Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 14

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

GANDARÍO


Quero ser, cando medre, Gandarío,

esa aglomeración de converxencias
onde un orballo fértil de inquedanzas

frutifica as ideas.


Quero ser Gandarío,
onde son as pegadas dos camiños

xuventude crisálida.


Quero sentirme dono da palabra,

do cicel e da aixada
que crean Gandarío cada día
e camiñar lizgairo sobre as augas

dos encoros da vida.


En Gandarío, os máxicos solpores

que o serán asolagan de colores,

á parte de poetas,
son, adoito, semente de alboradas.


En Gandarío o aire
ten por átomos pompas de alegría

que estrelecen con luces de utopía

a música da atmósfera.

 

En Gandarío mora
Gandarío-crisol!) un corazón

filosofal e druida.


Un pode, en Gandarío, ser artista

sen ter outra bagaxe que unha ollada

profunda e altruísta.


Un pode, simplemente,
chegar doutra galaxia e ser irmán

irreversiblemente,
ou, tal vez, atopar
o leito, que buscaba, do seu río.


Un pode ser feliz en Gandarío.


Xuño 99


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega