A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo VIII (p. 91-97)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro208.html

[p. 91]

     Irma saliu co-as cartas e o retrato de Martiño pra darllas na propea mau, según ll'encargou Panchiña, e iba pensando pol-o camiño que seria unha lastimidá non atopalo na casa; pró levaba mentres de buscalo, anque pra eso tivera qu'ir chamar á mesma porta d'Adelaira.
     Apertou o paso canto puido e non perdeu o tempo, pois inda ben non entrou no portal viuno baixando os últimos pasos d'escaleira, atusando o bigote e mal humorado.
     —Bos dias siñorito.
     —Santos e bos Irma, ¿que milagro por aqui?
     —Veño a rogarlle de parte da siñorita que me dea todo ó que ten d'ela en troques d'este paquete que me deu pra vostede.
     —Pois dácamo logo.
     —Perdone; pró ten qu'entregarme denantes o retrato da siñorita.
     —Levo moita presa, ¿non poderias volver á outra hora?
     —Siñor agora xa estamos aqui; agradecerialle moito que non me fixese volver.
     —Quixera falar antes co a siñorita, que a deberon engañar con papelicadas cando fai ó que fai pois eu queroa moito.

[p. 92]

     —Penso pra min que perde o tempo, porque teño entendido qu'endemal ela mesma o viu co-a outra novia da calle do Lobo. Así que está furiosa contra vostede e pol-o d'agora non adiantará nada.
     —¿Non poderias facer ti algo?
     —Non sei: penso que non.
     —Pormétoche deixar á esoutra y-ademáis dareiche mil pesetas si a calmas e fas que volva a poñerse en amores comigo.
     —¿Quén sabe? Eu farei ó que poida por vosté, pero agora teño que levar eso, porque sinón é capaz de recear de min e dempois hastra non poderei axudalo.
Martiño quedou un pouco caviloso poñendo un dedo no queixelo, como si estivera tendo conta de qu'a cabeza non baixase máis.
     —¿Axudarásme? dixo por remate.
     —Xa ó sabe, n'aquelo que poida, pois eu ó que quero é qu'a miña siñorita sea feliz.
     Martiño non entendeu estas palabras.
     Enton sintiase amocado porque temia xogar e perder o amor de Pancha, e coidou qu'a Irma inda conservaba a espranza de qu'el poidese facela feliz.
     De pirmeiro déralle boas propinas: dempois cando non ll'as adimitía coidaba qu'era porque a siñorita non lle deixaba, pró agora ¿quén sabe si aquel ofrecemento a poñia da sua parte?
     —Xa que prometes axudarme, agarda logo, dixo ó cabo Martiño, subindo de presa as escaleiras.
     —¡Mal pocadiño! quedou Irma dicindo. Estás fresco. Inda toupes antes de volvela a engañar.
     Non tardou en baixar Martiño.

[p. 93]

     Traguia na mau un paquete moi envolto con cintas de seda rubia, que lle deu á Irma, trocándollo pol-o qu'ela levara pr'él.
     —¿Cando nos volveremos a ver? lle perguntou Martiño.
     —Deica qu'eu non teña algunha boa nova que darlle, non s'apure. Daquela xa ó buscarei. Onde non elle tempo perdido, porque a siñorita está moi enrabechada e penso que tarde lle ha de pasar.
     —Pró si me quixo como eu penso, ¿cómo pode olvidarme así n'un dia?
     —Ela queriao com'as meniñas dos ollos. Pró foi moi gorda a que lle fixo; e pois. Conózolla moito, e cavilo que d'eiquí endiante vaino aborrecer tanto como denantes ó quixo.
     —Xa o veremos. Como ti m'axudes algo, inda podo facer que volva á falar comigo.
     —Hastr'a vista siñorito.
     —Hastra logo amiga Irma.
     Esta colleu cara a casa e nosoutros imonos tras de Martiño.
     D'esta vez non iba cara á calle do Lobo.
     —Vou á Fornos á ver s'están eses, dixo.
     En dous brincos púxose na calle d'Alcalá.
     A-o entrar no café de Fornos foise direito á unha mesa, na que se sentou dicindo:
     —Inda non chegaron. ¿Que lles pasaria?
     Non tardou en chegar o mozo co serviceo do café, qu'ó puxo sobre da mesa, coma quen xa está afeito a servir ó mesmo todol os dias. Logo veu outro á votarlle café e largou de cara. Entón o pirmeiro, poñendo as duas maus sobre da mesa, incrinou o corpo pra poñer a sua cara máis preto da de Martiño, e medio caladamente díxolle:
     —Aqui ó estiveron esperando unha chea de tempo D. Freitoso e D. Ventura, e como viron

[p. 94]

que tardaba, marcharon encargándome que lle dixese, si viña, qu'esperaban por vostede na casa do Garduña.
     —Ben. Toma, dixo Martiño, largando unha peseta, garda ó que sobra.
     E mentras apurou o café de dos tragos, o mozo meteu a peseta na faltriqueira c'unha mau, namentras que co-a outra facía que limpaba a mesa c'un molido, dicindo finamente:
     —Gracias.
     Martiño votouse pol-a calle de Peligros e non tardou en chegar á de San Miguel qu'era donde vivia o Garduña.
     A casa en qu'entrou era de pouca facha. Tiña o portal y as escaleiras moi estreitas.
     Subiu ó terceiro piso, chamou, e logo ll'abriu unha vella torta, dempois de velo por un ventanuco.
     —Pase vostede siñorito, estáno agardando.
     Dempois d'andar por un pasillo bastante escuro, abriu unha porta que daba entrada á un carto bastante ben alaxado. N'un dos recantos había unha porta tapada por unha cortina.
     Deu n'ela catro petos moi de presa e dempois opertou un dos adornos qu'habia acarón do martelo.
Sintiuse drento un timbre e logo veu un home á abrir.
     —O que tardache hoxe, dixo, xa pensamos que non viñas.
     Entrou nunha habitación, no medio da qu'habia unha mesa cuberta de pano verde e sobre d'ela moitas moedas de prata en montós e algús paquetes de billetes de Banco.
     Acarón da mesa estaban cinco homes.

[p. 95]

     —¿Non sabias qu'era hoxe balance? dixo un d'eles.
     —Vaites, vaites, parece qu'estades de mal humor.
     Cando nou viñen antes foi que non puiden.
     —¿Pasouch'algo?
     —Rifei co-a novia.
     —¿Con Adelaira?
     —Non, co-a outra; co-a cubana.
     —E que tal, déixala ben aducada, dixo un.
     —Oiga: o qu'aquí se mofe do seu nome féndoll'á lengoa.
     —Non che dá pouco forte.
     —Vamos a o qu'importa.
     —Pois ó qu'importa pra que che saque ese mal humor é qu'este mes foi bon.
     —¿Que tocan? Perguntou Martiño.
     —Tócanos a dous mil pesos por barba, e cada un deixa mil pesos pr'aumento do capital de fondo.
     —¿Quén acordou eso?
     —Acabámolo d'acordar os cinco.
     —Está ben. ¿Donde me toca hoxe?
     —Aqui, de doce á duas da mañá.
     —Quen m'acompaña.
     —Freitoso e o Garduña.
     —Ora veñan logo esos cartos, que teño esta tarde moito que facer.
     —Chico, como te puxo a novia, nin o ganar te pon ledo.
     —Penso qu'á quero máis agora, porqu'ela me deixa.
     Todos votaron unha carcaxada, porque ningún lle deu sorte, pensando que falaba de bulra.
     —Con esas dez mil pesetas tes pra mercar media ducea de novias, dixo Ventura.

[p. 96]

     —Adios amigos, voume porque non quero reñer tamén con vosoutros.
     —Hastr'á noite.
     —Si d'aqui á noite te cansas tamén da outra, avisa.
     Martiño votou pra fora sin dicir palabra.
     As sátiras dos seus compañeiros magoábano na y-alma.
     Había unha gran distinción, xa de nacencia, entr'ó amor que lle tiña á Panchiña y-a afición que sentia por Adelaira.
     —Panchiña viñalle á encher unha necesidá do espritu. Adelaira apasionabao pol-a escitación que na y-alma produce a funcionalidad orgánica.
     O pirmeiro enche a y-alma de tal xeito que non cabe máis n'ela e chega á absorber todol-os demáis sentimentos, o segundo está na ilusión solo de pasada.
     O pirmeiro deixa sempre marcas na y-alma.
     O segundo seméllase algo á unha sala d'espera d'unha estación de ferrocarril, donde á cada viaxe remúdans'os viaxeiros sin que deixen siñal dos qu'antes estiveran.
     Pra Martiño o amor de Panchiña non tiña nada que ver co d'Adelaira, y ô ver confundidos pol-os compañeiros aqueles dous sentimentos, avergonzouse y-encheuse máis de pena, porque lle fixeron porcatarse de que ningún d'eles ô supoñia con bastante virtú pra sentir amor puro, porque entr'ó vicio non pode frorecer a virtú.
     —Teñen razón, dixo baixando as escaleiras. Son un miserable!
     E seguia car'á casa cavilando, sin mirar pra naide.
     —¡Hou! S'ela me volve á querer nunca terá outra queixa de min. Denantes pareciame que

[p. 97]

non-a quería tanto, pró agora este remolo que m'abrasa no peito, ben me di que teño agarrado o seu amor no corazón e non será doado olvidala.Tronarei con Adelaira. Agora teño diñeiro e dareilles algo pra que busquen un modo de ganal-o pan por si solas. ¿Quén sabe? Dempois que Panchiña vexa qu'a quero á ela namais, poida que me perdone y-entón estudiarei, acabarei a carreira, solo pra casarme pronto co-ela.
     Pró ¿cómo esculcaria donde vive Adelaira, tan lonxe como están as casa d'unha e da outra? Son o demo as mulleres. O que pensa engañalas perd'o tempo, pró d'esta feita sirvirame de leución pra non volver a fiarme de ningunha perdida, por moito que m'atente o demo.
     E dicindo esto subía as escaleiras da sua casa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega