BVG Atrás Índice de Páxinas |
Cousas d'a aldea |
||
"Arbre de ramas peladas..." |
m5aurelianopereiracousasdaaldea018.html
[p. 73]
*
* *
Árbre de ramas peladas,
árbre de casca xa seca,
pro qu' inda sámago esconde
baixo d' a probe cuberta,
òs frescos aires marzales
o inverno sofrindo espera,
que chegar han de chegare,
anqu' ò pronto non parezan.
¡Airiños, aires marzales,
airiños d' a primaveira,
para todo soprarédes
sin que nada vos esqueza!
¡Así soprarédes vós
pr' as probes almas en pena
[p. 74]
qu' en triste noite inverniza
pelegrinan pol-a terra,
sámago d' amor gardando,
anque secas d' aparencia!
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |