Follatos

Páxina Anterior

Á un pensamento

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos007.html



[p. 35]

Á UN PENSAMENTO

A Sofía Casanova de Lutoslawski



     Fror qu' antre neves naciche
aló n-os confís d' Europa,
mensaxeira de venturas
e lembranzas cariñosas,
prenda de santa amistá
que vês de terras tan longas
e tras de dous anxeliños
o nom' escrito n-as follas,
s' é verdade que n-o mundo
tên alma todal-as cousas,
dime, branco pensamento,
se por fertuna m' escoitas,
¿por qué tes as follas brancas
com' as aliñas d' as pombas?
¿non hay sol n-a tua terra
que dé colores y-aromas


[p. 36]

âs frores y-estades tristes
e páledas e chorosas?
Cicais nacés ¡coitadiñas!
antre brétemas e sombras.
¿Ou é que nacedes brancas
y-anque páledas hermosas,
pra qu' as vosas follas sirvan
como sirviron agora
pra escrebir os lindos nomes
de Sabeliña e de Rosa?

     Prefumados caraveles,
alcendidas amapolas,
rosas que tendes argullo
porque contades cen follas,
ben podedes ter cobiza
d' esta fror páleda e soila,
que ven dend' a fría Rusia
á traguerm' unhas mamorias.
N-ela escrebíu unha nai
e pux' a sua y-alma toda
e garda esa fror tan pura
todo un poema de groria.
Ese branco pensamento
non é unha fror, é unha xoya,
pois un xénio pelegrino
a sua firma groriosa
puxo n-él pr' avaloralo,
qu' o nome d' a Casanova
troca n-unha folla d' ouro
o papel en que se pousa.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega