Gramática do silencio. Obra poética

Páxina Anterior

Escolma: "Alteridade"

 

Un ángulo de luz nas ruínas

Un ángulo de luz nas ruínas,
como oblicua ollada de escenario
revela o espanto da imaxe.
No alá da dimensión precisada
agárdame, onde se confunde a tebra e a mañá,
onde encetaron a cópula a lúa e o leopardo,
esparexendo un tempo de asombros e mudanzas.
Só unha cantiga abonda. Unha lingua
de discursos tristes,
tecedeira de mares,
aproxima os silencios.
E vou, na espiral do tempo transcurrido,
deixando pegadas de sopor no andado.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega