A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo IV (p. 65-69)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro204.html
[p. 65]

     Caitano e Martiño son dous tipos moi distintos.
     Caitano é alto moreno, d'ollos grandes, castaños e moi expresivos, e pelo e barba tamén castaños e moi rizos.
     Anque viste con alegancia, porque se lle axeita todo moi ben, non ten pasión por gastar en vistidos pr'andar á moda. Máis ben se nota algun qu'outro dia descoido na limpeza da roupa, como si non se acordara d'escubillala.
     As principais aficiós que ten son os libros, a música y-a pintura.
     O seu carto teno cheo de libros por todol-os cantos y a sua mesa é un revoltixo de papés e libros que solo él o entende, e que non permite á patroa que llo amañe, porque según él di, si lle andan arregrando a mesa todo llo descompoñen.
     O seu instrumento è o piano qu'o deprendeu dende pequeno e que toca moi ben, pró por eso na alcoba ten unha guitarra, que de vez en cando puntea e lle sirve pra acompañarse, cando está de bon humor, bonitas cántigas que sabe cantar moi ben e con voz moi dôce e ben timbrada.
     Tamén se ven no seu carto cadros a o oleo y-acuarelas, feitas por él nos ratos de vagar.
     A pesar de todas estas distrauciós é nas crases

[p. 66]

un dos millores estudiantes y-os mayestros trátano con moito cariño como si fora un amigo.
     Adiquiriu fama de valente dend'o pirmeiro ano d'estudio en Madrid, porque ó principio efeuto do seu caracter, quixérono tomar de chacota os compañeiros.
     Caitano ten caraute franco, comunicativo y-o mesmo tempo, efeuto do fondo, é sinxelo nos seus pensamentos.
     Un dia fixéronlle burla do acento gallego que tiña ó falar y-encolleuse d'hombros; outro dia sacáronll'a conversaceón dos gallegos, falando mal d'eles, e tamén calou por non armar quimeria, e como notasen que poucas veces s'enfadaba tomando a chanza cantas indireutas máis ou ménos bulronas lle botaban, tomaron por cobardía aquela autitú, porque como era xa un dos millores estudiantes non podian tel-o por burro.
     E xeneral qu'os gallegos sean refreusivos e non sean provocadores, parecendo a veces cobardes, cando non son mais que prudentes, resisitindo os impulsos d'armar camorra, por pensar nos resultados unhas veces, e outras por dar por feito que non vale a pena o andar á paus, por cousas tan pequenas como as que acostuman a originar as custiós entre rapaces.
     Pró un dia non estaba Caitano de bon xenio. Atopábase n'un corro de compañeiros e sacaron a custión de Galicia, falando mal d'ela. Non habia ali mais gallego qu'il e repricoulles.
     —Falais mal da miña terra porque non a conoceis.
     Namentras falasteis mal dos gallegos, tomeino a broma porque ben sabedes que no mesmo Madrid hay eminencias gallegas  de pirmeiro orde.
     —E qu'o gallego que sal listo sal de verdá.

[p. 67]

     —Eso é outra preocupaceón d'os enfatuados que non son gallegos. En Galicia, como en todas partes, hainos burros e listos, pró si se estudia esa gran masa que chaman vulgo, ou pobo, composta de labradores e obreiros, e se compara co-a das mais rexiós d'España, hase de ver que en Galicia está mais ilustrada, e que se poden escoller n'ela mais homes de talento natural craro, por término medio,
     —Pois non tes pouca pretensión, dixo outro en son de mofa.
     —Digo a verdá y-é unha estupidez falar d'aquelo que non se conoce, por eso vos consinto que faledes de min xusgándome asina ou asado, porque me importa pouco o voso xuiceo; pero d'hoxe endiante non lle consinto a naide, que non dese probas d'haber visto a Galicia qu'a xuzque mofándose d'ela.
     —¿E que ll'has de facer ó atrevido?
     —Por de pronto andarlle co-as maus na cara e dempois correrlle todo o corpo si non bota a fuxir.
     Asi deprendereille crianza pra outra vez.
     —¡Anda valente!
     —Este valente desfaiche os morros e tí e a calquera que valla mais qu'a ti, e que queira probalo.
     —¿A min?
     —Agora mesmo.
     E dicindo e facendo foise cara a él ardendo co-a carraxe e deulle dous bofetós que s'oiron de moi lonxe.
     Trabaron unha loita desesperada.
     O pirmeiro ímpetu dos compañeiros foi separalos, pero entrambos berraban: ¡Deixádenos!
     E soparárons'en corro siguindo as fases da

[p. 68]

loita y esperando en que Caitano salise vencido, porque o outro tiña fama de matón e non pensaban qu'oubera quen lle metese mau.
     O contrincante de Caitano era corpudo, algo mais vello e tiña cara de poucos amigos.
     Vendo que Caitano pegaba forte e con moita lixeireza, tratou de pillalo y amarrarll'os brazos.
     Estonces comenzou unha loita corpo a corpo terrible na que cada un trataba de ceibar un brazo pra arrear donde cadrase, porque xa entrambos estaban cegos.
     Caitano non podia desprenderse d'os nervudos brazos do outro, parecia que levaba a pior parte. O contrario trataba de tumbalo no chan e parece que cada vez ll'era mais doado, pois d-unha estivo pra caer.
     Folguexaban feramente e pol a cara d'entrambos corria o sudor mezcrado co-a sangre.
     De pronto caeron o chau.
     Unha escramaceón saliu de todol-os presentes que se botaron de contado a desaprilos.
     Caitano caera por encima e desprendéndose lixeiro púxolle unha rodilla na boca do estómago ó outro, que rabioso loitaba por erguerse e díxolle
     —Mófate agora.
     D'aquela soparáronos us e outros dicindo:
     —Basta. Loitastes como dous valentes, pero hay que darlle a noraboa a Caitano.
     —Esto ten que festexarse, que se dean as maus e que o vitorioso convide.
     —Non hay inconveniente, dixo Caitano, limpando a cara. Solo me propoñia aprenderlle a ese a respetar ós mais e que é moito máis doado do que pensaba encontrar co-a forma do zapato.
     —Outro dia nos veremos, dixo o outro limpando a sangre qu'inda lle corria pol-os fociños.

[p. 69]

     —¡Que outro dia! Agora mesmo os dades a mau y-almorzar todos xuntos como bos amigos, que paga Caitano.
     —Si por certo.
     —Pois a latar, a latar.
     E medio ás reboladas foran levando ó contrincante de Caitano dempois de facerlle dar á mau alí mesmo; dirixindose en medio d'unha grande alegria a bon paso a un dos restaurás de Madrid.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega