Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 6

Páxina Seguinte

Epílogo

COMPAÑEIRA

COMPAÑEIRA


Así,
tan silandeira e solermiñamente
como se espalla a néboa pola veiga,
deitóusenos na vida, compañeira,
este cuarto de século de arelas compartidas
neste anaco de cosmos que somos eu mais ti.

Ti fuches nesta xeira, compañeira,
a néboa e mailo sol que pintan a paisaxe
de cores apagadas
ou pinceladas vivas.

Fuches pálpito máxico que esvara pola alma
bolboretando, e prende
nunha mecha inefable que habita nas entrañas
e estrala polo sangue rosicleres,
aturuxos e lóstregos de vida.

Ti fuches o meu mar:
o faro e mais o vento e mais a onda;
e fuches a roseira
que enarbora unha agulla e unha rosa,
a flor filosofal
que converte o amor en primavera,
o ceo nubento e gris,
o rexurdir
do sol.

Fuches a dura laxe,
e fuches, compañeira, o niño mol.....
Mais eu quero ofrecerche esta homenaxe,
compañeira, por seres nesta xeira
a miña compañeira, compañeira.

 

Gondomar, 13 de Decembro de 1995.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega