Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"Miroume y-eu mireina. 'N o destelo..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea015.html


[p. 67]

*

*    *


Miróume y-eu mireina. 'N o destelo
d' os ollos seus, en outro tempo amantes
—qu' a sua luz fora estoncias miña musa
y-o seu coor cantaran meus romances—
lin craramente doorosa hestoria
          de bágoas e pesares.
Nada lle perguntei, nada me dixo.
          Fumos camiño adiante,
eu virando a cabeza á cada paso
          por soilo a contemprare,
ela.... andando engordiño, a frente erguida,
          cal si fora unha imáxen.
¡Imáxen era d' aquil ben perdido,
          d' aquelas ánsias grandes,
que meu peito abrigara, de xuntarnos
          por unha eternidade!


[p. 68]

¡Vaite con Dios, amor d' a miña vida,
d' o ceo que perdín, hermoso ánxel!....
e cando esto dicía, ela, alá lonxe,
          viróuse pra mirarme.
Eu sintín qu' a esperanza
outra ves comenzaba á aloumiñarme,
e quixen desandar, para con ela
'n outro lazo d' amor quizáis xuntarme;
pro unha voz sacreta recordóume
qu' a causa fora eu d' os seus pesares,
y-estonces, ben mirando que 'n a sombra
          se perdía sua imáxen,
escramei, afogando aquil deseo:
—Perdóname, muller! Perdón..... e vaite!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega