O niño de pombas

Páxina Anterior

Capítulo XI

Páxina Seguinte

m3alopezferreironino1.011.html

[páx. 101]

XI



Moy leda iba Mariña pol-o camiño. E moitos motivos se lle viñan á a maxinación pra estalo; pero antre todos mandaba un, e era que ao fin hachara o medio de que Ramil non lle poidera chamar ingrata. Así é que nada sinteu o camiño; e logo tamén iba a boo paso. Ao atravesar o portal do seu pazo e mesmo ao apearse, sinteuse un troupeleo de cabalos que viñan d'a parte de Lalín. Algúns d'os criados que se foran achegando pra ver qué era aquelo, volveron axiña berrando: —O señor Sancho! O señor Ramil!
     Á as voces sayeu Mariña correndo ao tempo que eles xa saltaran d'os cabalos e viñan c'os brazos abertos cara á ela. Mariña abalanzouse á seu hirmán Sancho, á quen tantas veces dira por morta, e abrazouse un n'outro e de tal maneira que, quen os vira, diría que aquel non era abrazo senon a soldadura de duas almas.
     Entramentras Ramil estivo asperando que lle


[páx. 102]


chegase á sua vez. E chegoulle; mais, estando Mariña abrazándoo con aquela tan gran dosis de cariño que ela sabía encerrar n-o seu peito, sinteu de pronto un estremecemento que a fixo rebotar pra atrás. Ramil deixou caer os seus brazos; e como conocía á Mariña, coidou que á él non eran debidos tantos cumprimentos. Ainda pensou si él faria algunha descortesía. Pero logo como se non pasara nada, encamiñáronse todos pra a casa, tan ledos e falangueiros como n-o maor día de festa.
     Era cuase a xunta d'a noite cando atravesaban os umbrales d'a casa. Mariña vía n-ela á seu hirmán e á seu primo (que xa non-o era), e non-o criía. Non acougaba, e toda se desfacía en agasallos e en ousequios con eles. ¡Qué máis quixera ela que ver contentas e satisfeitas as caras d'aqueles que viñan de pasar tantas faticas, traballos e amarguras! Véndoa Ramil tan ufana, perguntoulle si recibira un billete seu e máis unhas pombas.
     —Ay, víndeas á ver qué bonitas están —contestou ela encamiñándose ao mesmo tempo á unha solaina d'a casa que miraba ao Sudoeste. Fixéralles ela alí un xaulón, e ela era a que se encargaba de poñerlles de comer e de beber. Como xa a conocían n-a voz, así que a sintiron, botaron a cabeza por antre os paus e comenzaron de facerlle monadas e garatuzas.


[páx. 103]


     —E a carta tamén-a recibiche? —volveu á perguntar Ramil.
     —E ainda no-me contástedes á direita —respondeu ela— cómo vos puxeron en libertá.
     —Eu tiña e teño, como tamén Sancho, bastantes amigos entre os purtuxeses, e por conduto d'eles supen que él estaba preso n-un castelo preto de Braga. Mal como puden mandeille un aviso pra poñernos en comunicación. Despois, cando souben a escamocha que fixera D. Xuan Fernández de Lima n-os purtuxeses, como eu estaba cerca d'a fronteira tiven modo de mandarlle aviso pra que pidise o meu canxeo e máis o de Sancho. Así se fixo; e c'o salvo conduto que nos deron os purtuxeses entramos en Galicia, fumos á felicitar e darlle as gracias a D. Xuan Fernández de Lima e estivemos algúns días en Ourense. Pasar, pasámolas gordas; pero agora, gracias á Dios, xa estamos sanos e salvos n-a casa. ¿E do billete, qué me dis?
     —E ónde encontrache o mozo que o trouxo? Coidado que non vin rapáz máis compreto. Por máis que fixen ¿podería eu meterlle n-a man un triste soldo? Como cando chegou xa a noite estaba cerca, non fixo máis que cear, dormir, e ao outro día desaparecer coma un lóstrego.
     Vendo Ramil como Mariña escapaba de responderlle ao caso n-o conto do billete, non quixo


[páx. 104]


volver pol-a resposta; pero ao mesmo tempo non pudo disimular a pena que esto lle causaba e quedou triste e caviloso, como aquel que no seu intrior está loitando pra conformarse c'a desgracia que se lle ven encima.
     Mariña, que ben vía esto, estaba degaxando por descubrirlle o seu peito, pero baráballe a lingua, pirmeiro o non saber cómo Ramil tomaría a estoria do seu nacemento, e logo o mesmo rubor e vergonza que lle daba o ter que declararse. É certo que ela percuraba amostrarse tan rideira e tan pracenteira coma sempre, particularmente con él, pois con él, desde nenos, de cote se levara mellor ainda que c'os hirmans. Mais Ramil buscaba outra cousa, e ainda lle paricía que aqueles dooces xestos e maneiras non lle saían á Mariña tan de dentro como de denantes.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega