Gramática do silencio. Obra poética

Páxina Anterior

Escolma: "Presencia do tempo en min"

Páxina Seguinte

Escoita a lúa

Escoita a lúa.
Tristeza de ser busca infinita
buscándote.
Soidade, silencio de mar e ceo,
silencio de verán morno, disperso.
Frente da praia en soño
vou esquecendo o tempo.
Tristeza de buscarte en rectángulos de luz,
abrentes verticais de illas perdidas.
En procesión de insomnios polo peito
pasan aves sen fuga nin retorno.
Que triste é o oficio do que agarda
sentado á porta mesma do seu ser.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega