Acuarela do Brasil

 

Prefacio

Páxina Seguinte

v2sousajimenezacuareladobrasil001.html






O Rio de Janeiro continua lindo
O Rio de Janeiro continua sendo
O Rio de Janeiro, fevereiro e março...
Gilberto Gil



Lo que recuerdo se confunde con lo que imagino
Cristina Peri Rossi











Prefacio


     "O Brasil faz 500 anos sem saber o que é", titulou de maneira misteriosa o Jornal de Brasil, tralo fracaso das commemoracións oficiais do quinto centenario da chegada dos portugueses ao litoral do continente americano.
     Este libro non pretende (nin moito menos) resolver esa suposta crise existencial, se é que os países poden padecer de algo así. Nas páxinas que seguen recóllense as crónicas semanais sobre Brasil enviadas a O Correo Galego desde febreiro de 1997 a febreiro de 1999. O seu director, José Manuel Rey, permitiume exercer con liberdade durante eses dous anos como correspondente en Brasil para Galicia. Toda unha aventura —o marabilloso da escritura é poder vivir outras vidas— facilitada tamén polo traballo de Charo Barba, sempre atenta e amable na redacción do periódico.
     Froito da experiencia xornalística vivida, inédita en moitas cousas, xorde esta recompilación das crónicas —revisadas con agarimo por Anxos Sumai— que respecta os orixinais e a orde de aparición. Forman, coido, un verdadeiro conxunto e queren ter tamén algo, gustaríame que fose así, de libro de viaxe, polas impresións deixadas no papel dun país —en realidade e sobre todo, dunha cidade— e pola moita saudade con que Acuarela do Brasil foron escritas. Coa levidade dunhas tintas diluídas en auga, coa transparencia inmediata que precisa unha acuarela.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000
José Sousa Jiménez
(cheroqui@mixmail.com)


 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega