Follatos

Páxina Anterior

Noite crara

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos023.html


[p. 99]


     NOITE CRARA

     En Belen naceu un neno
que parec' un sol
y-os ánxeles cantan
dicindo qu' é Dios.
Vinde zagaliñas
á bicarll' os pés:
veredes que lindo,
que roxiño é.

     O colo unha Virxen
qu' é Virxen e nai
ô Dios feito neno
por berce lle dá.
Vinde zagaliñas
á bicarll' os pés,
e despois de velo
podedes morrer.


[p.100]

     ¡Qué berce mais brando
t' arrola, Xesús!
¡Qué leito mais duro
t' agarda n-a cruz!
Vinde zagaliñas
á bicarll' os pés,
que por amor noso
veu á padecer.

     N-é noite d' inverno
é día de sol
qu' o Dios qu' hox' é nado
quéimase d' amor.
Vinde zagaliñas
á bicarll' os pés
ô neno mais lindo
qu' arrolou muller.

     Hoxe brila a estrela
d' a felicidá,
baixou Dios ô mundo
pra virnos buscar.
Correi zagaliñas
á bicarll' os pés;
que cand' él se vaya
nos leve co' él.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega