AO
chegar aa casa encontrouse Mariña c'unha novedá. Presentáronlle
un lotiño e dentro, acomodadas n-un niño de herba seca unha parexa de
pombas brancas coma as folerpas d'a neve, c'as pernas enliadas c'unhas
cintas vermellas, coma unha rosa ben vermella. Dentro tamén había un
billete co sobre escrito pra ela. Apersurouse á collelo e á abrilo,
pra canto máis que a letra parecíalle conocida, pero n-esto xa estaba
na sua cámara. Abreuno tembrando pol-o medo d'o que lle podía vir alí,
e leyeu o que sigue:
A a señora Mariña, de seu curmán Ramil.
|
Mariña: envíavos
moito saudar vaso curmán Ramil. A miña saúde pol-o d'agora, á Dios
gráceas, é moy boa. Esto en canto ao corpo; en canto aa alma (e Dios
me conserve na sua grácea) vol-o podedes maxinar. O verme entre catro
paredes
[páx. 50]
no-me abate, ni-me acora; antes ver o corpo cautivo como está a
alma non sey que maneira de satisfaución me infunde; porque ao que está
condenado sempre á querervos sin nunca máis podervos amar, non lle
afrixe que a pena que ten alá n-o máis adentro do seu peito, garexe por
todol-os poros do seu corpo.
Coidádeme ben ese par de pombas; así a lo
menos podréi eu fegurarme como vivirán xunt'os os que o mesmo lazo que
os ata, os mantén pra sempre soparados.
Recoméndovos o dador; e pídovos que fiedes d'él
en todo o que vos queira dicir da miña parte.
Noso Señor vos conserve na sua santa grácea,
e á mín me dea, por eso, a de poder vervos logo.Voso curmán, Ramil».
Perguntou Mariña quén trouxera aquelo, e dixéronlle
que fora un mozo que chegara alí aa xuntiña d'a noite, que dicía que
viña de Purtugal, e que trajía un encargo pra a señora Mariña.
Mandou ela que llo fosen catar enseguida, e entramentres púxose á ler
de segundas o billete, parándose como si o fora soletreando. E anque facía todo canto podía pra disimular o que lle
formigaba alá dentro, non poido impidir ao mesmo tempo que daba á a
cabeza, que unha bágoa se lle desprendese
[páx. 51]
d'os ollos. E n-esto xa tiña
diante ao propio de Purtugal. Escomezou de aburalo a perguntas, e él
que era bastante electo e agudo, conforme ela lle iba deixando algún
folgo, foille dando descarte á todo. En resumidas contas, díxolle que
tamén él caera preso n-a batalla e que fora á parar con outros moitos
ao mesmo castelo onde estaba o señor Ramiro; que era criado do señor
Payo Curvo e que xa conocía ao señor Ramiro de vello; que él desde
que se veu preso formara intinción de risparse, pero disimulábao o
mellor que podía; que á os peóns no-nos vixiaban tanto, pero que ao
señor Ramiro e á os demáis cabaleiros non lle largaban pe; que a os
presos, por eso, deixábanos falar uns c'os outros, pol-o cal tivera él
modo de falar c'o señor Ramiro, e d'unhas n'outras descubrirlle o seu pensamento; que estonces o señor
Ramiro dixéralle que lle tiña que facer unha encarga e máis darlle un
billete pra cando chegase o caso; que lle pidira por todol-os Santos que
non lle esquecese, nin podendo deixase de facela; que a encarga era
mercar unha parexa de pombas todas brancas e trajellas á sua mercé c'o
billete que me había de dar; que pra mercar as pombas que lle dera unha
sortella de ouro, que fora o úneco que non lle rapiaron os purtuxeses,
mandándolle que a vendera e que o que sobrase que o gardara pra él.
[páx. 52]
E ao decir esto, meteu á man no seo e d'un
bolso que tiña alá dentro, sacou un pano n-o cal tiña envolvida a
sortella. Sigueu despois o seu conto, porque as perguntas de Mariña non
lle deixaban respiro.
Contou cómo fora engaratuzando á un purtuxés,
facéndose moy seu amigo; cómo se rispara, arrastrándose como unha
cobra; cómo atravesara montes e serras á a media noite por antre os
lobos e feras alimañas; cómo tantas veces pensara deixar os ôsos antre
aqueles penedos; cómo se encomendara a Nosa Señora d'a Pena d'Auga, ao
Santo Apóstolo, á San Payo, á San Lourenzo, pra que o deixasen chegar
con vida á Galicia; cómo por fin chegara sao e salvo, gráceas á
Dios, hastra alí; cómo o señor Ramiro quedaba moy boo, e non sentira
en todo este tempo á menor volta, por máis que estaba degaxando por
sair d'aquela prisón; cómo estaban todos asperando que viñese o señor
Rey D. Afonso á poñerlle guerra á os purtuxeses e darlles unha boa
quenta.
E así foy contando todo de pe á pa, asegún o
iban encamiñando as perguntas de Mariña. Ao cabo presentoulle a
sortella dicíndolle: Faga o favor de gardala pra volverlla ao señor
Ramiro cando veña, que na-suas mans ha d'estar máis segura que n-as miñas.
[páx. 53]
Mariña colleu a sortella e púxose á darlle
voltas e á ensaminala con moita atención. Era de ouro, como xa
dixemos, e n-o frente tiña engastonada unha pedra d'esas que chaman
camafeus e tiña sobrepostas duas capas, a d'abaixo de coor de cereixa,
e a outra de coor así como de leite, c'unha fegura de muller de medio
corpo c'unha gran piocha n-a cabeza.
Inda che vale dixo Mariña sin sacar os ollos
d'ela, hache de valer trinta ou corenta soldos ou máis; pero o mellor
é que a amostres á un oulive pra que a tase, que eu che darey o seu
importe.
A paso! señora Mariña! Noo seer...!
saeu á esto todo atufado Fernando, que así lle chamaban ao mozo. Eu
non vin acó pra que sua mercé me pague o viaxe; eu vin aquí porque así
llo pormetín ao señor Ramiro, e soilo que a morte se puxese por
diante, deixaría eu de cumprir á miña palabra. Bastaba qu'él mo
pidise, pra canto máis estando como está!
E paréceche á ti que o señor Ramiro non
querería recompensarche como é debido tan boa aución?
Eu no-me meto n-eso, métome n-o que pormetín;
e se é boa aución, non quero botal-a á perder por unha manchea de
furricallo.
[páx. 54]
Mariña quedou parada mirando pra él, e logo
como algo ruburizada:
Perdona, Fernando dixo coidey que falaba
c'un patoyo, e vexo qu'estou tratando c'unha alma de tan nobres
sentimentos coma á do máis xentil cabaleiro. Tes razón que as
recompensas do Ceo son máis certas e máis cobizosas que as d'a terra.
Pero por eso penso de mín que non falarey mal, nin tí te asañarás, si
che pido que siquera tomedes unha cunca de caldo e esta noite durmades
á cuberto na miña casa.
Señora, eso é outra cousa. A soberbia en
ninguén está máis mal que n-os probes; e xa que a vosa mercé me quer
favorecer, eu non ey de ser tan cotorro que vaya á repochar o ben que
se me fay.
Co cal Fernando foise á a cuciña pra onde os
criados, e Mariña foy buscar unha xaula pra ter as pombas alí
d'emprestado, entramentras non se lle facía unha boa ao seu gusto.
|