Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 24

Páxina Seguinte

Epílogo

CACO FÓNICO

¡PÁRATE, MUNDO!

 

Din estas voces de rapaces e rapazas:
"¡Párate, mundo, e recompón a túa andaina!"

Amigo
canta comigo,
xoguemos á revolución
de transformar
en bolboretas as espadas.
 

Afganistán, Iraq, Al Qaida, Palestina,
USA, Israel, ¡canta cordura necesitan!
 

Amigo,
canta comigo,
xoguemos á revolución
de transformar
as escopetas en comida.
 

No corazón dos mandamais que fan as guerras
que repenique o "Nunca Máis" que un pobo berra.


Amigo,
canta comigo,
xoguemos á revolución
de transformar
en caraveis as baionetas.


 

 

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega