Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"S' é que de min falares..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea043.html


[p. 149]

*
*     *


     S' é que de min falares,
non digas que fun malo:
nada d' ó que che dixen
en sí levóu engano.
De min debes doerte
que son o desgraciado:
mintínme á min pirmeiro
y-agora ben ó pago.
D' aquela fun soberbio
e parescín ingrato,
mais hoxe que ben choro
y-o bén perdido chamo,
'n o teu calar atopo
castigo ò meu pecado.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega