Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 2

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario002a.html


O insiño da historia


     Sosteñen moi seriamentes os escasos defensores desintresados que do unitarismo eisisten -e decimos escasos porque a maoría dos que entre nós o defenden fano unicamente por moi particulares comenenzas i-egoísmos, cando non por iñoranza- que'él é o grado derradeiro do perfeccionamento que se abrangue no proceso histórico seguido poI-os pobos cara â sua estructuración política definitiva e como consecoenza de tal afirmación, gratuíta e falsa por demáis como teremos de ollare, veñen á caeren en que todo o qu'é descentralización, e poI-o mesmo autonomía e ainda federalismo, non é sinón unha situación denanterior, un feito previo e obrigado, pro transitorio decote, pra chegare irremisibelmentes â forma perfecta da orgaización política que, asegún eles, é o Estado unitario.
     Non é mester decire que nen ainda remotamentes, de un xeito casuístico, podemos adimitire os partidarios de un Estado constituído por partes autónomas á disfroitaren de unha autonomía tanto máis ample canto máis potentes sexan as circunstanzas difrenzaes que a eisixan, qu'él poida repersentare un momento nada máis que necesario, pro sempre transitorio, pra chegare á aquela pretendida situación de perfeccionamento político que ten a sua eispresión axeitada co Estado centralizado, co Estado unitario. Contrariamentes, nós creemos, e a probalo imos, que o paso denanterior, o paso obrigado no proceso evolutivo dos pobos deica â sua máis perfecta situación estabel é o Estado unitario; sendo, en troques, o Estado federativo ou, si se quere, o Estado constituído ou vertebrado por rexións ou países autónomos, aquela forma de orgaización política superior e derradeira â que os pobos tenden na sua marcha ascendente en procuro de unha orgaización que cada vegada se acaroe máis ao perfeccionamento.
     Soerguen os pirmeiros moradores da terra sen vencello algún que os axunte, pra viviren arredados, desenvoltándose sen conexión nen contacto. Mais non tardan en xurdiren as pirmeiras manifestacións da solidaridade dos homes, da sociabilidade natural que antre os viventes foi decote imprescindíbel por imperativo da mútua comenenza, ficando eisí xa constituidas as pirmeiras células da gran sociedade humana. No escomezo son os membros de unha familia os que se apoian e se axudan, pra millor conlevare os trafegos da sua eisistenza n-un medio natural que se non entrega doadamente pra sere disfroitado, sinón pra ilo, paseniño, faguendoo propio e amansándoo. Logo, da xuntanza de duas ou de máis familias, que antre sí se misturan i-encadean con vencellos afectivos, e que os antergos dirixen e ourentan, nasce xa unha forma rudimentaria e inicial da sociedade política. E máis tarde, pol-a asociación de varias de isas formas rudimentarias e iniciaes, que ao se asociaren o fan pra millor se desenvoltaren axudándose mutuamente, se pode decire qu'é cando se manifesta o primeiro orgaísmo político verdadeiramentes tal e merescedor, poI-o mesmo, de levare tal nome. Tal é o momento en que aparce a tribu.
     N-a tribu as familias gozan de unha natural e prena liberdade, que soio se acha condizonada e como subordinada á algo alleo no perciso momento en que a actividade familiar ultrapasa os lindeiros do fogar pra se situare no qu'é xa pertenenza da tribu enteira. É decire, que n-ista pirmeira manifestación de orgaización política rudimentaria o principio autonómico -darse cada un a lei á sí mesmo- se acha estabrescido de un xeito rotundo, craro e termiñante.
     Veñen, andando o tempo, as federacións de tribus, orgaismo xa máis perfecto, e poI-o mesmo superior, dentro da gradación imprescindíbel que se vai seguindo no ascenso da sociedade humana deica â realización do seu fin derradeiro, ou sexa o Estado. N-elas, como xa sucedía nas tribus illadas cando ainda se achaban lonxe da comunicación e do contacto, cada tribu en relación coas demáis que con ela forman corpo político, por eisí decilo, e sempre dentro das suas peculiaridades e cousas íntimas, ou sexa no seu interior, n-aquelo que lle pertenesce eiscrusivamente, sigue sendo soberán. E ista soberanía xa deixa de sere soia, pra sere compartida, cando se trata de custións que se non achan circunscritas â vida tribal sinón que, emborcándose por fora dos seus lindeiros, xa topan máis ou menos aos intreses e âs comenenzas das tribus asociadas. I-estonces aquel poder soberán da tribu, que tan craro se manifestaba na solución e arranxe das suas custións internas, aquela autonomía que iso e non outra cousa é, sen deixar d'eisistire, parce como que se contén pra que coa sua contención xurda e se desenvolte libremente un poder superior, o da federación, máis capacitado pra actuare dentro de un campo de acción en que non soio se afinca a autonomía de unha tribu sinón a de varias, coincidentes somente n-un punto ou coincidentes en moitos.
     E a situación plasmada nas liñas denanteriores volta á se reproducire cando xa máis perfeccionadol-os orgaísmos da solidaridade humán, as primitivas sociedades políticas, elas chegan, aventando decote en procuro da categoría superior, da meta arelada qu'é a orgaización estatal, á formaren aquelas confederacións de tribus nas que cada unha é dona e siñora dentro do circo reducido dos seus intreses privativos; eisí como cada federación o é dentro do marco das custións que son da sua eiscrusiva competenza e, poI-o derradeiro, cada confederación é o poder supremo que repersenta a perfecta vertebración de poderes e soberanías que, n-escada ascendente, van ampriándose gradualmente por iste orden: o individuo, a familia, o xuntoiro de familias ou sexa a tribu; o xuntoiro de tribus, ou sexa a federación de tribus e, poI-o derradeiro, o xuntoiro de federacións ou sexa a confederación. De ista sorte, e non de outra, é como se constituien as sociedades políticas nos pirmeiros tempos da Historia. É decire, que os diversos xuntoiros humáns, pra millor cumpriren os fins que lles son comúns, van de xeito gradual formando asociacións âs que vountariamente se subordinan e dependizan, sen que por iso nen un soio momento faigan deixación da sua autonomía, ísto é, do seu natural dereito á orgaizare a vida propia asegún lle dicten e impoñan as suas peculiaridades difrenzaes.
     Impricitamente fica dito que n-ise perfeccionárese das sociedades políticas primitivas que s'eispresa someiramente nas liñas que denanteceden, cae xa de cheo o xurdire das primeiras cibdades, que son unha manifestación crara i-evidente de fondo milloramento e avance no proceso de formación política dos pobos. Falando da cibdade di Pí Margall "que constituie n-un principio un todo compreto e independente. É unha nazón en pequeno. Teñen o seu culto, as suas leises, o seu goberno, a sua adiministración, os seus tribuaes, a sua facenda, o seu exército; teñen o seu orgaísmo, o seu Estado. Eisí nos di a razón que deberon seren as pirmeiras cibdades do mundo, i- eisí nos dí a Historia que foron as que séculos denantes de Xesucristo ocupaban gran parte da Europa, as costas da África e ainda o Occidente de Asia. Non foron soio Cartago e Roma as cibdades-nazóns; o foron as máis, principalmente as de Grecia e Siria".
     E n-efecto, constituida a cibdade, ela tivo de axexar decote pra se arredare das introminsións alleas no goberno de seu, sen deixare por iso d'establecere aquelas xuntanzas con outras cibdades que con ela tivesen algún intrés común. E constituindo eisí formas superiores de goberno que repersentaban i-encarnaban a defensa e sostimento de ise intrés común, que pra ren afectaba aos intreses particulares das partes asociadas, de cuios intreses soio elas eran dispoñedoras e responsábeis. I-eisí se olla como todol-os grandes agrupamentos políticos da antiguedade son verdadeiras ligas ou xuntanzas de pobos autónomos, consorciados e ainda fortemente subordinados pra todo aquelo que lles é común. Pro radicalmente ceibes, prenamente soberáns en todo aquelo qu'eiscrusivamente é da sua competenza.
     Temos, pois, que unha soberanía prena, unha liberdade total de movimentos e de acción, en canto é eiscrusivo de unha colectividade homoxénea, sexa ísta máis ou menos ample ou máis ou menos sinxela, informa todol-os momentos e situación das partes ou orgaizacións políticas primitivas, dende a máis elemental e simpre até a máis desenrolada e comprexa. E de iste xeito, sen que o principio da autodetermiñación, do exercizo ample do propio goberno con eiscrusión de toda inxerenza allea, sufra endexamáis mágoa ou aminguamento, se forman as pirmeiras unidades políticas, nas que o feito estatal se manifesta xa craro e sen equívocos. E por elo nos atopamos, ao percorrere a Historia dos pirmeiros tempos antergos, que aquelas orgaizacións, aqueles pobos aos que xa lles compre a denominación d'Estados, son orgaísmos nos que de un xeito craro ten lugar a realización da unidade máis compreta, sen que por iso as variedades que a integren deixen de se manifestaren tal e como son, sen merma algunha das suas características difrenzaes. Percórranse as páxinas históricas que nos falan da formación das grandes orgaizacións políticas que un día privaron no mundo, e atoparemos decote que o mesmo no Orente como no Occidente a formación das orgaizacións citadas sempre se acha afincada na realización e manteñimento da unidade, realización que se non afinca na absorción das difrenzas, pra reducire a froitífera heteroxeneidade natural á un todo uniforme, idéntico, fallo de variedades e de matices; sinón na permanenza de uns e outros, perfectamente asociados e acoplados pr'a realización de aqueles fins superiores que lles son comuns.
     Ensaminando a formación e desenrolo do grande Estado exipcio, dende que xurde até que por él desfían as dinastías tan sonadas, cuia lembranza vive ainda hoxe fresca e vizosa nos abundosos e abraiantes moimentos que nos legaron, atopámonos con que decote dentro do Exipto aparce viva unha división territorial imposta, como dí certo historiador, pol-a difrenza de crênzas relixiosas, de dialectos e de costumes. E ista división se amostra non soio na pirmeira xeira do desenrolo do Exipto, perante a que Mena deixa aos antigos Estados os seus deuses, o seu culto e as suas leises, sinón que persiste nas dinastías posteriores, até os tempos de Psamético lII, nos que o Exipto caeu no poder dos persas. E tan grande era o respeto dos exipcios âs variedades naturaes que os faraóns non soio respetaban a liberdade das divisións territoriaes ou pequenos Estados que compoñían o Exipto, sinón que deixaban âs cibdades conqueridas a sua autonomía relixiosa, política e adiministrativa e até os seus reises, que libremente podían faguérense a guerra, contraeren alianzas e concruiren paces (Sales y Ferré: Historia universal.)
     No Estado asirio a orgaización política non tiña tampouco ren de unitaria e centralizada. Contrariamentes, cada división territorial das varias que compoñían o imperio -en moitas das qu'eisistirían pobos de razas e linguas diversas- viña á constituire aIgo á xeito de un pequeno reino, con orgaización propia, con leises eiscrusivas e ainda co seu correspondente soberán.
     Ensaminando o qu'era a orgaización política do magno Imperio Persa nas xeiras culminantes da sua grandeza, ollamos como ela se achaba ben lonxe de sere unitaria e de tendere no máis mínimo á faguer desaparescere as difrenzas naturaes n-ela eisistentes, até o punto de que Darío, baixo cuio reinado ocurre o supremo erguemento de Persia, permite á todol-os pobos que conquire o libre uso da lingua, relixión, costumes, leises, etcétera, sen que por iso a integridade e cohesión do Imperio sufran ren ou se ollen ameazadas do perigo disgregador.
     E o mesmo que nos Estados citados sucedía no Imperio Caldeo, axiña conquerido pol-o faraón Tutmés III, e no que as cibdades que o compoñían "eran como outros tantos Estados, tendo cada un o seu soberán particular" (Sales y Ferré: Historia Universal). E sucedía igualmente na Fenicia qu'era unha verdadeira confedeiración de pequenos Estados, e cuia orgaización de plena autonomía pr'as partes integradoras, fora copiada máis tarde por Cartago; creación dos fenicios na costa N. de África. Asemade, ista persistencia do manteñimento da variedade máis compreta dentro de unha perfecta unidade política, se ouserva tamén no pobo xudeu. Todo isto pol-o que afecta ao Orente.
     Vindo ao Occidente, qu'é o que nos topa máis de perto, alcontramos os dous pobos que tanto infruxo exerceron na Historia mundial, e na civilización principalmente. Demáis está decire que nos referimos á Grecia e á Roma. Da pirmeira ben sabido é como endexamais constitueu unha unidade estatal ríxida nen moito menos. Pol-a contra ben característica e coñecida é a sua fragmentación en verdadeiros Estados pequenos, âs vegadas cibdades somentes, que poI-o regular soio tiñan como principal e máis forte vencello unificador o vencello relixioso. Á iste propósito compre lembrare as anfictionías ou federacións de cibdades que se afincaban no feito da comunidade de mitos e prácticas relixiosas. Corroborando istas manifestacións dí Sales y Ferré, seguindo n-isto âs manifestacións de Fustel de Coulanges: "O carácter culminante do mundo helénico é o fraccionamento político, constituindo cada cibdade un Estado autónomo e pechado, arredado dos demáis, xiquer fosen veciños, por maor distanza que as fronteiras que hoxe dividen âs nazóns". I-engade logo: "Pol-a comunidade de orixen, lingua, relixión e costumes, as cibdades helénicas constituían no século VVI, á pesares do seu espallamento e divisións políticas, un todo social, unha soia patria que tiña por centro o tempro de Apolo en Delfos". A Grecia, pois, ainda no tempo do seu meirande apoxeo intelectual non chega nunca á sere unha orgaización política unitaria, un Estado uniforme, ríxido e centralizado, nen ainda xiquer un verdadeiro Estado. As suas partes integradoras son soberáns dentro de sí mesmas e viven unha vida plenamente autónoma. Soio as custións que lles afectan por igual as deciden á formaren xuntanzas adicadas á actuaren eiscrusivamente dentro de lindeiros ben siñalados e con fins ben coñecidos e percisos. Necesitóuse que un verdadeiro perigo, que unha moi grave ameaza se cinguira encol das Terras helénicas, pra que ístas estabrescesen unha verdadeira confederación. Eisí se olla, por exempro, que a invasión do chan grego por Darío, rei dos persas, ao fronte de considerábeis forzas -feito que deu orixen âs guerras Médicas -obrigou á todol-os pequenos Estados helénicos á xuntarse, sen perderen no máis mínimo da sua autonomía, orixinándose eisí a Confederación helénica que remata cando Filipo de Macedonia a fai sua pol-as armas, posesión que pouco dimpois confirma o sonado Alexandro, fillo seu, incorporándoa definitivamente aos seus dominios.
     Termando de non alongare máis ista relación de pobos que na antiguedade ocuparon os lugares máis soerguidos baixo todol-os aspectos, sen que pra ren necesitasen acharse constituidos en ríxidas orgaizacións unitarias, sinón todo o contrario, ou sexa constituidos por orgaizacións nas que o principio de unidade era como unha resultante do acoplamento i-encaixe das variedades eisistentes conservadas decote en toda a sua integridade, resta, somentes, falare do pobo que tanta relación tivo coa Penínsua Ibérica, ou sexa Roma.
     A gran orgaización política que Roma chegou á sere, en ningún momento aparce formando unha unidade choída, ríxida, inalterabel, na que todo -xustiza, adiministración, orgaísmos políticos etc, -esteña sometido â centralización, â dependenza compreta e total de un punto único dende o que se dictan e trazan até as máis cativeiras normas de marcha, funcionamento e goberno, cal ocurre nos Estados unitarios. Roma, adimirabel máquina estatal, aparce constituíndose, como todol-os orgaísmos que lixeiramente fican ensaminados nas liñas denanteriores, pol-a xuntanza, pirmeiramente deble, de partes diversas. Istas partes sen perdere ren das suas características difrenzaes van, paseniño, constituindo unha unidade cada vegada máis perfecta e cada vegada máis potente i-eficaz: unha unidade afincada decote no acoplamento, na xustaposición dos elementos integradores que permite a sua persistenza sen se confundiren nunca, e que fai efectiva a unificación máis compreta e a cohesión máis sólida pra o arranxamento de aquelas custións que, ultrapasando os lindeiros particularistas, toman un carácter xêral que afecta por igual á membros n-outros aspectos diversos e ainda opostos.
     Roma, modelo de grandes Estados, adimirábel eispresión da magna potencialidade á que unha sociedade política pode chegare non foi nunca un Estado unitario, unha organización unitaria atal e como verdadeiramenres foron e son os Estados unitarios que teñen eisistido e que ainda eisisten. Dentro do vasto i-espallado conxunto que se chamaba Roma, a centralización, atal e como a pensan os que hoxe se amostran partidarios d'ela, non eisisteu endexamais. Contrariamentes, se pode afirmare, porque os feitos históricos eisí o revelan á todo o que n-eles quere esculcare, que un sistema de autonomías espallado até as máis lonxanas distanzas, e cuia eistensión gardaba decote relación coa área dos conquerimentos, é o fundamento de toda aquela abraiante grandeza territorial e por ende política que caracteriza a Roma de lugar relevante na Historia.
     A corroboración prena e autorizada das manifestacións precedentes con relación á Roma, se acha nas verbas de Pí Margall qu'engadimos á seguido. Din eisí: "Os pobos deben seren donos de sí mesmos. Contra dos eistranos que os dominan, enxergo eu, como os antigos románs, que teñen constante dereito: "Adversus hostem aeterna auctoritas erto". Âs vegadas os pobos renuncian á iste direito contra os seus domiñadores: podendo rechazalos non-os rechazan. Ollemos cando sucede. Sucede cando, asimilábeis domiñadores e domiñados pol-a identidade ou a afinidade de raza, chegan ao longo á fundírense. Sucede cando ista forza de asimilación, lonxe de vire contrariada, ven favorecida pol-a política dos gobernos; cando os gobernos estabrescen igualdade de condicións e de dereitos pra domiñados e domiñadores. Sucede principalmente cando os domiñadores respetan a autonomía dos pobos vencidos e non-a menoscaben sinón pr'â dirección e o réximen dos intreses comuns. Desaparescen estonces os signos da domiñación, acéptase de bon grado o que pol-a violenza se impuxo; e si non cesa o dereito contra os conqueridores, cesa poI-o menos a razón d'exercelo.
     "Por ísto italiáns, franceses, hespañoes e gregos, fumos ao fin románs; por ísto nós máis tarde nos identificamos côs godos; por ísto hoxe pobos agregados de onte â repúbrica de Wáshington viven con ela vountariamente á pesar da diversidade de raza e de língua.
     "A forza de asimilación dos románs pra cos europeus ninguén se arriscará á negala. Estabresceron antre eles e os italiáns igualdade de condicións e dereitos xa denantes de caere a repúbrica;
antre eles e os demáis pobos sometidos âs suas armas, soio nos tempos de Caracalla, pro dimpois de tere concedido tan profusamente, encol de todo dende XuIIo César, o tíduo de cibdadán de Roma, que xa baixo o imperio de Claudio, no pirmeiro século da Igrexa, o disfroitaban asegún Tácito máis de 5.600.000 homes; asegún Eusebio, perto de 7.000.000. Otorgaban doadamente aos vencidos as prerrogativas da cibdadanía e lles non impoñían endexamáis nen a sua relixión nen a sua lingua. Non adoitaban á impôrlles nen xiquer as suas leises; aos municipios deixábanlles a liberdade de rexírense pol-as propias até no político. Erra grandemente o que coida que, levados da unidade, non ben conquerían unha nazón, a sometían, xa que non á un soio culto, á un soio dereito: ainda dentro de cada nazón toleraban e ate recoñecían variedade de fueros. Eiquí, na Hespaña, Itálica era un de tantos municipios. Quixo en tempo de Adriano entrare no dereito xêral das colonias, injus coloniarum, e o solicitou cal compría. Adriano, lonxe de apraudilo, manifestou no Senado a eistraneza que lle causaba olIar â sua cibdade natal desprendéndose da autonomía. Ainda baixo o Imperio, había eiquí pobos que non eran sinón confederados de Roma".
     Coincidentes coás manifestacións de Pí Margall, referentes â orgaización de Roma, que fican transcriptas, son ístas do coñecido e autorizado pubricista Gonzalo de Reparaz: "Ao se finare o século II, denantes de Cristo, o territorio da Repúbrica román comprendía comarcas de tres categorías: pirmeira, Roma; segunda, Italia; terceira, os conquerimentos eisteriores. Cada unha contiña outras. Roma era enemiga da homoxeneidade: domiñaba dividindo aos seus súbditos, e os dividía faguéndolles perpetuamente desiguaes. Os políticos das nazóns románicas que coidaron seguiren a tradición román construindo compactas nazóns uniformes, trabucáronse grandemente. Non sabían Historia. Coñecían, si acaso, o dereito escrito; mais non a constituzón román viva. Roma non uniformiza até qu'envellece. A tendenza â uniformidade é unha anquilosis producida por causas económicas".
     Como se olla por todo o devandito nos varios párrafos que denanteceden, se non atopan no mundo antigo, por ningures, ise unitarismo estatal ateigado de rixidez, esgotador das froitíferas variedades, uniformador e asimilista que tantos, por causas que non queremos calificare, defenden na Hespaña con enrabexamento digno de millor causa. Hai que vire aos nosos días, e con preferenza â Hespaña creación dos Reis Católicos, pra atopármonos con unha unificación estatal feita a base da desaparición de toda variedade, ainda a máis pequena, e coa olIada posta no estúpido tencionamento de reducire o naturalmente diverso á un patrón único, feito cô fin abraiante d'enmendare a plana â natureza, borrando até as máis cativeiras difrenzas.
     O mundo antigo tan vario, tan heteroxéneo nas suas creacións, respetou decote todol-os feitos difrenzaes, todal-as lexítimas e naturaes variedades. I-en moitos casos máis que respetalas s'esforzou ainda por vigorizalas e por lles dare unha puxanza que asegurase a sua permanenza inquebrantábel. E con todo, emporiso, se non pode decire que as enumeradas orgaizacións políticas estataes tivesen unha eisistencia serodia, fosen guindando un vivire esmorecido e sen releve. As páxinas históricas nos falan con toda elocoenza da plenitude de vida qu'en todol-os aspectos caracterizou á taes pobos, plenitude â que contribueu decote, en pirmeiro termo, a realización ample do principio da unidade que se afinca, arriquece e sustenta na máis compreta variedade, sendo, en xêral, os motivos da sua decadenza e ainda da sua desaparición alleos por compreto â forma e procedimentos de orgaización política qu'elas se deron.
     Vindo â Edade Media, nos atopamos conque n-ela se manifestan diversas tentativas de constituzón d'Estados unitarios. E até chega á se formar un grande imperio: o de Carlomagno. Mail-as variedades, emporiso, se non esmorecen. Contra os propósitos unificadores s'erguen decote as variedades, resistindo á todo e findando por impôrse. E todal-as tendenzas i-esforzos por sometere á unha soia forma política o que de por sí e multiforme e vario, fracasan repetida e rotundamente. De todo isto síguese a gran descomposición á se producire de aquela nos grupos políticos que caracteriza â Edade Media, cuia máis enxebre eispresión é o feudalismo. Mais n-ista descomposición xêral, n-ista tendenza ben crara â atomización, â oposición decidida á todo o que sexa unificación forzada, sometimento á un poder que se impón porque ten a forza, pro que se non acata, revela crara unha elocoente lección. E ista lección é, que alí onde o poder unificador soupo respetare as variedades políticas cuios intreses comuns trataba de repersentare, tal poder consigueu manterse ergueito por máis ou menos tempo; ou n-outros termos, que alí onde a fisonomía propia, o dereito â libre autodeterminación de cada célula política, de cada pobo verdadeiramente tal por sere todo él unha perfecta unidade, se respetou, a xuntanza de diversos pobos puido subsistire e subsistéu; non tardando en cesare cando o poder común, se sobrepôndo ou se remontando ao qu'era da sua competenza, tratou de menoscabare, de violare os dereitos inalienábeis dos pobos axuntados á se daren así mesmo a lei que poI-as suas características millor lles acaía e Iles era axeitada.
     Corroboración de ísto é o sucedido na Alemania. Di á tal respecto Pí Margall ("Nacionalidades" Páx. 124): "Alemania non deixou de formare nazón (1) dende os tempos dos Carlovinxios. Varía a sua constituzón, sofre grandes mudanzas nos seus diversos Estados; mais permanesceu íntegra até o presente século. ¿Por qué? Porque se mantiveron decote autónomas as moitas nazóns de que consta, e soio pra os intreses á todas comúns deberon recoñeceren un emperador e unha Dieta. Non estaban xunguidas ao poder central por vencellos de abondo fortes, e vivían axitadas por frecoentes guerras; pro conservaban a independenza na sua vida interior, e non pensaron endexamais en disgregárense nen deixaron de tere o chan alemán por patria".
     Como consecoenza do xurdimento do feudalismo acaescido estonces, e que repersenta a máisima descomposición i-esnaquización dos pobos, eisí como asemade a supremacía dos siñores qu'eran os que repartían a terra toda, sendo verdadeiros soberáns dentro de cada un dos seus lindeiros, se inicia a alianza dos monarcas, tan debilitados no seu poder, cô elemento popular. De iste xeito escomezan as monarquías que, paseniño, poI-a forza das armas ou poI-o seu réximen patrimonial van faguendo converxeren n-él âs nazonalidades. I-eisí ven á se iniciare o proceso de creación dos Estados unitarios, nos que o poder real, xa seguro da sua forteza e pra millor afianzala cada vegada máis, s'esforza por reducire á normas únicas, á un soio patrón e á unha soia medida, xêralmente proporcionados pol-a nazonalidade ou o pobo onde a realeza tiña os seus afincamentos máis sólidos, todal-as variedades naturaes, os diversos pobos até estonces adoitados á se gobernaren de por sí, á viviren autonómicamente e á chegaren, cando máis, á se someteren á un pacto por virtude do que o peculiar e privativo ficase ceibe de toda inxerenza allea, e soio aquelo que fora común se tratase con criterio uniforme e se resolvese con norma única.
     Temos, pois, que ao se rematare a Edade Media, e millor ainda cando s'enceta xa a Moderna, aparcen constituíndose ou xa constituídos case que todol-os Estados que hoxe eisisten, principalmente os unitarios. E ollamos que isa tendenza, isa realización do Estado unitario, do Estado que se remonta por riba de todal-as variedades naturaes acochadas baixo d'el, pra reducilas á un modelo único, á unha soia lei e á un soio sistema, se non verifica naturalmente, por imperativo extra-humán, de un xeito alleo ao home. Non.Contrariamentes. Taes Estados unitarios son obra da imposición, son froito do egoísmo, son consecoenza natural do afan dos monarcas de actuaren sen estorbos, ceibes de todo control e de toda soma de poder que non sexa o propio. I-eisí os reises, dimpois de teren aproveitado do elemento popular pra findare coa anarquía dos siñores que o feudalismo enxendrara, unha vegada abranguido o seu fin se voltan contra o pobo pra lle arrincare as suas prezadas liberdades, que percisamente radicaban na eisistenza e recoñecimento dos feitos difrenzaes, das variedades naturaes, das modalidades e instituzóns características de cada pobo.
     Ensaminando, pois, o orixen da maoría dos Estados unitarios que ainda hoxe eisisten, (2) craramente se olla como eles son causa artificiosa, feita de costas âs eisixenzas naturaes, sen afincamento ningún na realidade e, pol-o mesmo, propensos en todo momento á sufriren aquelas transformacións fondas que os troquen, impôndolles a orgaización axeitada ao que o seu xeito de seren e d'estaren formados recrama.
     É decire: que seguindo o proceso formativo dos criterios que defendemos os autonomistas e federalistas se acha confirmado decote. Tal criterio, en síntesis, puidera eispresárese decindo que o Estado unitario é unha fase, un momento somentes do proceso da evoluzón histórica dos pobos, fase e momento nos que se realiza a reorgaización interna dos Estados dende o punto de vista da autoridade -a monarquía que absorve todal-as faculdades- cô fin de pôre remate á situacións enguedelladas e caóticas.
     Ista reorgaización, unha vegada feita, deixa o paso á unha nova reorgaización estatal feita dende o punto de vista da liberdade, reorgaización que culmina coa instauración do Estado integrado por orgaísmos -pobos autónomos -ou transformado en xuntoiro d'Estados venceIlados por un pacto ou sexa poI-o atadoiro federal. Istas manifestacións poden atinadamentes resumírense con unhas verbas de Fernando de Valera -unha das revelacións da actual Repúbrica- ao noso xuizo moi acertadas e que dín eisí: "O federalismo non é un Estado primitivo e transitorio que leva ao unitarismo, sinón que, pol-a contra, é un Estado perfecto d'evoluzón da sociedade, deica o cal teñen de camiñaren no seu desenvolvimento histórico os pobos cando superen o Estado unitario no que actualmente se desenvolven".
     E ísto é percisamente o que se olla que anda á ocurrire ou ven ocurrindo xa na Europa de hoxe. Un Estado tan rexamente unitario como o antigo Imperio dos Zares se acha n-actualidade trocado n-algo tan diametralmente oposto ao unitarismo como é unha magna confederación de repúbricas prenamente ceibes e soberáns. A pequena Bélxica, que casi pode decírese que tiña o fundamento do seu réximen unitario na sua pequenez territorial, non pode sustraérese ao imperativo de dare trato vario á aquelo que realmente o é; i-eisi inicia o recoñecimento, con todal-as consecoenzas, do feito difrenzal que no seu seo latexa, escomezando a resolución xusta e definitiva do preito walon-flamengo. Austria, n-oustante a reducción considerábel de territorio que sofre pol-a derrota, estabresce coa federación das partes heteroxéneas xeográficamente que a forman, a sua orgaización política definitiva. Por baixo da tiranía dictatorial qu'encadea as terras dos croatas, serbios i-eslovenos, someténdoos á un réximen monárquico unitario, se ven arranxando a gran eisprosión que derrubará a forteza tiránica pra qu'encol dos seus anacos xurda a libre federación dos pobos diversos que constituien a chamada Gran Serbia. Na Ingraterra que, como é sabido, forma cos seus vastos dominios unha verdadeira sociedade de pobos libres, se acentúan, cada vegada, con máis forza os movimentos á prol das autonomías respectivas no País de Gales e na Escocia, non sendo aventurado afirmare que non está lonxano o día en que a gran illa británica inicie a sua estructura á base do recoñecimento das autonomías dos pobos diversos -os siñalados e cicáis algún outro- que n-ela se achan afincados. Na mesma centralizada Francia, o Estado citado de cote como modelo de réximenes unitarios, pra ninguén é un segredo que se ollan síntomas de que anda á se iniciare algo que, ao longo, pode levare ao troque da orgaización francesa tan unitaria e centralizada. O movimento bretón de recobro e recoñecimento da esmorecida persoalidade e a oposición das rexións recuperadas á Alemaña á se someteren á un réximen nivelador qu'esquece as suas características propias e difrenzaes, eisí como os tencionamentos endereitados á espertare a persoalidade provenzal, son probas concruintes de que non ten de tardare moito tempo sen que o Estado francés se olle obrigado á aceptare na sua orgaización aquelas modificacións que o vivo rexurdire dos pobos n-él eisistentes lle impoña.
     E si máis se quere óllese, asemade, o que anda á pasare na Hespaña, n-ista Hespaña até o de agora impedida pra levare a cabo o seu verdadeiro desenvolvimento e de desenrolare a sua verdadeira vida por llo impedire a ausurda e rexa centralización, o estúpido uniformismo que até o de agora foi a base de toda a sua orgaización como Estado...
     Cos exempros devanditos abonda pra que o lector se decate de como nos días que corren se manifesta xa con toda craridade a crisis do Estado unitario, a franca tendenza â sua superación, ou sexa ao troque da artificiosa orgaización que son os grandes Estados unitarios, pol-a que millor lles acae, ou sexa a que se acha de acordo coás realidades. Isto é, o Estado integrado por orgaismos vivos -as nazonalidades ou pobos diversos n-él agrupados-, motivando a realización prena da variedade máis compreta e armónica dentro da unidade máis perfecta, e sendo como a feliz eispresión política dos vencellos ou das comenenzas
comúns qu'eisisten ou poidan eisistiren antre varias unidades integradoras da totalidade estatal.
     Posibelmentes, todo isto que de xeito tan probe fica apuntado nas liñas denanteriores, sexa a confirmación do pensamento de aqueles que tantas vegadas teñen repetido qu'eisí como o século XIX foi o século dos dereitos individuaes, dos dereitos do home que a Revoluzón francesa impuxo, o século XX terá de sere o dos dereitos da colectividade, o século dos dereitos dos pobos.
     Dimpóis das lixeiras referenzas que se fan âs diversas e sucesivas xeiras históricas nas liñas que denanteceden, chega un â concrusión de que as grandes unidades políticas que son os Estados levan xa percorrido o cicro compreto da sua evoluzón política, evoluzón que comprende dende o período tribal e a orgaización dos pirmeiros rudimentos do Estado, pasando dimpóis poI-os grandes Estados antergos, máis tarde pol-as monarquías moderadas que os bárbaros fundaron, logo pol-o réxime feudal e dimpóis pol-os gobernos persoaes que teñen a sua axeitada eispresión nas monarquías ausolutas e, derradeiramentes pol-os gobernos constitucionaes e democráticos dos nosos días, pra chegare ao momento actual no que superada xa, a causa do progreso humán, a forma unitaria dos Estados, ístes, seguindo a sua marcha ascensional i-evolutiva, andan á s'emborcaren xa na forma federal qu'é a forma perfecta â que o Estado vai tendendo dende o momento mesmo do seu xurdimento histórico.
     Tratábamos de amostrare n-iste capíduo qu'en todoI-os pobos foi decote postulado normal da sua
orgaización política o respeto máis fondo á todal-as variedades n-eles eisistentes. As lixeiras referenzas que faguemos ao xurdimento e desenrolo dos máis sonados pobos da antiguedade eisí nol-o dín con craridade meridiana. Por elas se olla que o normal, que o adoitado dentro da mecánica constructiva dos Estados non foi xeralmente a reducción de todal-as variedades e difrenzacións naturaes á un tipo común, sinón, contrariamentes, o respeto máis ou menos compreto á taes variedades, tirando d'elas o que tiñan de común, pra encol de tal base, e tendo como materiaes axeitados os feitos difrenzaes, erguere o edificio estatal con toda aquela vitalidade que resulta do conxunto armónico de orgaísmos diversos e ben vivos que forman aquél e determiñan ísta. É certo, sí, que hai un momento en que semella impôrse -i-en moitos casos se impón- dentro de determiñados Estados, o criterio ausurdo da centralización e o uniformismo termando de matare todal-as variedades que naturalmente eisisten nélas. Mais isa acción esgotadora e contraria ao que as leis naturaes recraman inda que semelle tere trunfado e chegue á abranguere duranza, ao fin e ao remate finda por s'esmorecere paseniño ou supetamente. I-estonces o que semellaba morto e desaparescido -a variedade, o feito difrenzal- torna á xurdir pra desempeñare aquela función cuio orixen responde á leis inmutábeis que os homes non poderán endexamáis anularen.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega