A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo VI (p. 77-81)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro206.html
[p. 77]

     Panchiña é unha cubana de dazanove anos, d'ollos grandes, negros como ala de corvo e moi churrusqueiros, pelo da mesma coor e tod'él rizadiño qu dá xenio velo, delgada de carnes e c'unha cintura que s'abrangue entr'o pulgar y o indice d'entrambas maus e qu'agracea o seu corpo tan direito com'on fuso.
     Ecomasi non tiña vanidá ningunha y-era moi formal gustándolle pouco as foliadas.
     Seu pai era un astureano natural de Xixón que foi a Cuba probe y-a forza de traballo e privaciós chegou a xuntar un pequeno capital, qu'agrandou casandose ali c'unha muller rica. Endemal morreulle a parenta ós cinc'anos de casado, deixándolle esta filla de pouco máis de tres.
    As lembranzas da muller a quen quixera moito, fixéronlle pensar en largarse d'aquel país e virse pra terra.
     Vendeu todo ó qu'ali tiña, e chegou a Xixón que millorara moito dende que d'el salira, pró a sua casarella atopouna como a deixara.
     Inda vivia sua mai e un hirmau, que quedara casado na casa co a sua familea.
     El foise vivir a unha fonda e mercou as terras qu'habia a carón da casupa en que nacera, qu'era

[p. 78]

preto de Somió, co gallo de facer unha casa en que poidese él vivir co-a sua filla.
     Fixo alí unha casa a catr'augas; arrodeada de xardís, con todal-as comodidás pol-a nova, que lle custou unha boa contiña,
     Vai boa, tiña ferro pra todo.
     Endeben vivialle sua mai e por mor de que non lle faltase nada, levouna ond'asi, e deull'os millores cartos da casa.
     Solo viviu co-a mai, media ducia d'anos, ó cabo d'os que tivo a disgracia de vel-a morrer.
     A nena iba xa grandotiña e por mor d'aducala ben, determinou vivir en Madrid deixando a casa ó coidado de seu hirmau.
     A nena nunca tivo robustede: moitas veces pensou que non subia ô poleiro, pois sempre foi unha pitisqueira pra comer.
     Ecomasó non-a criou mimosa, e zorregáballe cando cadraba, anque con dôr do corazón, porque decia de cote, que mais axiña queria vela morta que mal aducada, porque cavilaba qu'os fillos que se crian solos, si se lles dá moito mimo, dempois non hay quen os traiga ó rego e rinse de seus pais, facendo que estos paguen con moitas vagoas e rabechas e deixalos vivir consentidos e mixiriqueiros, por medo a que sendo endebles pódelles facer mal o castigo.
     Por eso Panchiña anque era adivertida, non estaba afeita a esos pucheiros, remilgos e mixiricadas das nenas do seu tempo, que foron criadas o pé de suas mais.
     En verbo de traballar era moi afanadora, non podia ver ás criadas qu'eran fozonas e parecia mentira qu'aquela rapariga tivese miaxa de sangre cubana.
     Por qu'as mulleres cubanas teñen sona de ser

[p. 79]

moi langranas e de gustarlles máis a hamaca qu'o traballo.
     Pró de pequeniño s'aguza o espiño, e viu de cote o exempro de seu pai que todol-os dias s'erguia cediño pra adicarse os seus negocios, e que sempre percurou que non estivese folgada, fora das horas que tiña pra sair de paseo ou pra adivertirse na casa.
     Deste xeito Pancha toca o piano, pinta e borda moi ben, e sabe falar francés e ingrés, que lle deprendeu unha istitutriz francesa qu'inda hoxe vive co-ela, e que s'encargou da sua aducación ós poucos meses de chegar de pirmeiro a Madrid.
     Cando conoceu a Martiño era unha nena. Non tiña mais que quince anos.
     El xa xogara y-estudiaba ainda segundo ano de meiciña, pró xa era moi aporveitado en pintal-a mona, e tiña moi deprendido o libro das corenta follas.
     Panchiña non tardou en namorarse d'il como unha tola.
     A o pirmeiro anque a istitutriz o notou non lle fixo caso, cavilando qu'era un pasatempo, e sin recear nada a o ver tan ben vistido e tan fino a Martiño, inxente de que sabia qu'era estudiante de meiciña e fillo d'un médeco.
     Ecomasi non deixaba d'aconsellarlle a miudo que non se namorase e que s'adivirtise, porque non conviña compormeter o corazón pra ser máis feliz, gozar máis e s'a mau ben, ser dona de si mesma pra deixalo o dia que non covise.
     Pró o demo do amor foi enguerellando, enguerellando a meada de tal xeito, que cando se porcatou xa non via por outro ollo no mundo que

[p. 80]

pol-o seu Martiño, única iluseón pra quen vivia de dia e con quen soñaba de noite.
     Tiña no seu corazón pra él feito un altar pr'adoralo, e d'ali naide o tumbaba, resisitindo as papelicadas, envexas y-o qu'e pior á guerra que por postre tiña a diario con seu pai.
     Pró o ver a Martiño con Adelaira, e ver pol-os seus propeos ollos as festas qu'ó subir lle fixo, como si dous casados s'atoparan dempois de moito tempo de non verse, aquelo esbandallóu o idolo no mesmo altar que lle sirvia de trono pra mandar, y encheu o valeiro corazón co-as vagullas amargas dos seus ollos, pra afogar n'eles un amor qu'a facia tan desgraceada por haber fiado tanto d'il.
     Nin de mautenta s'houbera buscado millor remedio pra que poidera olvidar a aquel home.
     A istitutriz, que de paso diremos que se chama Irma, atopouna chorando a fiu.
     Toda congoxosa perguntoulle o que lle pasaba, e Panchiña dempois de botarse nos seus brazos contoulle todo canto vira e canto lle dixera a sua amiga Bastiana.
     —Vaites, vaites, miña meniña! Eso non debe d'extrañarte; e si non houberas estado tan cega e si non foras tan mal guiada, xa fai tempo que seguiras os consellos meus e os de teu pai, e outro galo che cantara. Mal que ben foi millor asi, porque te desengañache por ti mesma y esas vagoas hante de curar.
     —Diol-o queira Irma.
     —¡Cántas veces ch'eu dixen qu'olvidaras desque soupen qu'era un xogador! ¡Cántas che dixen que ch'habian de pesar estes amores! Si d'aquela foras guiada xa estarias agora en relaciós con algún dos moitos que che fan a rosca do

[p. 81]

galo, que ben sabes qu'os hay d moita conta. ¿canto máis filiz serías agora?
     —Canté. ¡Pero quen ó soupera d'aquela!
     —Non era d'esperar outra cousa de ese vicioso.
     —Pois ben; esto acabou pra sempre jamáis.
     —Asina ó espero.
     —Ora traime do escritorio do pai un sobre dos grandes, qu'os debe ter no cartafol, namentras busco o seu retrato que se m'olvidara.
     Non quero ter nada d'il.
     —Aqui está: dixo Irma volvendo.
     —Ben; pois agora ti mesma levas todo esto que vai drento do sobre, que son todol-os recordos que teño d'il, e daslllo a él mesmo en troques das miñas cartas e retrato.
     —Descoide qu'asi o farei, dixo Irma o marcharse, pró antes de cerral-a porta botoulle unha ollada, e limpando unha vagoa que lle fixera sair á ver tan esconsolada a siñorita, iba mascullando.
     —¡Malpocado! ¡Qué pesar ten! Malia a quen se namora dos homes que non saben querer.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega