As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002)

Páxina Anterior

Permiso para o corso. Escolma

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1





O poeta é un mineiro, e baixo terra,
baixo a codia retorta e torturada
da palabra, na entrana perforada,
busca o tesouro que o rochedo encerra.
Un tesouro que chora, e canta, e berra,
ave non morta, pero si enterrada,
ata que a resucita cunha eixada,
cun verso, cunha pá que o desenterra.

O poeta é un zahorí que busca a veta
de auga tras mil anos de secura,
atento ó máis oculto e máis profundo.
Un poceiro que fura é o poeta,
cavando sen acougo a pena dura,
ata que xorde a auga e inunda o mundo.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega