Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

A cara d' o demo

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea053.html


[p. 175]


A CARA D' O DEMO


I

     Cand' o crego de Barcia confesaba
'n a coresma á Xatruces,
ou antes si cadraba,
a inocencia que 'n ela s' atopaba
facíalle ò bon crego facer cruces.
—É un milagre moi grande— marmuraba,
atopar 'n estes tempos tan perdidos,
de pouca religión e de licencia,
quen teñ' adormentados os sintidos,
e limpa de pecados a concencia.
     Y-á fé que non mintía o bon d' o crego,
pois qu' era a nena aquela


[p. 176]

pra todas as malicias tan xinxela
como iñorante para a luz o cego:
era ¡así Dios me leve!
a brancura d' a su' alma tan compreta
com' a flepa d' a neve
cando cai semellando à volvoreta.
     Así com' anduriña, que 'n o alboyo
o niño fai e nada mais percisa,
a nena encantadora
pensaba qu' este mundo tiña soyo
rosas e luz, e páxaros, e risa.
     Mais chegoulle sua hora,
y-un día que 'n a veira
d' o río s' atoparon
éla e Manoel, entrambos se falaron:
él ollouna ¡meu Dios! y-aquela ollada,
con séres a pirmeira,
fogo prendeu 'n o peito d' a coitada.
     O tempo foi andando,
e com' o demo está foza que foza,
'n as almas fuchicando,
moitas veces ò mozo e mais à moza
os viron platicando
d' esas cousas que fala unha parexa
cand' o corozo ò son d' amor latexa.
     Como éla siguía sendo pura,
e sua y-alma inocente


[p. 177]

era ó mesmo qu' o vidro trasparente,
contóulle ò siñor cura
tod' ó que lle pasaba:
que c' o Manoel falaba,
e lle dicía cousas moi dulzosas
con fala falangueira,
cousiñas moi mimosas,
de moito encanto cheas,
cando 'n as noites de San Xuan seréas
s' atopaban d' o río xunto à veira.
     Y-o crego, x' asustado,
pois de lonxe cheiráballe o pecado,
d' este modo Ile dixo à rapaciña,
c' a calma con que fala un crego vello:
—Mira, miña filliña,
vouche dar un consello
que non nace, á bo fé, d' a miña cencia,
é froito d' a esperencia
que 'n os anos que levo xa vivido,
teño ben deprendido
'n o Santo Tribunal d' a Penitencia.
     O demo, pra perder as criaturas,
—y-aquí se presinóu devotamente—
estános axexando tod' a vida,
e toma mil feguras
escollendo decote a mais quirida;
porqu' así fácelmente


[p. 178]

se nos mete 'n o siso,
pra facernos perder o Paraiso,
qu' é prémeo de quen vive santamente.
Se fás ó que che digo,
teu peito terá calma
e nada temerás d' ese enemigo,
qu' anda tras tí por che perder a y-alma.
     —¿Y-o enemigo é Manoel? preguntóu éla,
como quen lle dicindo ¡case ó dudo!
Y-escoitando pergunta tan xinxela,
o crego por un pouco quedóu mudo,
pois con toda a sua cencia
calaba ant' a malicia d' a inocencia.
     —O que ch' ei de dicir —d' alí un momento
siguíu él añudando
o fío d' o turbado pensamento—
xa qu' á Manoel escoites,
que percures non velo moitas veces,
moito menos 'n as noites,
e que, despois de velo, sempre réces.
Coida que seña dond' houbere xente,
que, por Dios ch' aseguro,
qu' anqu' o demo ten fama de valente,
éche tamen prudente,
e busca a noite y-o lugar seguro
pra que non marren as suas malas trazas
cando se trata d' atentar rapazas.


[p. 179]

'N as ocasiós en qu' á Manoel falares
e seña sua parola mais mainiña,
coida de t' acordares
d' o que ch' estou dicindo, quiridiña.
Se cal lume sintires pol-a cara
algo de fogo que che da quentura,
atenta òs ollos de Manoel repara;
qu' estoncias, si ll' aluman ¡criatura!
é que pasa ó que temo,
que traballa o pecado,
qu' o probe d' o rapaz está endiañado
¡e trocóuse a sua cara 'n a d' o demo!



II

     'N as horas d' aquel día
non tivo paz 'n o esprito a probe nena:
sobr' ó que dixo o crego discurría
y-o corozo doíalle co' a pena.
¿Será verdá —dicía—
que 'n a vida s' atope tal engaño?
¿que 'n o corpo d' a xente
así se meta o diaño,
buscando dilixente
o millor modo de facernos daño?


[p. 180]

Xatruces repunaba
—anqu' o dito d' o crego respetaba—
qu' a cara d' o Manoel tan amorosa,
qu' os ollos en qu' os seus ela miraba,
qu' a sua fala mimosa,
fosen as argalladas d' o pecado;
pois anqu' ela sabía
qu' era o demo avisado,
non pensára xamais que podería
atopar sementeiro de doores
'n os encantos sin fin d' os seus amores.
Iñorante d' as cousas d' esta vida
e c' o corozo d' ilusiós ben cheo,
a neniña garrida
pensaba qu' era a terra com' o ceo.
Cando reparte os dós a Providencia,
con ánemo cremente,
às veces prexudica á moita xente:
pois ensina a esperencia
qu' é perciso xuntar honradamente
algo de picardía co' a inocencia.
A rapaza tranquila non estaba
desque o crego tan grave lle dixera
qu' o demo, qu' axexaba,
era fácel qu' un día a sorprendera.
Turbárase o contento
de que gozaba en paz seu pensamento:


[p. 181]

y-as horas de dozura
que 'n aqueles amores ela hachaba,
sin sabel-a razón, se decataba
que podían trocarse en amargura.
O peito lle roía
un door hasta estoncias iñorado:
e daba xa por certo que perdía
pra sempre ò ben amado,
aquel garrido mozo,
qu' abrira ò seu corozo
as portas d' unha groria non soñada,
qu' a tiña por enteiro cautivada.
'N o medio d' esta angustia, a probe nena
non s' esquecía d' aquel Dios supremo
tan bon e tan piadoso,
y-apesar d' a sua pena
dudaba qu' en Manoel, tan amoroso,
poidese hachar aloxamento o demo.
Xa mentras que tan tristes pensamentos
'n a sua y-alma de neno se metían,
as bágoas Ile corrían
sin qu' ela cavilase en recollelas;
porqu' as almas xinxelas,
cando sofren d' amores,
sempr' en auga resolven seus doores.
—Dios sabe qué m' agarda
—escramaba Xatruces;—


[p. 182]

e, mentres se despía, fixo cruces
rezándoll' ò anxeliño d' a sua garda.
Pra calmar as peniñas d' o seu peito
pideu amparo ò leito;
mais se lembrando d' ó que dixo o crego
sintía en crecemento a su' agonía
e n' achaba sosego
nin dicindo con fé: «Santa María
Cansa pol-o door durméuse ò cabo,
e 'n o medio d' o sono sempre vía
ò seu Manoel con cornos e con rabo.



III

     Noites as de San Xuan! Noites aquelas
en qu' o esprito seréo
ollando se recreya 'n as estrelas
qu' alumeando 'n o azulado céo,
parés que parpadexan
é son us ollos que de lonxe axexan
os felices istantes
que rinden à pasión os bos amantes.
     O airiño ¡qué soave!
suas ondas ¡qué cheirosas!
¡qué doce o pío d' a tenriña ave
qu' adormenta seus fillos entr' as rosas!


[p. 183]

     Escápase d'a terra
un bafo que se mete 'n os sintidos;
coma d' encenso o fume,
que con grato cheirume
os ollos vai deixando adormecidos.
A y-alma se pon leda,
arrolada por múseca subrime
que soa 'n arboreda:
e parés 'n estas horas silenciosas
que voces misteirosas
docemente nos chaman,
coma si fose o acento
d' os séres que nos aman,
que ven revolto 'n o mover d' o vento.
     Era unha noite d' esas, estrelada:
sair ò campo mesmo daba groria.
'N o lugar d' esta hestoria
facían os viciños a ruada.
Siguindo 'n a costume —non moi boa,
pois da fillos sin pai xeneralmente—
'n a casa non estaba unha presoa;
'n o ádrio y arredores, moita xente.
Deixándose levar pol-a corrente
e vendo á todo o mundo aparexado,
Xatruces e Manoel, caladamente,
xuntos tamén se foron pra un lado.
À veira d' un balado


[p. 184]

mais escuro cicais d' ó que conviña,
con paso reposado se chegaron
o mozo y-a neniña,
y-entrambos sobr' a herba se sentaron.
     Y-alí, co' as maus collidas,
cal parexa de rulas namoradas,
as caras unh' á outra agarimadas,
con palabras sintidas,
d' amorosos sospiros misturadas,
deixaban espallarse a sua tenrura,
mentres a noite s' iba póndo escura.
Ó tempo qu' os amantes parolaban,
cada vez mais xuntiños,
aló enriba, 'n altura
onde non van xamais os paxariños,
os ánxeles choraban
vend' o peligro d' aquel' alma pura.
     ¡Ay! o fogo amoroso
vai pouco á pouco nos queimando o peito.
Moxica 'n o comenzo, logo medra
ó sopro d' o deseyo cobizoso,
e cando nos lembramos, x' está feito:
como pol-o carballo agancha a edra,
aganchóu por nosotros o seu xeito.
Escoitando a parola d' o bon mozo,
Xatruces inocente
sintía rebulir o seu corozo.


[p. 185]

Soaba aquela fala docemente
d' a nena nos ouvidos,
como se fose múseca d' o ceo
que lle turbase todol-os sintidos.
Cal d' o sono ò soave escarballeo,
os ollos pouco á pouco iba pechando,
y-aquil rumor de canto d' anxeliño
siguíalle 'n o peito resoando,
moi maino, moi mainiño.
Mais lonxe parecíanlle as estrelas,
y-a coitada creía
que 'n un mundo millor feliz vivía....
cando o Manoel bicouna 'n as meixelas.
Viróu contr' él a bonitiña cara,
en chama de pudor tod' ela acesa,
y-estoncias ¡cousa rara!
lembróuse con sorpresa
d' ó qu' o vello d' o crego lle mandara;
e seu esprito, hasta d' aquela cego,
viu qu' era certo ó que dixera o crego.
¡Os ollos d' o Manoel alumeaban
cal si fogo tiveran 'n a meniña!
Arredóuse lixeira;
tiròu as maus que 'n as d' o mozo tiña;
irguéuse prestamente,
e, com' unh' anduriña voandeira,
fuxéu ò ádrio e se perdéu 'n a xente.


[p. 186]

E mentres o rapaz, cas' aturdido,
perguntaba pra sí: ¿qué lle daría?
levaba ela cen veces ripitido:
—«Tiña o crego razón ¡Virxe María!
y-en cavilalo trémo;
¡o probiño Manoel ¡quén ó diría!—
tiña a cara d' o demo!




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega