Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

O mel-rubio

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea047.html


[p. 157]

O MEL-RUBIO


     Din as vellas d' as aldeas
qu' hay unha herba encantada
que fai virar o xuizo
às probiñas d' as rapazas;
y anque ningunha refire
com' é esa herba fadada,
xuran que tén os feitizos,
e que mel-rubio Ile chaman.
     ¿Víchela tí, rapaciña,
ou conocel-a sua casta?
Pol-o qu' é de caso, nena,
líbrete Dios d' atopala.
Vouche contar unha hestoria:
para recoller às cabras


[p. 158]

Marica saíu ò monte,
e cando tornou à casa,
viña triste com' a noite,
y-ó mesmo qu' a neve, branca.
Foron en balde as perguntas:
a nena non dixo nada:
nin siquera vira ò zorro,
nin atopara à compaña.
Ningunha cousa, ningunha
á Marica Ile pasara,
pro a rapaza chora e chora
desque foi buscar às cabras.
E díxome onte unha vella,
qu' entre nos pasa por sabia,
que xa non Ile cabe duda
qu' a probiña d' a rapaza
o pé puxo n' o mel-rubio
e ¡craro! quedou fadada.
A verdá que teña esto
eu non podo asegurala;
mais, pol-o si ou pol-o non,
un consello mal non cadra.
¡Coidadiño c' o mel-rubio
porque, según ves, amarga.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega