Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"Vinte qu' entrabas 'n a irexa..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea044.html


[p. 151]

*
*     *


     Vinte qu' entrabas 'n a irexa
levando 'n a man un libro,
e xuntamente un rosario
d' o qu' iba colgando un cristo.
Vinte drento que rezabas
con aire moi recollido,
e parecéume qu' às veces
che s' escapaba un sospiro,
e qu' unha pinguiña d' auga
mollaba teus ollos limpos.
Vinte tamen que saías
paseniño, paseniño,
cal si non fose valeiro
d' as suas culpas teu esprito.


[p. 152]

Non ch' estrano, miña xoya,
porqu' eu, que pequei contigo,
téñoche rezado moito....
e tampouco estóu tranquilo.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega