Gramática do silencio. Obra poética

 

Escolma: "A quimera de Sísifo"

Páxina Seguinte

Ao mar os horizontes e ás miñas sens os días Así como a palabra perdida torna ao centro volve o ser e devala e nunca o ritmo dun

Ao mar os horizontes e ás miñas sens os días
Así como a palabra perdida torna ao centro
volve o ser e devala e nunca o ritmo
dun empardecer coas cores do confín
vén salvarme. ¿Entenderá o destino
as tentativas, a rebelión visíbel
do que sen fin desperto pensa talvez na morte?
Pode que a pergunta nos deixe inermes, cegos,
diante do grande enigma; ¿mais
que —noutro tempo— deus ignoto
deu tal castigo a un home?
Perségueme inda a sombra
cando pola encosta inerte
sinto a pena en min.
Que ningún ser ou cousa amose compaixón;
tal precio paga quen desafía o oculto
e ousa demandar razón e causa,
tan amarga e terríbel a súa débeda é.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega