Follatos

Páxina Anterior

A nai d' o soldado

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos028.html


[p. 111]


     A NAI D' O SOLDADO

                    I

          ¡cómo chove!

     ¡Cómo chove! A pingas d' auga
fan n-os vidros ¡chís! ¡chís! ¡chás!
o vento xeme n-a serra
e n-o curro oubea o can,
que cicais presint' ô lobo
que fuxind' a tempestá,
pechou os ollos locentes
e trompicando cicais
perdeu o estreito camiño
qu' antr' os toxos fixo xa
de tanto sair d' a coba
e vir de car' ô lugar
¡Cómo chove fora e dentro!
¡Cómo brua o vendaval!


[p. 112]

Hastr' está morrend' o lume,
pois pol-a bufarda can
pingas d' auga y-entra o vento
e barr' a cinsa d' o lar
¿Ond' estarás meu filliño?
¡Meu filliño! ¿ond' estarás?
¿Onde pasarás a noite
mentres chora a tua nai...?
Cicais, meu amor, morrendo
sin que ch' eu poida pechar
aquiles ollos tan lindos
que daban tal craridá
qu' esta noite fora día
s' eu os chegase á mirar.



               II

     ¡sempre é inverno!

     Ist' ano n-hay primaveira
tod' é inverno, ¡santo Dios!
¡hastr' os pitiños non nacen!
¡hastr' as galiñas non pon!
Os aniños non rebuldan
d' as ovellas en redor...
cuasque non verdex' o campo
¡meu Dios! ¡se non quenta o sol!
S' eu tremo sempre c' o frio
dendes qu' o rapás marchou...
nin cantan os paxariños...
eu non ouzo o reiseñor.


[p. 113]

Tod' está durmind' e mudo
dendes qu' o meu curazon
está triste y-afrixido,
dendes qu' o rei me levou
aquela prenda adourada
que vida y-animaceon
dab' á canto ven os ollos
á cant' alenta en redor;
os meus ollos cheos de bagoas
nunca ven a luz d' o sol.
¿Ond' estarás, meu filliño?
¿Ond' estarás, meu amor...?



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega