Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 25

Páxina Seguinte

Epílogo

CACO FÓNICO

KALUNGA

 

Xa no corazón me funga
un devezo delongado,
habemos de ir a Kalunga
para xunguirnos no arado,
no arado que labra o fado,
e ten que ser o Kalunga
quen nese arado nos xunga.
Habemos de ir a Kalunga.

Nunha noite perfumada
con cheiros de fantasía,
soñamos sermos xugada
que o mestre Américo guía.

Xa no corazón me funga
un devezo delongado.

En campo de bolboretas
debulla a rella do arado
espírito de poetas
e rechouchíos de fado.

Habemos de ir a Kalunga
para xunguirnos no arado.


 

 

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega