Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Mal que mata

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea026.html


[p. 95]

MAL QUE MATA


Viene también Ia muerte por el alma.
Campoamor.     



     Cal rosa que, muchada pouc' á pouco,
Vai quedando sin côr y-esmorecida,
Así vaise Marica descôrindo
E pouc' á pouco se lle vai a vida.
     Sempre Don Juan, o médeco ò mirala
—E com' a enfermedá non conocía—
A texta menexaba, pro a rapaza
Non inoraba de que mal morría.
     Ferida era d' amor; d' esas qu' a y-alma
E o corozo en dous bocados fenden,
E matan engordiño: males d' eses
Qu' os médecos n' estudian nin entenden.


[p. 96]

     Cand' encamou, Don Juan foi prest' á vela
E non sei que falóu de callentura.
—¡Era o fogo d' amor qu' a consomía!—
E con pesar lle dix' ò pai: ¡N' hay cura!
     A may bicou à morimunda filla.
E repricou o pai: —Pero en concencia.
¿Mediciña non hay?— Males son estes
Contr' os que nada sabe nosa cencia.
     Pechando os ollos e sorrindo on tempo.
Cicais pensando 'n a palabra impía
Qu' a vida Ile quitaba, dixo a nena:
—¡Todo, tod' acabou; eu xa ó sabía!
     A may desconsolada laya e chora;
O pai, casi doente, ò ceo mira;
O médeco, atrullado, rasca a testa;
O crego reza y-a rapaza espira.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega