Follatos

Páxina Anterior

A coroa

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos021.html


[p. 75]


          A COROA

     Rosiña ten os cabelos
coma rayolas de sol
y-as estrelas d' os seus ollos
cobizan o resprandor;
por cintura ten un bimio
e n-os seus beizos pousou
n-unha acaseon unha abella
coidando qu' era unha fror.
Non hay moza mais garrida
nin de millor pusiceon
en tod' aquela parroquia
ni en dez legoas ô redor.
O seu pai qu' é un habaneiro
ten gardadas n-un arcon
mais de cen onzas en ouro
que n-Améreca ganou,


[p. 76]

e ten unha casa grande
con solaina y-un balcon
de ferro, ond' ela pon frores,
albaca e malvas d' olor.
Tamen o pai de Rosiña
ten unha xunta de bois
y-unha vaquiña de leite
y-unha porca con leitos,
y-un hórreo cheo de millo
y-unha tulla que... ¡meu Dios!
se non ten pan pra tres anos
ten-o ben certo pra dous.
E ten Rosiña unha roupa
que ninguen a ten millor,
nin a mesma ama d' o abade
pon fatelos qu' ela pon.
En fin, qu' onde Rosa chega
ningunha moza chegou;
pois non hay unha mais linda
nin hay un dote maor.
E mais ôs vintecinc' anos
inda Rosa non casou,
nin se Ile viu un cortexo
nin se lle presint' amor.

     Non sei que ten tal rapaza,
non sei que mal lle pegou
que ten tal malenconía,
qu' onde quixer qu' ela for
sernpr' está triste e parece
qu' algunha pena lle doi.


[p. 77]

Non quer ir ôs fiadeiros
nin ir ond' haxa funciôs,
c' os ollos sempre mazados,
sempre parez que chorou.
O seu pai vólvese tolo
sin topar espricaceon
á aquela negra tristura
y-aquil aculto door.
Non hay dubida, é mal d' ollo;
algunha bruxa a mirou,
algunha enviria Ile quita
a legría y-a color.
E vai sumíndos' a moza
y-en van o pai lle porpon
ir á santuarios famosos
ou xunta médecos bôs,
qu' ela dí que non ten nada
nin cousa algunha lle doi.



               II

     Sin que ninguen sepia a causa
d' aquil mal qu' a leva â coba,
vaise mirrando, mirrando,
a coitadiña de Rosa.
E cando d' os castiñeiros
can os ourizos y-as follas,
morr' a moza mais garrida
de dez legoas â redonda.
N-unha caixa com' a neve
meteuna seu pai de morta,


[p. 78]

tod' empanada de branco,
con mant' azul e coroa
sobre d' a frente d' anacre
e d' a cabeleira roxa.

     ¡Probe moza! o seu sacreto
levou o fondo d' a focha,
ninguen lle soupo n-o mundo
qu' ela adouraba unha sombra,
que soñaba un imposibre,
que d' amor estaba tola
por un ser que nunca vira
que nunca tivera forma.
Ind' era Rosa pequena,
inda non chegara á moza
unha xitana lle dixo:
«has de medrar tan hermosa
que n-ha d' haber n-esta terra
home dino de tal xoya;
pero tú non t' apesares,
qu' ha de vir de terras longas
un príncepe poderoso
á traguerch' unha coroa.
Xa verás, miña princesa,
como n-hay n-a terra toda
rapaza mais ben querida
nin casada mais dichosa.»

     Dend' estonces a coitada
non s' esquenceu unha hora
d' aquil príncepe soñado


[p. 79]

e n-o seu peit' amorosa
gardóulle fé y-adourouno
e sempre soña que soña,
agardou cada mañá
á aquil que de terras longas
ll' había traguer venturas
que n-a terra non se gozan.

     E veu por fin de moi lonxe...
d' a eternidá pavorosa
a morte c' o seu poder
á traguerll' unha coroa.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega