A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XVI (p. 141-146)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro216.html

[p. 141]

     Acórdome ben que foi pol o antroido a mesma tarde de xoves de compadres.
     N'un mesmo tranvia subían a calle de Fuencarral Caitano e Martiño.
     Entrambos se baixaron na grorieta de Bilbao qu'era onde vivia Panchiña.
     Caitano mirouno y-anque deseaba collelo por banda, e ll'estaba fervendo á sangue por agarrarse co él, lembrouse da pormesa que lle dera á Panchiña e quixo saber si facia co-él algo por boas.
     Cadrouse diante d'il, saludouno é dixolle:
     —Siñor: vostede perdone, teño que falar con vosté duas palabriñas.
     —Vosté dirá, lle dixo Martiño, receando que aquelo iba acabar mal.
     —Deseo saber si lle fai o amor á Panchiña.
     —Y-a osté que ll'importa.
     —Poida que si, e pídolle de favor que me responda ó que lle perguntei.
     —Martiño qu'estaba afeito á que naide lle piase á o ver a postura resolta de Caitano, mirouno de pés á cabeza, cos nervos xa un pouco alborotados e medio enfurruñado repricoulle.
     —Pois si vosté non me dá outra razón non teño porqué contestarlle.

[p. 142]

     —A razón é qu'é miña novia, e por sinon o sabe dígollo, pra que non se canse en andala siguindo.
     —Pois á eso respondo eu, que non teño porqué dar a naide satisfaución dos meus feitos, e que cada un pode andar por onde lle da á gana.
     —Eso pouquiño á pouco, porque si eu me porcato de que vosté sigue á Panchiña, dempois do falado, teremos os dous un disgusto.
     —De veras, respondeulle Martiño, así como facendo a xeta d'él.
     —E fareille tocar o pindin, non sendo que voste se veña ás boas e se convenza de que lle fai mal á Panchiña o velo á vosté diante.
     —E vosté moi pouco pr'eso.
     Caitano non deu outra fala, arremangou a mau e cascoull'unha morrada como pra si solo. Martiño defendeuse o mais que puido pro levou unha tolena que se lle pod'acordar. Val Dios qu'acudiu a xent'a desapartilos y-a liorta parou logo.
     —Xa nos veremos onde se ven os homes.
     —Ben, ben: acórdese do que lle dixen, onde non teña conta do que lle veña.
     Armouse un corro ali que Dios nos valla; viñeron os policias , pro o saber qu'eran dous siñoritos que se cascaran por custión d'amores, non lle deron valor.
     Caitano subiu à cas da novia e Martiño quedouse por ali disposto a esculcar onde vivía o outro pra mandarlle os padriños.
     A o pouco tempo tiña varios amigos arredor d'él ós que lle contaba o caso ô seu modo, y-endeben algús conocian a Caitano e dixeronlle onde vivía.
     Xa non quixo saber mais e botou calle abaixo en busca d'amigos, que soupesen as leises qu'al-

[p. 143]

gús lle puxeron ô qu'entenden por honor, pra que poideran ser padriños no desafio que cavilaba con Caitano.
     Como xa dixemos, Locaya estivo vendo todo desd'unha tenda das últimas casas da calle de Fuecarral. Sabe Diol-o que pasou a probe nos pirmeiros prontos.
     Pol-o que decían de quen lles oira a disputa, soubo Locaya que Caitano era amigo de Panchiña e qu'esta non podia ver á Martiño.
     En canto chegou â casa, contoulle Locaya todo o que pasara a sua mai, y-o mal parado que deixaron á Martiño.
     —¡Demo non fales! dixo a mai.
     —En xamais da vida pensei ver outra tal, porque din que Martiño é moi valente e que naide lle fai cara.
     —Algunha vez habia d'atopar co-a forma do zapato, poida que lle veña ben, qu'asi amansará algo e non che dará a ti disgustos por armar quimereas.
     —Pró eu penso qu'ese home m'está engañando e vou á tomar á dianteira, mandando ó rollo. ¿Cómo m'ha de querer á min mirando pra outra?
     —Ten pacencia, nena, ten pacencia, Os homes sonche todos do coiro do trasgo e hay que agoantar moito pra facelos vir ô rego; pero tendo arte e pacencia cuasque sempre van caendo à miñoca.
     —Ben, pois eu non podo agoantar que mire pra outra namentras diante min parece qu'está tolo d'amor, canto máis qu'empezo á querelo porqu'é moi gasalleiro e moi listo.
     —Pois sinon vareas de modo de pensar, vas á tardar en casarte, porqu'eses fumes podenos tel-as ricas, pró unha probe pra pillar un rapaz de ca-

[p. 144]

rreira como Martiño, ten que pasar por moitas e facer como que non-as entende. As de saber qu'inda os homes casados miran de boa gana pras nenas bonitas e debécense por elas, pra canto mais un rapaz novo e solteiro.
     —Si n'é il, outro será, hastr'o d'agora son moi nova, e pra casarme c'un calavera com'il sempre teño tempo. Unha modista qu'estaba no comercio desd'onde eu vin todo, dixo qu'hastra fai pouco tempo estuvo querendo a unha amiga sua, e que gastaba moito co-ela, e qu'era moi amigo d'as rapazas.
     —Tamén ó era seu pai cando me fixo o amor à min, ou po-lo menos asi o dician, e eu non lle quixen dar sorte por eso, o conto é que dempois fixo un gran casado, quixo moito á sua muller e ganou pra facer duas casas, cuya renta ll'abondaría ben pra vivir en grande sinon quixera traballar; pró é asi, dixo a mai de Locaya cerrando o puño.
     —Pois po-lo visto todo o que ten o pai d'apretado teno o fillo d'espréndido.
     —Fai ben, por non ser asi teu pai, mira o que nos deixou. Gracias ô qu'eu tiña y-a viudedá, sinon il, Dios lle perdone, pró todo o convertía en licores y-en enchedelas.
     —Eu non m'acordo ben d'il.
     —Eras moi pequerrechiña cando morreu. Non lle puido o corpo co-a augardente y-arrimouselle a o fígado e morreu moi novo, pró Dios teña en desconto dos meus pecados o que me fixo pasar , qu'él ben pagou as que fixo n'este mundo co-a enfermedá que colleu pol-a sua mau.
     —¡Probiño! logo pasou moito.
     —Queira Dios que ningún cristiano sufra o qu'il pasou n'aquela cama. O mal duroulle inda

[p. 145]

ben tempo e graceas a qu'habia algús anos que eu viña aforrando algo todol os dias, sin sabelo teu pai, que sinón, non sei como m'habia d'apañar, porqu'a paga non chegaba a un dente pra médicos e meiciñas. Si me pesara tanto d'ofender á Dios, como das buticadas que lle deixei meter n'aquel corpo... porque nunca se viu nin miaxa d'adianto, e seica inda lle pudriron mais os libianos, porque morrer morreu mesmo qu'afogando.
     —O vicio da bebida non o ten Martiño.
     —Pois seica ch'é o pior, pois do xogo poida qu'inda chegues á quitalo, pró da bebida penso que non é posibre; porque mais qu'eu fixen non-o pode facer naide.
     Nesto entrou unha criada dicindo.
     —Señora: o siñorito Isabelo.
     Pararon de falar e logo entrou un filipino que era o novio d'outra hirmá, qu'as viña a convidar pra ir d'ali á dous dias á merendar ós Viveiros.
     Logo achegouse á Locaya e díxole pol-o baixo.
     —Tamen irá Martiño.
     —¿Cando ó convidou?
     —Onte. Conque animese osté.
     —Por animada: pró extrañame moito que Martiño non me dixese inda nada d'eso.
     —Supoño qu'agora logo chegará.
     —Pouco debe tardar, dixo Locaya abrindo a ventana e quedándose n'ela mirando pra fora.
     O cabo d'us cantos minutos apareceu outra vez a criada que traguía unha carta pra Locaya.
     —E d'il, dixo rompendo o sobre.
     Drento había unha tarxeta de Martiño, na que lle decía:

[p. 146]

     «Quiridísima Locaya: asuntos de gran importancia impídenme, con gran sentimento non poder acompañarte esta tarde.
     Adórate o teu sempre apasionado
Martiño López»

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega