—Carape, a lúa...
     Xurxo sorriu. Xa lle sacara a resposta. Despois comentou ao trasno.
    
—Penso que deberías durmir un pouco. Mañá continuamos.
    
—Si, si... vai ben.
     E o trasno deixou caer a súa cabeza enriba da mesa e adormeceu alí mesmo.
     Ao outro día, o trasno non se recordaba do que sucedera a noite anterior. Tía unha enxaqueca que podería tombar tres cabalos.
    
—Trasno —dixo Xurxo—, como xa é de día, heiche dar a solución ao tou enigma.
    
—Eh?
    
—A solución ao que me propoías onte é a lúa.
     Cuando o trasno escuitou a solución da súa adivía, largou un laído espantoso e meteuse polo furado do chao que daba á súa galería. Antes de marchar aínda dixo:
    
—Volverei! Volverei esta noite para a segunda proba! E daquela perderás!
     Xurxo quedou todo tranquilo. Saliu da casa e foi ao poleiro para dar de comer ás galías.
     Cuando chegou a noite, xusto tan pronto como a lúa estevo por riba do crume da casa, o trasno apareceu na cocía do labrego.
     Estaba de mui mal humor porque sospeitaba que o home home lle fixera algunha trapalla, mais non ía dicir gota porque el era un trapalleiro dos máis grandes e non ía recoñecer na vida que o enganaran.
    
—A ver, imos xogar esa partida de cartas —dixo case gruñindo.
     Evidentemente, o trasno pensaba que gañaría sen dificultade porque era o mellor xogador de cartas do mundo subterráneo.
    
—Está ben, sentemos —propuxo Xurxo.
    
—Espera —detévolo o trasno.
     Pere Xil examinou o sito: a mesa, o escano, o chao, a baralla e ata as roupas todas de Xurxo. Non deu atopado nada sospeitoso.
    
—Eu sentarei ao carón da xanela e tu frente a min —dixo Xurxo.
     O trasno sospeitou que alí estaba a trapalla.
    
—Non, será xusto ao revés.
    
—Como queiras.
     Efectivamente, a trapalla estaba alí, mais non como sospeitaba o trasno, porque o que quería o labrego era que Pere Xil sentase xunto á ventá, mais dixéralle o contrario do que quería para que o trasno picase como un necio. Desa maneira, o vidro da ventá espellaría as cartas do trasno e Xurxo podería velas. Para eso, mandara á súa dona pechar as contras tan pronto como o trasno sentara, de maneira que as ventás actuaban como un espello.
     Xurxo ao primeiro, deixouse gañar para o trasno se confiar. Tanto foi así que Pere Xil dixo:
    
—Como vou gañar sen problemas, non farei trampa ningunha, palabra de trasno.
     Mais axina o rumo da partida mudou. Xurxo comezou a gañar unha e outra mao, até que á fin da noite, xa ao riscar o día, cantou o galón.
    
—Rematou —anunciou Xurxo.
    
—Como é posible?
     O home encolleu os ombreiros. Gracias á artimaña da ventá, sempre soubo as cartas que levaba o trasno na mao. Pere Xil botou algúns segundos en se recuperar da sorpresa, mais cuando o fexo, largou tal chío que rompeu os vidros de todos as xanelas da casa, as pitas non puxeron ovos durante tres semanas e as vacas perderon o leite durante dous días.
     Antes de marchar, o trasno dixo:
    
—Volverei dentro dunha semana. Voume adestrar en movementos veloces. Daquela regresarei e a casa será mía.
     E liscou.
     Xurxo quedou a ollar para o furado e pensou que talvez non o taparía cuando botase de alí ao trasno. Era un bon sito para botar o lixo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega