Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"¡Xémes escravo? ¿D' a tua negra sorte..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea042.html


[p. 147]

*
*     *


¿Xémes escravo? ¿D' a tua negra sorte
          quéixaste d' o rigor,
e dis tamen qu' a morte non buscache
          por falta de valor?

Tesouro d' un valer que naide tasa,
          d' o home a libertá,
loitar por conquerila, quen a estima,
          sin trégoa deberá.

E quen, cobarde ou infelis, n' a teña,
          non chore seu door;
pelexe contra todos, y-ò fin sexa
          ou morto ou vencedor.


[p. 148]


C' os mesmos eslabós d' a sua cadéa
          o servo ha de fundir
espada vingadora que lle abra
          as portas d' o porvir:

Espada vingadora qu' o tirano
          non vexa sin tembrar;
qu' o cegue c' os lostrégos que dispida
          n' os aires ò brilar.

E si o servo non vence 'n o combate,
          non chore cal muller:
¡volva contr' o seu peito a espada fera,
          e libre podrá ser!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega