Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 9

 

m1rvilarpontebreviario009.html

A autonomía na Galiza


     Até eiquí viñemos faguendo a defensa da necesidade d'estructurar ao Estado que comprende dentro de sí varios pobos, en partes autónomas que faigan posibel a convivenza das variedades, sen perxuizo de qu'elas veñan supeditadas á unha unidade.superior. Tal defensa, desenrolada á través das abundosas liñas denantecedentes, fixémola termando de non fixal-a ollada n-un Estado determiñado, inda que, máis de unha vegada, a atención inselsibementes andivese a recaere, cousa moi natural, no Estado á que pertenesce a nosa patria. Termamos de que a laboura fose presidida pol-a meirande ouxectividade e coidamos que o noso tencionamento foi abranguido. Agora, xa nas vísporas do remate das xornadas de trafego á que a confección e o arranxamento de iste libro nos obrigou, queremos prescindire do ouxetivismo que, en maior ou menor grado, pode caracterizare aos capíduos denantecedentes, pra enfocare brevemente, lixeiramente, o asunto autonómico con relación â Galiza. E non podería sere de outro xeito. Deixaría de movérenos o tencionamento que nos impulsou á collel-a pruma -a aportación do noso esforzo, do noso modesto grau de area â tarefa salvadora de recadare a autonomía pr'â Galiza- sinon procedéramos como imos á procedere n-istas liñas derradeiras. Con elas tencionamos choere axeitadamente o libro que ten de constituire a nosa ofrenda capidal â iniciación da liberdade galega, que ísto e soio ísto terá de sere o réximen autonómico que agora se nos otorgue.
     A eisistenza da persoalidade galega con características inconfundibeis, con difrenzacións relevantes, con manifestacións propias en todol-os aspectos vitaes, e tanto de xeito material como esprituaes, é algo que coidamos que ninguén se arriscará á negare. A Galiza, pois, constituindo un país con persoalidade prena, que o esforzo do centralismo asimilista non logrou endexamáis borrare, formando o que asegún o moderno concepto da xeografía constituie unha "rexión natural", e tendo, pol-o mesmo, unha alma propia da qu'é eispoñente xúrdio ista língua groriosa que agora anda á renascere con úns folgos realmenre abraiantes, por forza, como derivación natural de todo ísto, ten que tere úns probremas propios de toda crás, e unhas necesidades e unhas custións peculiares cuia solución endexamáis poderá atopárese tratando de faguela côs mesmos procedimentos e seguindo idéntico sistema que o que se utilice para dare solución aos probremas de outras terras nas que tamén eisista o feito vivo da persoalidade orixinal.
     Non é de agora e por imitanza de Cataluña ou por andacio propio do tempo, cando na Galiza
-como moitos iñorantes, desleigados ou comenenzudos aseguran- se manifesta craro, sen que deixe lugar á dúbidas, un sentimento descentralizador, un sentimento autonomista. A propensión galega, a incrinación natural dos galegos ao conquerimento das liberdades, máisimas ou mínimas, que son percisas pra que a Galiza poida adiquirire o preno desenvolvimento natural, sen que o desenrolo das suas modalidades peculiares se ache coutado por entorpecimentos fillos de unha trabucada estructuración política do Estado hespañol, se manifesta con toda craridade á través do tempo. E si non, para corroboración do que afirmamos, abonda con lembrare que no ano 46 ocurre na terra galega a importante revoluzón, da que Solís é o brazo e Faraldo a testa, que ao perseguire propósitos liberaes e de oposición âs tendenzas ausolutistas que no centro andaban á se impôr, persigue asemade a descentralización, e coá descentralización o fin primordial de que a Galiza poida voltar á sere a dirixente dos seus destiños. E non estará de máis lembrare que a revoluzón devandita, e como proba concruinte do sentimento que a inspiraba, tivo o seu denantecedente obrigado en certa asambreia lucense de gran importanza na que a sorte da Galiza foi ampremente discutida, e na que por escaso número de sufraxios deixou de trunfare unha radical proposición, por Antolín Faraldo defendida con toda a quentura que se acobilIaba no seu corazón de patriota aceso, na que se propugnaba a prena independización galega.
     Máis adiante ¿quén non sabe que foi Brañas, AIfredo Brañas, o distinto e inesquecente mestre da Universidade compostelán, o pirmeiro qu'escomezou á faIare de rexionaIismo na Hespaña, como eisí o recoñecen tantos cataIáns, predicando ista doctrina e levando as suas prédicas â groriosa irmá Cataluña?
     E aqueIas duas asambreias memorábeis -unha en Lugo e outra na Cruña- nas que se redactou poI-os federaes galegos -homes todos de outa solvenza moral e intelectuaI- un proiecto de constituzón do Estado gaIego que aínda hoxe, pese ao avante dos tempos, se amostra merescedor dos meirandes respetos?
     Por outra parte, aquel xurdio movimento d'eclosión cibdadán, descentralizador e anticaciquil, xurdido en Cataluña, que se chamou Solidaridade catalana, e que tan axiña se malogrou, na Galiza tivo o seu refrexo axeitado merced â circunstanza da eisistenza permanente de un sentimento, cando non concreto pol-o menos esvaído, de autonomía, descentralización e liberdade.
     E todos saben como á partire do ano 1916, dimpois da feliz creación das "lrmandades da Fala", gracias â feliz iniciativa ceibada por Antón Villar Ponte n-un libriño histórico seu que se tidúa "Nuestra afirmación regional", a corrente descentralizadora, autonomista, deixa de sere, como viñera sendo, un regato, pra se trocare en río que, paseniño, medra cada vegada máis até o punto de se non poder tasmeare á onde chegará a magnitude do seu caudal. E hoxe xa non é somentes aquelo do autonomismo, da descentralización máis ou menos acentuada, o que se degoira. Hoxe se quere máis, moito máis. A Galiza se afirma rexamente. A conscenza da sua persoalidade adiquire afincamento na masa. E a Galiza que pensa, a Galiza que traballa, a Galiza que promete, na que destaca de xeito principal isa xuventude que na Universidade compostelá se vai formando como unha promesa consoladora que axiña terá de sere realidade, pode decírese qu'é partidaria acesa da autonomía galega máis ou menos radical, podendo anotárese a única eiscepción dos iñorantes, dos vivos que tan ben se veñen aproveitando da orgaización actual do Estado, e de catro rutinarios que son unitaristas por cobardía inxénita.
     Coás aseveiracións que denanteceden fica ben probado, ao noso xuizo, que a eisistenza do sentimento autonomista na Galiza non é nen unha improvisación nen unha falsedade, nen é tampouco, como algunhos emboscadas da autonomía manifestan, pura imitanza, afán copiador do que n-outras terras pasa. O sentimento autonomista é algo afincado na terra galega. É algo que latexa no esprito de todol-os galegos e que si na maoría se non manifesta aínda con todo o empuxe que debera é, somentes, porque aínda se non fixo aquela laboura axeitada e indispensábel de propaganda i-espallamento que tan necesaria se fai. Con ela non ficará un soio galego ao que se lle non teña feito decatar da necesidade que a Galiza ten da sua libeiración, non soio pra o seu milloramento material sinón tamén pra poder cumprire o seu outo destiño como pobo.
     Os autonomistas galegos sabemos que inda que as leises qu'en Madride, n-un Palramento central, se poidan arranxaren, esteñan feitas cô millor tencionamento e có meirande acerto, emporiso taes leises, nas mais das ocasións, serán ineficaces na nosa terra dadas as suas características especiaes e a sua economía peculiar filla d'isas características. Non se nos oculta aos autonomistas galegos que con bos ou malos gobernos centrás, sen trocare a orgaización centralista e unitaria do Estado hespañol, a Galiza non podería endexamais abranguere un intenso desenrolo das suas propias e naturaes fontes de riqueza, si previamente non tivese conquerido aquelo que soio coá autonomía, cô goberno propio se pode conquerire. Referímonos â ourentación técnica especializada dos factores que teñen d'ela bourare e transformare os productos de riqueza autóctonos, e cuia ourentación, si pra maior eficacia ten de abarcalo todo, soio se poderá realizare cando o país se ache facultado pra orgaizare, sostêre e creare todo aquelo que sexa da sua eiscrusiva competenza.
     N-istas condicións, tendo a Galiza un gobemo de seu, un goberno cuia minsion será a de dirixire a vida galega somentes, faguendo qu'ela se adentre cada vegada máis por vieiros de adianto e prosperidade, a pouco que tal goberno faiga sempre terá de faguere máis, moito máis, poI-os intreses e as comenenzas da Galiza -adicado, como estará, eiscrusivamente a ela- que aqueles gobernos do centro que deica agora padecimos. Pois sabido é qu'en taes gobernos, por moi boa vountade que houbera n-algún, ou en todos, dos seus compoñentes pra nós, sempre lles foi imposíbel adicarnos toda a atención e os coidados necesarios, posto que unha e outros se achaban embargados e recramados poI-os miIleiros de probremas que a todas horas se pranteian n-un Estado cuio control -como sucede no hespañoI actual- abarca dende as máis ergueitas e delicadas manifestacións do vivire púbrico de un pobo até as máis cativeiras incidenzas e aduanadas dos miudos licalismos tan incivíes e abundosos.
     Aos que falan das dificultades que a Galiza pode atopare para o desenvolvimento normal da sua vida cando se ll'entregue o goberno propio, a adiministración dos seus privativos intreses, e que fincan os seus temores na falla de capacidade económica que asegún eles ten, doado resulta lles dare a resposta axeitada. En primeiro termo ¿non é cousa xa sabida de todos, porque de xeitos diversos se leva repetido, que a Galiza resulta a rexión da Hespaña cuia tributación ao Estado, por cárregas difrentes é maior? Lémbrese a iste respecto a difrenza de tributación eisistente antre as opulentas e industriosas provincias que forman a Vasconia e a de unha soia das nosas provincias, a da Cruña, por exemplo. Eisí se ollará como aquelas opulentas e industriosas provincias pagan infinitamente menos por calquer concepto -e iso que son toda unha rexión, que a nosa provincia citada.
     ¿Non sabemos todos que a Galiza, pese a sua atribuída penuria económica, a sua pobreza tan esgrimida poI-os galegos que soio o son de partida de bautismo, é a única rexión en Hespaña que vive sen ningunha crás de protección arancelaria? ¿Quén iñora que a Galiza sofre os perxuicios intasmeábeis que lle acarrea a escandalosa protección dispensada âs outras rexións, e qu'é víctima, pol-o mesmo, de un trato desigual que perxudica notabelmentes a sua economía, magoada decote pol-os arancés hespañoles, e servindo de contra pr'axudar a sostêr a economía das outras rexións?
     Para ninguén é un segredo que entramentras na Hespaña se protexen os panos e tecidos cataláns, os ferros e demáis derivados de Vasconia, as froitas e conservas rioxanas e aragonesas, os aceites e viños andaluces, etc., etc., a Galiza vive entregada âs suas propias forzas, sen protección oficial de ningún xénero. I-eisí vive entregada âs suas propias forzas, sufrindo toda crás de competenzas, incruso as oficiaes -lémbrese a entrada de carnes conxeadas da Arxentina, por non citare máis- e sendo, poI-o tanto, ouxeto de un trato alritante de desigualdade e de inxustiza por parte do Estado. Mais, pese a todo, poI-o seu eiscrusivo esforzo, sen axuda de ninguén, a Galiza ten a suficente potencialidade pra mantere industrias que, como a conserveira, a viñícola e outras se abren paso nos mercados e consiguen seren olladas con respeto e atención por todo o mundo. Loitando contra todo, a gandeiría galega se mantén ergueita e constituindo un renglón destacadísimo na economía xêral do Estado, renglón que o día que sexa atendido cal compre, cousa que soio podrá sucedere cando a Galiza teña o goberno de seu, se trocará, coás industrias a que ten de dare marxen, no capíduo máis importante da riqueza non soio galega sinón da Hespaña.
     Cô réxime centralista, que deica agora foi a rémora, ou oustáculo para que a Galiza marchase por vieiros de adianto e de progreso cal corresponde â sua natureza, a nosa terra ven sendo obrigada a pagare ao Estado por todol-os conceptos, máis, moito máis, do que iste invirte n-ela. E como para proba un botón abonda, eis iste anaco de unha confrenza lumiosísima, documentada e ateigada de intrés, como todal-as suas, de ise galego abraiante i-exemprar que se chama Xavier Bóveda: "Galiza pagou ao Estado no ano de 1931 a suma de cento trinta e catro millóns de pesetas e recibeu d'el, por toda cras de pagos, a cantidade de cento vinte e seis millóns 300.000. Eisiste, pois, un saldo ao noso favor de 8.600.000 pesetas. Pro de ises pagos, efectuados na nosa rexión pol-o Estado, máis de corenta millóns se adican á Guerra e Mariña, que son unha cárrega xêral da Nazón e nunca un servizo rexional privativo. N-un réximen de compreto arredamento fiscal, respetando todol-os dereitos, ficando o Estado espréndidamente dotado e aínda adimitindo a compricada e costosa adiministración de tipo centralizado actual, a Galiza, asegún os tasmeamentos feitos encol do presuposto de 1931, tería ao seu favore perto de dous millóns de pesetas, que irían medrando cando se fosen eistinguindo os orgaísmos intermeios e innecesarios".
     Coidamos que os comentarios á istes anacos de Bóveda non son necesarios; pro, emporiso, pensamos que non está de máis faguer decatare ao lector de que na cifra de gastos que o Estado realiza na Galiza figuran unhos corenta millóns de Guerra e Mariña, e poderan seren gastos indispensábeis do Estado, pro que nunca deben se atribuiren á rexións, xa que a rexión pra ren os percisa.
     Instituído o réximen autonómico i-estabrescido, por virtude do mesmo, un concerto económico cô Estado pol-o que a nosa terra pagase á íste o que íste invirte n-ela por sostimento de servizos que ficasen á cárrego do Poder central, resultaría que a difrenza que agora o Estado nos leva sen que pra ren nos aproveite podería, ou ben disminuírese, sinón todo pol-o menos parte, nas cárregas tributarias de rexión autónoma, ou ben podería destiñarse tal difrenza á sere gastada na rexión n-aquelas obras que se coidasen, máis necesarias, taes como escolas, vías de comunicación, granxas agrícolas, estacións biolóxicas, fomento de industrias gandeiras, centros de ourentación técnica, etc., etc.
     Co-á autonomía non é certo que, como os enemigos dín, a nosa terra veña á tere aumentados en forma considerábel os gastos que impón o sostimento da burocracia indispensábel. Porque, si se non pode negare que o Poder rexional, o Poder autónomo ten que contare co persoal axeitado prâ realización de todol-os servizos que sexan da sua competenza, tampouco se pode negare que a maor parte do gasto que iso supón, sinón todo, será compensado ou será equivalente ao que hoxe supoñen as prantillas d'empregados de toda crás que teñen ao servizo as catro diputazóns provinciaes, e que, como é sabido, desaparescen por inúteis e fallas do máis cativeiro fundamento.
     A autonomía na Galiza forzosamente terá de supôre unha modificación rexa da actual orgaización municipal. A introducción do concello parroquial -célula verdadeira, indiscutíbel de toda a vida colectiva galega- será unha das primeiras innovacións a se realizaren. E por elas terá de se chegare â supresión de numerosos municipios ruraes, fallos de todo afincamento lóxico, froito eiscrusivo do capricho, e que soio sirven para esmagaren co-ás cárregas que o Poder central lles impón sen tere pra ren en conta o seu carácter rural e os medindo poI-o mesmo raseiro que aos urbáns -oh abraiante estupidez niveladora do centralismo!- aos individuos que á eles pertenescen, equiparándoos eisí, e soio n-ísto, aos cibdadáns de toda crás de urbes, sexan ístas populosas ou non. Coá orgaización dos concellos parroquiaes, pois, moitas das cárregas que hoxe pesan encol dos nosos labregos, e que a actual orgaización dos municipios impón, terán de desaparesceren, i-eisí, de iste xeito, cada vegada se fará máis levadeira a vida da nosa sufrida poboación compesiña.
     Un dos tópicos máis adoitados que os galegos enemigos da autonomía empregan é o da falla de preparación e de capacidade en que dín se acha a nosa terra pra o disfroite e bon uso do réximen autonómico. Qué a Galiza non está preparada pr'â autonomía? Pro quere se nos decire en que afincan tal afirmación os que tan gratuitamente a sosteñen? En pirmeiro lugar, e dando por certo que a Galiza se non ache preparada pra o goberno de seu, ¿podería endexamáis chegare á estalo vivindo sometida ao réximen centralista que a abafa?
     Iníciese o estabrescimento de isas modestas e tan lindeiradas concesións autonómicas que as Cortes actuaes soio dimpois de forte regateio conceden, i-estonces se ollará craramentes, unha vegada iniciado o disfroite de taes concesións, si a Galiza é capaz de vivire o goberno de seu.
     PoI-o demáis, téñase moi en conta que a afirmación de que os galegos non estamos capacitados pra nos gobernare, equival á esquecer vountariamente a eisistenza de ises exemprares e ademirábeis centros galegos, verdadeiros Estados pequenos, qu'espallados por terras do Novo Mundo, á todas horas amostran a capacidade orgaizadora e adiministrativa dos nosos compatriotas. Equival, asemade, á descoñecere a participación enorme que na política do Estado hespañol i-en todal-as esfeiras, pra ben ou pra mal da terra, que iso non intresa agora, tiveron os galegos de todal-as épocas, amostrando decote unhas aptitudes relevantes pra toda crás de labouras. E si ísto é eisí, como todo o mundo sabe, non hai motivo algún pra dubidare de que os nosos compatriotas, aptos pr'â política xêral, o serán con maior motivo pr'â rexional, nunca tan enguedellada e pouco doada como aquela. Equival, igualmente, á non tere a máis pequena nova da perfecta orgaización qu'eisiste en numerosas sociedades obreiras, agrarias, industriaes e de todo orde que na Galiza eisisten e que por gaIegos son rexidas e adeministradas. ¿Cando os gaIegos, exercendo cárregos, xa na propia terra, xa fora d'ela amostraron seren inferiores, teren menos capacitación para o desempeño de aqueles, que os nados fora da Galiza, nas outras terras que compoñen o Estado hespañol?
     A capacitación galega para o goberno dos seus propios intreses soio poderá aprezarse cando a autonomía sexa un feito. De aquela, a Galiza posta de fronte a sí mesma, faguendo converxere as suas olIadas nos propios probremas, sentirá a ineIudíbel necesidade d'estudalos e de afrontalos, pôndo na tarefa todo o maior tento e a meirande precaución. A nosa terra estonces, e soio estonces, se ollará obrigada á pôre á contribución a sua capacidade prena. E os probremas fitados acarón de nós, sen veaduras qu'estorben a ollada, abranguerán as solucións axeitadas. E os encarregados de resolvelos, esporados pol-a necesidade, terán que recurriren ao emprego de aqueles procedimentos e de aquelas normas fillos de unha dinámica nova cuio xurdimento agora non era posíbel, e que os novos tempos, consecoenza da vida autónoma, irremisibelmentes impôrán.
     A Galiza, si é que ten de chegar á sere algún día o que poI-as suas condizóns naturaes debe sere, percisa de un xeito ineludíbel a autonomía, inda que ísta sexa de momento tan pouca cousa como é aínda a máisima que o Estado actual concede. Sen ela, a Galiza seguirá vivindo de costas á sí mesma, camiñando por vieiros que non levan á ningures e se fitando obrigada a seguires sendo colonia, cando poI-as suas condizóns naturaes, poI-os dones que á eito a natureza emborcóu n-ela, se acha axeitada como poucas terras de Hespaña, ou millor que ningunha, para sere a suprema siñora de sí mesma.
     Seguindo como deica ahora, a nosa terra soio pode ire malvivindo, guindando unha eisitenza pobre, sagreficada para cumprire co-ás eisixenzas tributarias que do Centro chegan a cada momento, falla da liberdade de movimentos e sen posibilidade, amarrada como está de pés e máns poI-os arancés proteccionistas hespañoes, de dare un desenvolvimento europeio á aquelas industrias máis peculiares qu'en países da Europa de medio xeográfico semellante, inda que dende logo inferior ao galego -atal Dinamarca, Holanda, etc.- constituien un capíduo moi importante de riqueza e prosperidade.
     A Galiza, digan o que queiran aqueles galegos imbéciles e parvos que poñen os ollos en branco cando falan do edificio, da estrada, do peirao, de unha obra calquera que ísta ou a outra vila galega deben á un político dos moitos qu'eiquí, gracias ao localismo pernicioso, tiraron tallada de proveito, non debe ren ao réximen centralista. Pol-a contra, íste, o devandito réximen, nos asoballou, nos esqueceu decote, non tivo pra nós máis qué aldraxes e pretericións, cando non sanguiñentos abafamentos. I-eisí pode hoxe abesullarse como aínda os nosos probremas capidaes, dimpóis de tantos anos de réximen unitario, siguen en pé, agardando unha solución axeitada que nunca chega.
     Ao réximen centralista débelle a Galiza sere a terra da Hespaña que menos liñas férreas conta e sere tamén a que menos dispón de todal-as de outro orde. Débelle o sere a terra da Hespaña que supera á todas nas cantidades con que contribuie ao sostimento do Estado, sen consignacións pr'as difrentes atencións. Débelle, asemade, a Galiza ao centralismo, sere de todol-os pobos que forman o Estado hespañol aquel cuios productos, cuias industrias típicas non gozan da máis cativeira protección eiquí, percisamente, onde non hai un soio pobo dos diversos que forman o mosaico que se chama a Hespaña, que non teña, de un xeito ou de outro, defendidol-os seus productos e as suas industrias poI-o arancel protector, que pra todos é nai eiscepto pra nós. A Galiza, pobo agropecuario e pesqueiro, como ningún outro do Estado, se acha falla n-ausoluto, porque o centralismo eisí o quer i d'escolas de ourentación agrícola e pesqueiras -a perda da tan necesaria de Veterinaria aínda é ben recente- co que ven a resultare que a ourentación da inmensa maoría da sua poboación, que da terra e do mar ten que vivire, se acha obrigada á faguérese rutinariamente, sen axuda nen guía de ninguén, do que se deita un grave daño pra os intreses galegos en xêral. Cô centralismo a Galiza ven obrigada á se despersoalizare, á esmorecere máis e máis o seu carácter, a sua persoalidade orixinal en perxuizo, craro está, da propia cultura, da cultura universal, e soio con benfizo para o centro, qu'eisí sabe que a sumisión galega, a incondizonalidade da Galiza, o seu sometimento resiñado será cada vegada máis perfecta.
     A obra do réximen centralista na Galiza non necesita, pois, de grandes alegatos, para se pôre de manifesto. Sen engadire ren máis ao que vai dito, ben se olla o pernicioso qu'en todo foi pr'â nosa terra. O seu fracaso, por conseguinte, non pode sere máis craro e rotundo. Pol-o tanto, o degoiro da autonomía, inda que non tivese como afincamento os alegatos deitados ao longo de istas páxinas, sempre se acharía afincado no natural degoiro de coñecere si cô troque de sistema se conqueriría ao fin, o arelado milloramento que, como ben sabido temos xa por dôrosa eisperenza, se non abranguerá endexamáis entramentras que o Estado non modifique de un xeito radical a sua estructura antilóxica, antinatural e fonte abundosa de fracasos innumerábeis.
     Sen se remontare á tempos recuados, é de agora, de uns meses pra eiquí cando poden se citaren varios botóns de mostra do ben probado intrés con que o centralismo nos trata. Á iste respecto lémbrese o estatuto do viño, a introducción de madeiras rusas e de carnes arxentinas, o contrabando do gado, o esquecimento preno do Ferrol -o millor arsenal da Hespaña- cando se autorizaban construccións navaes en Valencia i-en Bilbao, a paralización das obras do ferrocarril Zamora-Cruña e de outras obras púbricas, eisí como a pouca atención que se lle empresta ao ferrocarril Ferrol-Xixón cando está á se rematare, e tantas outras custións máis. E todo como si os nosos obreiros, os obreiros parados que na Galiza hai, non tivesen o mesmo dereito que os de outras rexións á que o Estado olle por eles, emprendendo obras que alivien a sua situación. E aínda puideran se citaren outros moitos casos que, como o da lei agraria, nos din ben craramente o que do centralismo -o mesmo agora coá repúbrica que denantes coá monarquía -podemos agardare os galegos.
     Vaiamos, pois, en feixe apertado, ao conquerimento da autonomía da Galiza, todol-os que de veras degoiramos a manumisión patria; todol-os que decote vivimos esporados pol-as nobres arelas da liberdade e a redenzón da terra. Encetémol-a nosa tarefa, ergueita e digna como ningunha, sen nos preocupare de que os cans ladren. Os autonomistas somol-os bos, somol-os millores, e á pouco que faigamos, a Galiza enteira, ista Galiza da que tanto levan abusadol-os logreiros de toda traza, virá acarón de nós, disposta á conquerire, sexa como sexa, a degoirada e indispensábel autonomía. Ista autonomía da que, faguendo nosas as verbas de un esgrevio i-exemprar escritor galego, patriota como poucos, se pode afirmare "qu'é o vieiro de universalidade pra que a nosa terra poida chegar á sere un dos pobos máis felices da Europa, causa que de ningún xeito podería sucedere cô réximen centralista, poI-o que resultou e resultará decote atrasada, descoñecida desdeñada i-esprotada inicuamente".
     PoI-o derradeiro ¿non estábamos cansos de ouvire á todas horas, nos días en que o Estatuto catalán era posto a discusión nas Cortes constituintes da actual repúbrica hespañola, aos enemigos do autonomismo, que a concesión da carta autonómica á Cataluña supôría pra ela un réximen de privilexio, unha eiscepción ventaxosa e non xustificada, unha posición favorábel encol das demáis terras hispánicas? Pois ben, si autonomía quer decire, asegún os voceiros do statu quo centralista, eiscepción, privilexio, trato de favor, ísto xustifica, e aínda máis que xustificare, ísto obriga á que todol-os bos galegos, prescindindo de ideoloxías e de difrenzas de matiz e aínda persoaes, nos xuntemos n-un feixe apertado pra conseguire que poI-o nosa esforzo e pol-a nosa laboura a terra galega conquira o estabrescimento da autonomía, xa que, conquerida, virá a disfroitare da situación de privilexio e trato eiscepcional por parte do Estado que, asegún os centralistas, a autonomía é.
     E aínda se pode engadire que na campaña e nos traballos á prol do réximen autonómico non pode faltare a axuda de aqueles galegos que combatiron e fitaron con malos ollos a concesión do estatuto autonómico á Cataluña, xa que, si eles son consecoentes coás suas manifestacións, e tendo en conta que a autonomía catalana é xa un feito, o seu amor â terra en que foron nados lles fará labourare sen acougo para qu'ela abranga tamén o réximen, de privilexio i-eiscepción asegún eles, que Cataluña conquireu pol-a crara e acertada comprensión do goberno repubricán.
     Amostremos, n-ista hora solemne que anda á pasare, con un procedere e un actuare axeitados, que a nosa compenetración coá terra, que o noso intrés por ela e o noso patriotismo non son verbas simpremente. Si eisí o faguemos, os días do noso encadeamento secular serán xa contados e moi axiña viviremos as xornadas groriosas que teñen de levarnos â libeiración prena e â redenzón total.

          Viveiro (Lugo), 26 de Nadal 1932.

LAUS DEO



     (1) Téñase en conta o que por nazón enxerguía o escrarecido autor da "Historia de España en el siglo XIX".

     (2) Nos referimos, craro é, como xa o lector se terá decatado, á aqueles Estados unitarios formados por pobos diversos índa que teñan gran semellanza. Nunca, poI-o tanto, á aqueles pra nós o tipo perfecto da orgaización política, en que os conceptos Estado e Nazón coinciden en todal-as suas partes.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega