Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

¿Qué será?

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea038.html


[p. 137]

¿QUÉ SERÁ?


     Moito che gusta ir à vila,
rapaciña d' o lugar;
moito che gusta ir à vila
¡sabe Dios por qué será!
Xa te viron dous veciños
parolando c' un galán:
ti moi rubia, os ollos baixos,
él riseiro, moi cabal:
él torcendo seu bigote
e votandoch' un ollar
com' às pitas vota o zorro
axexando pr' o corral.
Ti 'n as trenzas do mantelo


[p. 138]

torce que te torcerás,
sin mirarlle cara á cara,
escoitando seu falar.
¿Qué che dice, miña nena,
qué che dice ese galán?

     Xa me din que, si che fala,
tí non miras pra o chan,
pois que cravas 'n os seus ollos
tua mirada anxelical,
e qu' estás atontecida
c' o seu doce parolar,
e te rís d' ó que che dice,
que tí escoitas con afan;
e d' as cousas que 'n antonte
te facían cavilar,
a mamoria che recrean
cando pensas 'n o rapaz.
Xa 'n as trenzas non retorces,
xa non miras pra o chan.
Moi leda vas pra a vila,
triste volves ó lugar:
neniña d' o pelo roxo
¡Dios sabe por qué será!

     O conto que de tí contan
eche de nunc' acabar.


[p. 139]

Xa vos viron moi xuntiños;
tíñache colleita a man,
falábache moi mainiño,
coidando de t' apertar
c' un brazo por onde s' atan
as trenzas d' o delantal.
Eu non sei que che decía
c' o seu mimoso falar:
solo sei que tí calabas,
e mirabas pra o chan,
y-estabas rubia, moi rubia,
com' amapola marzal,
y-él aperta que t' aperta,
e fala que falarás.
Cando tornas dend' a vila,
cando volves pr' o lugar,
din qu' a cara vas virando:
neniña ¿por qué será?

     Moitos días van pasados
e de tí se fala mais.
Din os mozos que te muchas,
que s' apaga teu mirar,
que de rosa qu' eras onte
á ser azucena vás,
qu' os teus ollos perden lume
seic' á forza de chorar,


[p. 140]

que teus beizos xa non ríen
e pechados sempr' están.
Naide sabe qué che pasa,
naid' atina c' o teu mal.
¿Si vería-l a compaña
a víspora d' o San Xuan?
Xa non queres ir à vila,
xa non deixas o lugar:
neniña d' o pelo roxo
          ¿qué será?



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega