As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002)

Páxina Anterior

Carozo azul. Escolma

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1





Hai que fuxir, e as fragas
negras, onde os carballos
agachan lobos, cobras,
donicelas, curuxas;
onde medran as faias,
os espiños, os freixos,
as silveiras, e os felgos e as pantasmas;
serán un bo refuxio
e para os cervos o amor
non merece castigo,
non peca de traición, non doe, non mata.












Boca, negro orificio que a alma trabas

moendo a súa carne, e entre os teus dentes
as trituradas febras esquecidas
apodrecen; violento pozo negro;
descuberta cloaca da que o alento
preso de pés e mans fuxir quixera
ó aire puro e limpo das lavercas
e feito nube ir coas anduriñas
deica as illas innúmeras do océano.
Negra sentina, boca, que a alma mordes
mastigándolle o corpo e nas enxivas
quedan presos xiróns da vida súa,
ata que veña a morte a liberala
e bote fóra no último salaio,
a cantar nunha póla coas calandras
ata esquecer quen é, quen foi, quen era,
por que boca feroz foi pronunciada.
Boca, negra burata que a almas aferras.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega