Follatos

Páxina Anterior

Pregarea

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos025.html


[p. 103]


          PREGAREA

     Branca azucea d' os ceos,
linda fror de Xericó,
d' os vals lirio prefumado
doce encanto d' o Señor.

     Homilde violeta santa
de prefume celesteal,
palma de sombra bendita
místeca oliva de paz.

     De Xacob segura escada,
groria de Xerusalen,
rosa cercada d' espiñas,
priciosa silva d' Horeb.


[p. 104]

     Suave nardo qu' embalsama
con esencia pura o dôr,
Virxen santa sen mancilla,
Nai hermosa d' o meu Dios.

     Non me negues teu emparo
pois eres virxen e nai
guíame á porto seguro
locent' estrela d' o mar.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega