Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 15

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

UNHA MAN DE POETA

 

Que una mano pequeña
brote en la tierra

que sea tu mano esa
la que me siembra.

Fran Roura

 

 

Que unha man de poeta

remova as augas,
que sexa a túa esa

nas celtas praias.


Que unha man de poeta

module o vento,
que sexa a túa esa

sobre o punteiro.


Que unha man de poeta

patrie na terra,
que sexa a túa esa

sementadeira.


Que unha man de poeta

forme unha ara
e colla vellas cinzas

e faga brasas.


Que sexa a túa man esa.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega