Na póla branca

Páxina Anterior

II. Haikus das estacións

 

v1xavierseoanenapola002.html


          I

     (Primavera)


A libélula
ascende, desce, ascende
e desaparece.


          II


     (Verán)


A lúa no teu pelo.
-Non haberá xamais
outra noite como esta.


          III

     (Outono)


Caíu a folla...
Rubiu a sombra
ao corazón.


          IV

     (Inverno)


Gralla o corvo.
¿Tamén el
presinte a morte?.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega