As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002)

 

Lenta luz nos lousados. Escolma

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1





Non coñeces a saudade.
Nunca tiveches a ausencia
presente, como unha sombra
nos corredores dos ollos,
unha tristura de terra
como unha convalecencia
lenta, que che rilla os ósos,
que enche de pedras o lombo
e de lembranzas os miolos,
e os días son como sabas
molladas e cheas de lodo
postas ó sol na fenestra
pra que sequen, e ser outro.



(1979)

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega