Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

D' a gaita

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea027.html


[p. 97]

D' A GAITA



     Toca o gaiteiro 'n a gaita
e fai soar o roncón.
¡Cántas veces toca ledo
e chóralle o curazón!

     Córrelle a auga d' os ollos
e diz' a xente ò mirar:
¡Cómo fai forza o gaiteiro!
¡Parece que vai chorar!


     —Ei, correde, rapaciños,
vide escoitar a alborada.
     E van os rapaces ledos
oíl-o soar d' a gaita.


[p. 98]

     —Vaya, con Dios, meus velliños,
que 'n outro lado m' agardan.
     Y os mozos volven queixosos
porque xa paróu a gaita.


     Quixen unha nena roxa
que saéu unha boa galga,
e desd' entoncias non teño
mais amor qu' a miña gaita.

     Eu a sopro y-ela toca:
nin a engaño nin m' engaña.
Non hay amores mais firmes
qu' os d' o gaiteiro y-a gaita.


     Cantaba unha moreniña,
d' unha crara fonte à beira:
¡viva a gaita, viva a gaita,
a doce gaita gallega!

     E dende a beira d' a fonte
cantou unha nena roxa:
¡viva a gaita, viva a gaita,
viva a gaita e quen a toca!


     Toca triste a miña gaita
e non hay quen ó remedie.


[p. 99]

¡Cómo non ha tocar triste
s' é triste o aire qu' a henche!

     Aire que ven d' as campías;
aire que ven d' as montanas;
aire que layos recolle;
aire que recolle bágoas.


     Galleguiños, meus hirmaos,
qu' andais aló por Castela,
mais escravos qu' os escravos,
e mais mouros qu' as moureiras:

     ¡Cál vos ha ferver o sangue
e a y-alma s' os porá leda,
cando chegués à terriña
y-oigás a gaita gallega!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega