Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 3

Páxina Seguinte

Epílogo

RISA DE ANTÍA


VOZ DE ANTÍA


Suaves plumas de aves

de contrabaixo
feitas de risa e de voz

habitan graves o espazo

que Antía fala.


Rechouchíos de roncón,

ronseis de voz,
son disfraces de palabras

que voan ceibes no espazo

que Antía fala.


Enxame repeniqueiro

fungando voz
é mel de vento nas ondas

de violoncello no espazo

que Antía fala.


Andoriñas rebuldeiras
en primavera;
no bordón da súa voz
dormen as verbas, no espazo

que Antía fala.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega