Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

As volvoretas

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea014.html


[p. 65]

AS VOLVORETAS (1)


     Ehí van as volvoretas
voando sobr' o mar.
¡Ay, quen com' elas fose!
¡Ay, quen tivera aliñas
para poder voar!

     Rapaza d' ollos pardos,
de talle moi xentil;
¿tí sabes donde fora,
s' aliñas eu tivera
para poder fuxir?



1. Imitación de Th. Gautier.




[p. 66]

     Cruzara pol-os campos

con incansabre ardor:
salvara os altos montes
hastr' atopar teus beizos
y-alí morrer d' amor.




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega