As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002)

Páxina Anterior

Sonetosfera. Escolma

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1





Corazón bolchevique, lingua solta,
príncipe desterrado no deserto,
tampouco tu se nada é certo es certo,
nin existe memoria da revolta.

Mil homes libres son a túa escolta,
mil homes sabios coma un libro aberto,
mil corazóns que manca o desconcerto
de quen sabe que a historia non ten volta.

Príncipe destronado, se da illa
na noite desta vida tan escura
non chega un berro unánime e proscrito,

¡maldita sexa toda marabilla,
maldito sexa Marx na sepultura,
todo santo varón sexa maldito!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega