Follatos

Páxina Anterior

Non chove

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos006.html


[p. 33]


          NON CHOVE

     O sol hermoso alomea
con brilantes resprandores,
mais n-a terra n-hay verdores,
tod' é negrura e door.
¿Qu' importa qu' estexa o ceo
tan azul e trasparente
s' abrasa o sol incremente
e non deixa nin unha fror?

     O triste labrego chora
cand' ôs ermos campos mira,
mirand' o ceo sospira
con amarguísemo afán,
e vé pasar diant' os ollos
cen visiós aterradoras,
vend' as longuísemas horas
que ten un ano sin pan.


[p. 34]

     Ve o gando morto de fame
y-ôs fillos agunizando
e qu' â porta está chamando
sin piedá o recaudador.
Y-ô ver pasar diant' os ollos
d' a y-alma tanta negrura
¡maldita sex' a hermosura
d' o ceo! dí o labrador.

     Sobr' a cima d' unha serra
com' un branco tul frotante,
mira o labrego anhelante
unha nub' aparecer,
e dí posto de xinollos
repeso d' o qu' antes dixo:
¡Gracias, meu Dios, pois de fixo
esta noite vai chover!

     Hora sí qu' o ceo hermoso
é un pazo d' o meu Dios dino,
hora sí qu' está divino,
agora é ceo pra nos.
¡Perdón, Señor, para un probe
qu' está de chorar cansado
e cicais desesperado
puido ofenderte, meu Dios.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega