Follatos

Páxina Anterior

A Virxen de Mondil

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos027.html


[p. 109]


     A VIRXEN DE MONDIL

     Dios te salve Eva sin mancha
d' o mundo corredentora,
d' o sol de xusticia aurora,
tesouro d' encantos mil,
fror qu' estes campos alegras,
crara fonte cristalina:
salve, princesa divina,
Santa Virxen de Mondil.

     Dios te salve, Sara hermosa,
nai d' este pobo cristiano,
sol hermoso e soberano,
d' o ceo adorno xentil,
lindo caravel cheiroso
de corola pelegrina
que garda esencia divina,
Santa Virxen de Mondil.


[p. 110]

     Salve, Xudit poderosa,
nova Raquel agraceada,
d' o ceo porta sagrada,
torre erguida de marfil,
astro de prácedo brilo
crara estrela matutina:
Salve, princesa divina,
Santa Virxen de Mondil.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega