Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 2

Páxina Seguinte

Epílogo

RISA DE ANTÍA


OLLOS DE ANTÍA


No ceo dos teus ollos

ríos de sol,
axóuxeres luminosos,

estío mol,
anuncian felicidade

para o avó.


No ceo da túa ollada

dúas estrelas,
unha Ledicia

outra Ilusión,
anuncian porto seguro

para o avó.


No ceo do teu mirar

lúas minguantes,

cortiniñas de roibén,

soños en flor,
anuncian mañás alegres

para o avó.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega