Breviario da autonomía

 

Capítulo nº 1

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario001.html


Aos irmáns Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, tres faros xurdiamente lumiosos do roteiro que a Galiza anda á percorrere en procuro da sua liberdade




A xeito d'eisordio


     A feliz aprobación do Estatuto autonómico catalán, cô que a groriosa irmáa mediterránea ten de iniciare o vieiro da sua liberdade efectiva, foi como un toque de chamada â movilización xêral. Todos cantos vimos loitando decote poI-o milloramento e a libeiración das nazonalidades peninsuares en que fumos nados, ben podemos eiscramare que a nosa hora é chegada. O réximen repubricán que o pobo hespañol soupo otorgárese o 14 do abril do ano 31 posibiliza, sinón plenamente, cal compría agardare dimpóis das promesas feitas na oposición, pol-o menos de un xeito inicial, o troque da anterga e anacrónica estructura unitaria do Estado, servil e ridícula copia da centralización francesa con que a morta monarquía tan ben marchaba, por unha nova estructura máis acaroada â realidade, âs leis naturaes, ao que os feitos biolóxicos demandan, estructura que, ineludibelmentes terá de sere o paso prelimiar pra o troque necesario e decisivo que ten de sere a instauración da Repúbrica federal e ainda, cicáis, a Confederación de Repúbricas Ibéricas.
     Concedida á Cataluña a carta autonómica que tan ben ganado ten por todos conceptos, sendo cousa segura a inminente presentación âs Cortes Constituintes da Carta autonómica de Vasconia e, poI-o tanto, segura tamén a sua aprobación pol-a Cámara lexislativa hespañola, é chegado o momento de pôre en xogo todol-os esforzos e de traballare en acougo, cada un na medida das suas forzas, pra que as arelas autonómicas da Galiza se non ollen defraudadas e se poñan, poI-o mesmo, en trance de realización.
     Como grau de area aportado â obra común do abranguemento das nosas Iiberdades, se presentan istas liñas divulgadoras, istas liñas que tencionan seren algo eisí como unha eiséxesis clara, rexa e contundente do que a autonomía é e do que a autonomía supón. Non serían elas necesarias -e como eIas todoI-os traballos que ao mesmo fin s'endereitan- si en todoI-os gaIegos eisistira un coñecimento craro, perciso e termiñante do que a autonomía é. Mais, por disgraza, non sucede eisí.
     Os intreses creados, os egoísmos á medraren â soma do centralismo ausurdo i-esgotador, a mala fé, o temor âs novedades, a fobia á todo o que supoña modernización e de xeito moi principal o descoñecimento, con tanto agarimo fomentado poI-as vellas taifas partidistas que se repartían o país, que das cousas e dos probremas políticos eisisten en xêral, fixeron que isto da autonomía galega se presentara aos ollos míopes da masa como algo vitando e merescedor, poI-o mesmo, de se combatire baruda e rexamente. E boa proba de ísto é o feito, á se repetire antre nós con frecoenza abraiante, de ouvire á un señor que se desfai en trenos esmagantes contra os degoiros autonómicos e contra os seus propugnadores, trocare de disco e confesare a sua trabucación tan axiña como un autonomista ll'eispón o que a autonomía é, e as ventaxas e comenenzas que da sua imposición se tirarán. Iste caso repítese decotío nas nosas rúas, nas nosas corredoiras, nos sitios todos onde adoitan á se xuntaren máis de dous.
     Imos, pois, en liñas sinceiras, feitas o máis sinxelamentes posibel, á falare da autonomía cô pensamento posto eiscrusivamente en sere úteis, unha vegada máis, â nai patria, á ista Galiza nosa e dos nosos máis caros degoiros, tan chamada á sere, e que si ainda non foi é única i-eiscrusivamente porque nós non nol-o propuxemos. Mais agora, que asegún todal-as semellas o tempo en que o cumprimento da profecía bárdica parce que xa se acaroa, é chegado o momento de botal-o resto. É chegado o momento da laboura rexa, pensando decote que ela será eficaz e que os seus froitos, sinón en totalidade, poI-o menos en parte, xa poderán seren recollidos por nós.
     A feliz circunstanza do derrubamento da apodrecida monarquía e o seu troque pol-o réximen repubricán, que posibiliza e fai doada unha nova estructuración estatal, obríganos á pensare, con fundamento, que si traballamos agora cal compre porque á todos chegue o coñecimento do que a autonomía é, se non achará lonxano o día xúrdio en que a Galiza terá d'escomezar á percorrere o vieiro que a levará â sua libeiración prena e definitiva.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega