Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"Subín a costa d' a vida..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea029.html


[p. 103]

*

*     *


     Subín a costa d' a vida,
animoso e sin recelo:
nin as durezas d' o chan
o meu paso detiveron,
nin me menguaron as forzas
que tiven 'n aqueles tempos.
Eles foron de ventura,
eles foron falangueiros,
pro para sempre fuxiron
os días craros e ledos.
     Hoxe, hay negrura 'n a y-alma,
e nebras 'n o pensamento,
e 'n o curazón espiñas
e lobregueces 'n o peito,


[p. 104]

Fume de palla, que plonto
s' esparexe pol-o vento,
tal foi a miña esperanza
y-os afás d' o meu deseo.
     Lonxe van aquelas noites,
noites de luar seréo,
lonxe van aquelas horas
de que con pena me lembro:
non volvades, non volvades,
porqu' ei de ter que perdervos
e non hay mayor dolor
que s' acordar d' os bos tempos
.
     Morte crúa, morte negra,
mitá d' o labor tés feito,
que solo ten media vida
este corpiño terreno.
Morte negra, morte crúa,
solo esa mitá che debo:
ven por ela cando queiras,
que me vai facendo peso.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega