Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 8

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario008.html

Votos de calidade a prol da autonomía


     É certo que a descentralización dos Estados, que a sua orgaización en unidades autónomas acopladas, cando eles choen dentro de si rexións ou nazonalidades diversas, tivo decote fervorosos enemigos, partidarios, poI-o mesmo, da unificación rigurosa, do emborcamento preno das variedades
n-unha uniformidade total. Pro non é menos certo que o seu número e a sua calidade non chegan, nen con moito, ao dos propugnadores do criterio descentralizador, ao dos que defenden o sostimento necesario das variedades naturaes dentro da unidade ample e armónica do orgaísmo estatal, qu'eisí se fai fleisíbel e axeitado pr'â realización dos fins ergueitos que ll'están asiñalados.
     Escolmados ao azar, chegados casualmente á nós moitos d'eles e atopados outros nas diversas lecturas á que o engado do tema nos impulsara con frecoenza, éis as manifestacións elocoentes, suasorias e merescedoras de todo respeto -tal é a autoridade dos nomes que as avalan- que ao noso xuizo confirman a doctrina sustentada nas liñas denanteriores, e cuias manifestacións son o peche millor e máis axeitado que á taes liñas se puidera buscare.
     O ilustre autor da coñecida e sonada obra que se tidúa "O esprito das leis" , Montesquieu dí o que sigue con referenza aos Estados compostos: "Si unha repúbrica é pequena, doadamente será destruída por unha forza eistranxeira; si é grande, se destruie por vicio interior. Iste dobre incomenente abrangue por igual âs democracias e âs aristocracias, o mesmo si son boas que si son malas. O mal está na cousa mesma; non hai forma de remedialo.
     "Eisí, pois, é moi probabel que os homes se olIarían obrigados á viviren decote baixo o goberno de un soio, sinón tivesen argaIlado unha forma de Constituzón que ten todal-as ventaxas interiores do goberno repubricán e a forza eisterior da monarquía. Refírome â repúbrica federativa.
     "Ista forma de gobemo é un convenio por medio do cal varios corpos políticos consisten en se fagueren cibdadáns de un Estado meirande, formado espontáneamente por eles. É unha sociedade de sociedades qu'estabrescen unha nova, a cal pode aumentarse con novos asociados até tanto que o seu poder abonde pr'â seguridade dos que se teñen xuntado...
     "lsta especie de repúbrica, capaz de resistire â forza eisterior, pode conservárese na sua grandeza sen que o seu interior se corrompa. A forma de ista sociedade prevé todol-os incomenentes...
     "A Confederación pode se disolvere, ficando soberáns os confederados. Composta de pequenas repúbricas, disfroita da bondade do goberno interior de cada unha d'elas, i-en relación ao eisterior, pol-a forza da asociación, dispón de todal-as ventaxas das grandes monarquías".
     Tocqueville manifesta tamén a eiscelenza do Estado composto, do Estado artigolado por entidades vivas e autónomas con istas verbas que concretamente se retiren á Norteamérica: "Ninguén dirá até que punto sirve a división da soberanía pra o benestar de cada un dos Estados que forman a Unión. N-isas pequenas sociedades, que non teñen que se preocuparen da necesidade de defendérense nen poden sentil-o afán de aumental-o seu territorio á conta do veciño, toda a potenza social e toda a enerxía individual se concentra nas milloras interiores. O goberno de cada Estado, situado xunto aos mesmos gobernados, coñece constantemente e adivirte no acto as suas necesidades conforme andan á se manisfestaren. Eisí é que cada ano se persentan novos proiectos que, discutidos nas asambreias comunaes ou na lexislatura do Estado, e reproducidos logo pol-a prensa, esproran o intrés universal e o ciume dos ciudadáns. Iste afán de milloras abala sen cesare âs repúbricas americáns, sen perturbalas; a cobiza de poder cede n-elas ao afan de benestar, paixón máis vulgar, pro menos perigosa".
     Na obra "O principio federativo", Proudhón, un dos máis destacados propugnadores do Estado vertebrado i-estructurado asegún as variedades que dentro d'él teñan de viviren, manifesta e demostra cumpridamente como o réximen centralizador é incompatíbel coá liberdade e como ísta s'esmorece ao paso que a unificación avanta.
     Vandervelde, leader socialista belga, resume a sua opinión referente á que a liberdade dos pobos se respete decote e sen menoscabo algún, xa dentro do Estado á que pertenezan, xa no concerto d'Estados que se poida formare coás verbas que siguen: "O internazonalismo no futuro non poderá negare nen desprezare o valor do patriotismo nazonal e da lealdade á un país; unha orgaización social internazonal consistente, haberá de tere como forma instituzóns nazonaes, autonomía nazonal".
     De unha craridade meridiana son as páxinas nunca murchas de D. Francisco Pí Margall. N-elas se amostra, de un xeito que non pode rebatírese, as eiscelenzas do Estado composto e as ventaxas capidaes que se tiran do federalismo, qu'en remate de contas non é sinón o que nós andamos á defendere. I-eisí dí o ilustre Pí n-un traballo tiduado "Hespaña e Portugal" no que concreta as arelas que ao seu xuizo debían esporaren aos repubricáns hespañoes do seu tempo: "Aspiramos, como ninguén iñora, á que a Hespaña esteña dividida en rexións que, pra todo o que á sua vida interior se refira, se gobernen por sí mesmas e teñan a sua Constituzón, o seu goberno, as suas Cortes, os seus tribuaes, as suas leises, a sua milicia, a sua adiministración, a sua facenda, e pra todo o que â sua vida de relación corresponda, vivan suxetas á un Poder central qu'eisí no político como no económico rixa os seus comúns intreses".
     O mesmo autor de "As nazonalidades", no libro "A reacción e a revoluzón", manifesta o seu criterio francamente oposto ao unitarismo con verbas tan reveladoras como ístas: "Continuade empeñándovos en suxetalas todas -as provincias- á un soio tipo e deixades en pe outro motivo de discordia. Aumentades o antagonismo, querendo destruilo. Comprimides o voo do inxenio nazonal, cuias manifestacións son tanto máis proveitosas canto máis diversas. Erguedes unhas provincias encol da ruiña das outras; findades por destruilas, ou ao menos por debilitalas á todas".
     E verdadeiramente ademirábeis son as liñas con que Pí Margall se dirixe á todal-as rexións hespañolas pouco tempo denantes da sua morte. Elas son de unha elocoenza abraiante e din eisí: "Teredes a vosa Constituzón, as vosas Cortes e os vosos Gobernos; vos daredes as leises e os trabucos que millor se aveñan aos vosos intreses e aos vosos costumes; falaredes no voso idioma e n-él falarán os vosos maxistrados; non teredes de sortire endexamáis da rexión pra que vos adiministren a xustiza. Nada d'eispedentes, nada de autorizacións do Poder central; seredes árbitros no insiño dos vosos fillos e poderedes pol-a vosa propia autoridade construire as obras púbricas qu'eisixa o maior e máis rápido desenrolo da vosa agricultura e das vosas artes. O Estado nazonal non poderá endexamáis asoballarvos; de acordo con vosco decidirá a paz e a guerra; protexerávos baixo a sua bandeira ondequeira que levedes os pasos; restabresceravos o orde si non podedes restabrescelo vós de por parte, e a liberdade sí tiráns se aviscan á tripala. Vós, rexións, determiñaredes as faculdades do Estado Central: faculdade qu'eispresamente lle non otorguedes ficará vosa".
     D. Nicolás Salmerón, o repúbrico escrarecido, levando en 1907, nas Cortes hespañolas, a dirección, e côa dirección a voz de aquel formídabel movimento cibdadán, xurdido na groriosa terra de Catalunya, que se chamou a "Solidaridad Catalana", e do que houbo na Galiza un pequeño pro inesquecente ecoar que aínda hoxe lembran con simpatía todol-os galegos dignos, decía: "A tradición non-os legou ren vivo en canto a corpos da nazón mais que a eisistenza das rexións, e a eisistenza das rexións n-aquela difrenza patente, ostensíbel que no estado actual aparce, que no proceso da Historia s'evidenciou, porque, ¿quén de vós hai que non sinta, cando toma lección de cousas, como escomenza a decirse na Alemania e xa s'espallou poI-o orbe enteiro, no estudo da patria hespañola, quén de vós hai que non sinta, visitando as nosas diversas bisbarras, que istas creacións ficticias, serodias con respecto para todos, e a verdade o pon nos meus beizos, minguadas, da actual división das provincias hespañolas, non alentan en sí ren de vivo, ren de fecundo; que cando a Hespaña se atopaba en momentos de crisis foi alí onde se achaba viva a rexión onde se produxeron as propias iniciativas, as propias enerxías hespañolas?
     "A nosa guerra da Independenza, o movimento do ano 1820, o da Xunta Central de 1840, o movimento do ano 1868 qué outra cousa son, cando se determiñou un movimento convulsivo na eisistenza da Hespaña, que a afirmación vigorosa, san e fecunda da eisistenza das rexións na apenas soñada e cantada por poetas, mais non vivida i-encarnada na realidade, eisistenza de unha nazonalidade que foi atrofiada cando escomenzou a se formare? ¡Tan dura como queirades, tan aceda como se sinte, pero ista é a verdadeira!
     "E si â contempración real nos acaroamos, eu vos invito a que seriamente o pensedes conmigo e notaredes que xénero de diverxencia hai no que puidéramos escomenzare por chamar a tonicidade da vida, as peculiares condicións da eispansión das enerxías sociaes, a determiñación das suas condicións efectivas, aparte aquelas benfeitoras e fecundas que o proceso da terra marcara con signo mudo no noso chan.
     "Eisiste de unhas a outras comarcas na Hespaña ben determiñada, ben trazada, a eisistenza de unha vigorosa persoalidade en Cataluña, un pouco mais esvaída en Valencia e Aragón; determiñada na Galiza i-en Asturias, resto do proceso da antiga civilización de raza; nen engadida nen fundida no progreso da civilización posterior, nas provincias vasco-navarras; n-istas chaúras casteláns, asento antigo do periodo terciario, con unha falla de tonicidade, d'eisistenza vigorosa, intensa i-enérxica que fai que ali non tome particular releve a aspiración determiñada dos habitantes porque nen xiquer a ten o chan da terra; un pouco na Andalucía e Extremadura. E diante de istas condicións, ¿cal é a obra do estadista? ¿Arripiarse do movimento san, vigoroso, enérxico, benfeitor, santo, de unha rexión que sinta vivamente a sua persoalidade, ou tomare iso como signo malfadado de próiximo desastre nazonal? ¿É que poden pensar os estadistas que se restauren as enerxías nazonaes coa invocación da patria hespañola que se identifica cô Estado, que se identifica coá monarquía que se identifica cô cacique ¿Iso non merece máis que a indifrenza e o encollimento dos flos en quen sinta intensamente a vida nazonal, a enérxica protesta de que con aquelo non hai posíbel redenzón.
     "As nazóns se forman, as nazóns se deforman, e as nazóns poden desapareceren, e no proceso da historia chega un punto no cal as nazóns que constituien un oustáculo pra o progreso humán deben desapareceren; i-en definitiva, no proceso da humanidade bén desaparescidas estarían. Hai que tere o valor de pensal-o eisí, i-eu enxergo que quen eisí o pense é o único capaz d'evitalo si iste perigo ameazase, porque en definiva non sei que ningunha ouración teña chegado a faguere no mundo cousa eficaz mais que aquela que arranxa e dispón a vontade coa inspiración superior â obra e â eficacia propia; e como enxergo que na hora presente o eficaz é o cauterio e non a loubanza, e como non acho certamentes ren que loubare nen gabare na historia da miña patria, eu apercíbome humilde e modestamente a reparare as suas posibeis enerxías, a restaurare as suas forzas pra emprendere unha vida totalmente diversa da pasada, porque poI-o pasado iremos deica o abismo, a entrare na órbita da protección das grandes nazóns europeias, e soio pol-a propia eficacia do noso esforzo, da nosa acción, poderemos mantere o que repersentamos hoxe e arranxare o seu acrecentamento pra mañán.
     "Non iríamos, pois, por bon vieiro pretendendo nós, en calquer forma que fose, aínda aquela da ironía e do sarcasmo, que non sei si é lícita en cousas de tamaña trascendenza como as que nos ocupan, decire qu'é van ou necia pretensión a que poden tere os catalanistas de coidarse como nazón. Si no proceso da Historia as nazóns se fundan, as nazóns se forman, as nazóns se deforman, entramentas eisista unha propia unidade persoal propiamente irreductibel na comenenza social, alí está o xermolo de unha vida nazonal, que si non sabedes incorporare en mais ample curso e dirixire por máis ample canle, berrará pol-a sua eisistenza persoal e perturbará a vida do conxunto ao cal se lle reteña xunguida. A historia é isa; contra a historia non valen argumentos; pode a historia endereitarse, pro ¿sabedes cómo s'endreita? Non soio con mais outas ideias; con superiores obras".
     D. Emilio Castelar, o verbo xúrdio i-ergueito, verbo esgrevio da democracia hispánica non podía se sentire indefrente diante do feito da estructura natural da Penínsua. Decatado da realidade, él propugnaba como ausolutamente necesaria, para que o Estado hespañol se axustase âs que a natureza quere, aquela forma de orgaización estatal que non anula sinón que, pol-a contra, manten vivas todal-as variedades que dentro de un Estado poden eisistiren. I-eisí, n-un sonado discurso ateigado d'elocoenza e bon decire, como todol-os seus, qu'él pronunciara nas Cortes Constituintes do 73 manifestaba: "A Repúbrica federal é aquela
forma de goberno, mediante a cal todal-as autonomías eisisten, e coeisisten como eisisten os astros no ceio, sen chocarse endexamais. Na Repúbrica federal, todo o individual pertenece ao individuo, todo o municipal pertenece eiscrusivamente ao Municipio, todo o rexional pertenece ao Estado, e todo o nazonal pertenece â Nazón. E continuaba engadindo o que a seguido vai: "Nós non podemos suprimire ningunha nazonalidade; nós non podemos tere un Sedán nen un Sadowa: que as democracias non poden seren cesaristas nen guerreiras. Pro nós podemos e debemos aspirare a máis: podemos e debemos aspirare coa federación, a que baixo o ceio deslumeante da Penínsua ibérica s'erga un pobo que teña unha soia bandeira. A isto non podemos aspirare pol-a forza, pol-a violenza, pol-o conquerimento, pol-a unidade da Repúbrica nen pol-a unidade da Monarquía; podemos aspirare a elo pol-a federacíón mediante a cal todol-os Estados serán úns en sí e todos serán úns no seo da Patria". E remataba decindo: "Óllese porqué eu quero a Repúbrica federal; e óllese porqué eu endexamais apoiarei nen defenderei unha Repúbrica unitaria".
     Xaquín Costa, o home eisceipcional cuio nome tantos desaprensivos teñen tomado máis de unha vegada como bandeira, faguéndoo ouxeto de crudel profanación e dando âs suas verbas, craras e rachadoras decote como coitelos afiados, unha interpretación que nen de lonxe lles compría, se manifesta con respecto ao nazonallismo, autonomismo ou como queira chamarse, do xeito seguinte: "Para min n-ise cramor de protesta que s'ergue das rexións menos sufridas contra os poderes centraes; n-ise movimento de despego, e ainda de hostilidade, das provincias contra "Madrid", que toma como berro de guerra ou como bandeira o rexionalismo, hai que distinguire unha parte lexítima, que a razón xustifica e abona, e outra que repersenta unha reacción e qu'en concepto de tal ten eispricación cumprida; e o modo de combatir ou de conxurare os perigos certos que dende él ameazan, sinón pra hoxe, pra mañán, ten que sere axeitado â natureza do mal, e, poI-o tanto dobre:
     "1º Donare satisfacción ao que a protesta ten de xusto, recoñecendo a persoalidade natural dos concellos e municipalidades (cibdades, vilas, lugares e fegresías), e a persoalidade natural ou histórica das rexións que aínda a conservan (Navarra, Vizcaia, Asturias, Cataluña, Aragón, etc.); supríndoa transitoriamente nas demáis pol-a artificial que recibiron da lei e qu'en máis ou menos se consolidou cô transcurso do tempo e o uso das divisións administrativas, militar, ecresiástica, universitaria, etc.; e deixando eisi âs rexións ou provincias como á municipalidades e concellos a liberdade de movimentos que á todo ser vivo corresponde, crebado o vencello servil de dependenza en que agora están respecto do centro, e sustituído por unha maina tutela. A mesma autonomía que se respeta no individuo para que poida rexire por propia lei a sua vida (lei do contrato, lei do testamento, liberdade de locomoción e Asociación, dereito de se donare á sí propio tribual, ou sexa de comprometere n-arbitros, etc.) non sendo o Código civil, por punto xêral, sinón dereito supretorio, deben tela as entidades locaes, non promulgándose a lei Municipal sinón con carácter eiscrusivamente subsidiario; e outro tanto digo das rexións; sen perxuizo en todo caso da inspección e patronato supremo do Estado nazonal, obrigado á garantire os intreses superiores da humanidade, da civilización e do progreso. Supón ísto repartire a vida do corpo social por todol-os seus membros, trasladando â periferia unha parte da que agora se acha acumulada no centro e o ten conxestionado, sen retere máis que a estrictamente percisa pr'a subsistenza e bon orde do todo.
     "Ao estado de parálisis e de somnolenza en que temos caído, como nazón, é de lei alumeare todo manantial d'enerxía latexante que por ventura poida eisistire n-ela, pra que ao seu estímulo o corpo social reaccione e cicais se refaiga e desperte á unha nova vida e a restauración das rexións puidera sere unha de isas fontes cegadas, onde algúns fíos de auga corran subterráneos e agarden o golpe do sacho restaurador que lles achae o vieiro da superficie. En todo caso, se tería conxurado un perigo de bulto, que cicais estemos xa tocando. Aquél á quen se ten secoestrado o seu dereito, e atopa xordos todol-os ouvidos âs suas queixas e â sua reivindicación, finde por se alritare e rebasare na sua demanda o lindeiro do xusto, que denantes lle tería satisfeito, e á pouco, trocado en convicción o amor propio, xa no adimite palramento nen transacción, sinón que o quere todo, e o qu'é pior, de propia man: retivemos tolamente aos antilláns o seu, qu'era a autonomía, e os antilláns tomáronse xa, non a autonomía, sinón a independenza. E non é cousa d'esquecere que os homes d'eiquí non son de pasta difrente que os de Cuba, e que non fallan yanquis na Europa.
     "2º Gobernare: iste é o outro medio. Como dixo fai moitos anos o Sr. Cánovas del Castillo, o "patriotismo desaparesce dos pobos cando se convencen de que son mal adiministrados, de que non son gobernados como teñen dereito á agardare"; como dixo o Sr. Silvela, "o fracaso das crases gobernantes foi tremendo, e consecoenza sua todo iso que se chama rexionalismo, e que non é máis que debilidade do centro cerebral, "esnaquizamento do respeto do pobo deica as suas crases gobernantes, a causa de tere caído a Hespaña, por culpa de ístas, en pior situación que a do século XV, sen motivos eisteriores suficentemente graves para producire tal estado". En substancia: que as crases gobernantes non gobernaron, á menos para o país, e que por culpa d'elas, por isa falla de goberno, o ser hespañol se fixo un mal choio... Feita a Hespaña nazón europeia do século XX, o rexionalismo perderá a moita ou pouca virulenza que leve no sangue, se incrinando a balanza do lado da descentralización. Confirmada, pol-a contra na sua condizón actual de potenza asiática do século XV, o descontento da bandeira seguirá medrando e findará a balanza por se incrinare do lado do arredamento, cando non do anexionismo: cansal-as provincias de seren outras tantas Cubas abafadas i-eisprotadas, colonias de Madride ou de Barcelona abafadas i-eisprotadas, colonias de Madride ou de Barcelona, pedirán se convertiren en outras tantas Arxelias protexidas e ben gobernadas, colonias de Londres ou París". Todos istos anacos pertenescen á un prólogo que Costa puxo â monografía de A. Royo Villanova, que se tidúa "A descentralización e o rexionalismo".
     No traballo que leva o suxerente tíduo de "Reconstituzón i-europeización de Hespaña" con toda diafanidade aparce eisposta a sua opinión encol da orgaización política que â Hespaña deberá se lle dare cando dí: "Unha prudente e progresiva descentralización tería abondado n-aqueles vinte anos de paz corridos dende 1875; nas acoradoras circunstanzas presentes, o remedio ten que sere radical e de resultados máis súpetos i-eficaces. Hai que trasprantare renovos da arbore de Guernica á todal-as comarcas da penínsua; acaroare o Goberno aos gobernados; findare de un tallo côs mandarinatos e proconsulados; pasal-a esponxa âs provincias e aos seus odiosos orgaísmos de toda casta; chamare â nova vida as rexións históricas, coás suas Xuntas ou Diputacións autónomas, para repartire e faguere efectivos dos Concellos os impostos nazonaes e os seus propios, pra rexire as suas obras púbricas e as suas instituzóns de progreso e de beneficenza, con limitación soio en canto á empréstitos, para recopilare e sistematizare o seu dereito civil, ouservanzas, fueros e xurisprudenzas; para decrarare e sancionare o seu dereito consuetudinatio, sexa de carácter xêral en toda a rexión, sexa de unha ou de máis localidades dentro da mesma".
     Aos testemoios elocoentes e autorizados, aos votos de calidade á prol da tésis que n-istas páxinas defendemos, e que pra reforzo da defensa insertamos, pulderan s'engadiren moitos máis. Faguelo, equivalería á alongal-as en demasía. E como coidamos que a nosa doctrina se acha cumpridamente reforzada e valorizada côs anacos transcriptos sen necesidade de aumentalos, eis porque renunciamos â laboura, que tan doada nos sería, de seguire faguéndoo. Os anacos insertados son, de por sí, suficentes de abondo, pra xustificare o noso traballo e a defensa que n-él faguemos do único réximen que ao Estado hespañol, poI-as múltipres variedades de pobos que n-él se atopan, lle compre de un xeito natural e si o réximen ten de sere algo vivo, real e alonxado de todo artificio e falsedade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega