Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

O arte

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea019.html


[p. 75]

O ARTE

A XAN MONTES, DIREUTOR D' ORFEÓN LUCENSE


          Travesa o ser humano
          o camiño d' a vida,
sin atopar en él mais que petoutos,
          rabuñadas y-espiñas,
donde deixa d' a y-alma as esperanzas,
que son o seu encanto e su' alegría,
          Si a vida non tivese
algunha nobre luz, qu' esa fé viva
          encendese nos peitos,
non valería a pena de vivila.


[p.76]

          D' o seu oríxen mismo
o home despiadao renegaría,
          y-o mundo fora entonces
pr' as almas crentes cárcere sombrisa.
Mais brinda o Arte prácidos encantos
          qu' ò espíritu feitizan,
e que d' o mundo fan o paraiso
de que nos fala a tradición divina.
Y-o Arte será eterno, pois, cal dixo
un poeta qu' a todos causa envidia,
mentres haxa 'n o ceo sol y-estrelas,
mentras luzan os ollos d' as neniñas
e beba o corazon 'n as suas miradas
          encantos e delicias;
namentres haxa un corazon 'n o mundo
que d' outro corazon o latir sinta,
e mentras haxa un alma que suspire
ò eco d' outra alma que suspira;
mentres haxa unha mai qu' òs fillos ame
—y-ha-as d' haber mentres o mundo exista—
mentres haxa colores, luz e almas
arte 'n o mundo habrá, y habrá poesía.
          Felices e dichosos
os qu' ò Arte consagran a sua vida,
e sinten 'n a sua mente cal rebule
          a inspiración purísima.
E feliz e dichoso ti que podes


[p. 77]

          alzar a frente limpa
e presentar en noites com' a d' hoxe,
á recibir o aplauso que che brindan
          os que teu xénio alaban,
à xuventud de Lugo feita artista.
Os vítores y-os bravos d' este pobo
sempre serán pra ti de gran estima:
¡así estimes tamen o meu aplauso
que sal d' o corazon de quen t' admira!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega