A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XVII (p. 147-152)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro217.html

[p. 147]

     Saliu caitano de cas de Panchiña cando iban a cenar y-en dous brincos púxose na calle do carmen con ánimo de facel-o mesmo.
     Cando entrou na casa dixolle a pousadeira:
     —Ah! viñeron dous siñores á perguntar por vosté e dixeron que logo volverian.
     —¿Non deixaron tarxetas?
     —Si señor. Ali llas puxen encima do seu prato.
     —Vamos á ver logo: D. Honorato Bravo de Luna, dixo lendo unha das tarxetas. Non-o conozo veremos estoutra, D. León Iscariote de Belén, capitán d'infanteria. Pois tampouco o conozo, dixo, e púxos'a comer.
     Cando estaba arrematando, viñéronll'anunciar qu'estaban ali aqueles siñores.
     —Que pasen á o meu carto, que logo vou.
     A o pouco tempo estaba ond'eles.
     Dempois d'os saludos e ceremonias qu'hai que facer pra poder dicil'o que se quer falar ô pirmeiro d'unha visita, tomou a palabra D. Honorato, dicindo.
     —Sentimos moito vir á incomodalo d'estora, pró D. Martiño López, con quen vosté tivo un disgraciado tropezo esta tarde, deunos o encargo

[p. 148]

de que viñésemos poñernos á sua disposición, pra que nos indique dous amigos con quen entendernos, por mor d'arregrar o asunto por medio das armas.
     —Siñores, teño moitísimo gusto en que vostedes viñesen á honral'a miña casa, pró debo manifestarlles, qu'eu non deprendin á manexar máis armas qu'a moca ou o bastón y os puños, por eso escusamos de naide pr'arregrar o asunto. Porque sin mais voltas poden dicirlle á Martiño, que d'esas armas escolla a que quixer. E tamén lle poden decir que no tocantes á min, eu estou satisfeito e qu'escusamos de nada s'il deixa de molestar â que hoxe é miña novia, e de monearse comigo.
     —Pró eso non pode ser: hay que suxetarse ás leises do honor. O noso apadriñado é o ofendido e ten direito a escoller as armas, dixo o siñor Iscariote.
     —Vamos á contas. O ofendido son eu, porque s'il non m'ofendera pirmeiro eu non lle houbera dado na cara.
     —Pró vosté inxuriouno con ese feito, e como ten máis direito n'este caso o inxuriado qu'o ofendido, según o Código do honor, nosoutros non podemos ceder da razón y-o direi o qu'asiste o noso amigo, dixo D. Honorato.
     —Siñores, repricou Caitano, pr'acabar d'unha vez e con premiso de vostés, a min paréceme unha cousa moi ridícula, xa que non criminal a custión do duelo e inda moito máis estrafalarias as leises que ten, co nome de Código do honor.
     —E moi extraño que pense asi un home da boa nota de vosté como ilustrado e de craro entendemento: si non-o molestamos, escoitariamos con gusto algunha das razós que ten en contra

[p. 149]

d'unha práutica adimitida por todol-os homes da boa sociedá, que non queren pasar por cobardes ou por despreciables, dixo o Sr. Iscariote.
     —Teño n'eso especial agrado e no tocantes á o conceuto que poida darlles esa cras da sociedá, ós que non queiran batirse pol-o seu reglamento, tenme sin coidado, por qu'eu non lle teño medo a ninguén, e sempre estou disposto á darme de morrazos on calquera, sin outras leises qu'as que no momento dite o xenio, a carraxe ou a habilidad de cada quisque. E inda mais, gábome de poder mau a mau con calquera dos que s'estrevan á poñer en duda o meu valor, ou me falte d'algunha maneira que me pareza ofensiva á miña honoridad.
     —Non dudamos de que vosté sea todo un caballero, pró como comprenderá moi ben, non todol-os homes teñen iguales forcias pra batirse corpo á corpo e puño á puño, ou a paus como vosté di. D'esa maneira o mais endebre, anque fose ofendido pol-o mais forte, non poderia aceutar a loita, por ser desigoal.
     —¡Ai logo ben! están vostés dándome toda a razon en contra do duelo.
     —¿Como é eso si co-as armas s'igoala todo?
     No derradeiro caso, a pistola sempre pon ós loitantes en igoales condiciós.
     —Non hay tal, dixo Caitano, co-as armas non s'igoala nada. Ainda supoñendo qu'ese falso conceuto do honor, impuxese á todol-os homes o deber de prauticar cuidadosamente a esgrima, como un dos principás elementos d'aducaceón, sempre resultaria qu'os homes non poderian loitar en igoales condiciós, porque as autitudes individuales non son as mesmas en todos; porque as condiciós orgánicas de resistencia son moi diferentes, e

[p. 150]

porque non haberia maneira de igoalar na maor parte dos casos , as condiciós do duelo; resultando por este motivo qu'o ofendido a pesar do direito que ten pra escoller a arma, levase por forcia a pior parte, saindo dempois de burro apaleado.
     Ahí teñen pol-o que non deprendin a esgrima, nin como exercicio xinnástico, porque non conduce na vida á nada máis, qu'a meter na cabeza d'algús ilusos e obsesados unha idea altamente romántica y-aquivocada do honor.
     —¿Cómo aquivocada? dixo D. Honorato.
     —Chamo aquivocada, porque pra min pouca estima debe ter un honor que se recobra en canto se poñen d'acordo os padriños por medio d'unha auta, ou tan presto se dan unhos lampreazos c'un sable; ou dempois de meterll'a espada no corpo anque sea ó mesmo ofendido; ou asina que se cruzan duas balas, e todo esto fora de tempo, cando están calmadol-os ánemos, suxetándose á unhas leises que son un despropósito y á unhas costumes sumamente caprichosas.
     As ofensas y-as inxurias debe castigalas no auto a persona ofendida, según podia, e si non é bastante valente pra elo, debe deixar esa misión ós tribunás de xusticia, qu'anque teñen un procedemento moi lento, sempre son máis razonables qu'o que un suxeito distinto do ofendido poida batirse por él, e que porque a mereceu n'aquel auto, sea condenado á batirse á outrance, como quen di a morte, e teña que pasar por cobarde, ou por mal caballero, si non transixe con espoñerse á morrer por haber dado unha bofetada, ou un bastonazo, n'un momento d'ira ou de mal xenio, causado por unha provocación; porque no mundo non se da ningunha persona decente, que sea corda, e

[p. 151]

que vaya pegarlle a naide sin máis e sin máis, e pol-o visto, o duelo solo foi discurrido pr'aquelas xentes que teñen obrigación de ser ben aducadas, y-ademais que tiren a o siñorio.
     —Non somos do mesmo modo de pensar e non-o incomodaremos máis. En fin, vosté di que non señala padriños  e que non se batirá sinón a puñetazo limpio ou á paus. Nosoutros así llo diremos a Martiño; pró temos que confesar qu'este é un caso singularísimo e non podemos decidir nada sin contar co noso apadriñado. Supoñemos que non consentirá un duelo en esa forma.
     —Pois so non-o quer asi que se deixe de duelos, qu'eu non m'hei de volver a meter co-il, con tal que non lle falte á quen teño escollida pra miña muller.Pra min tan honrado está Martiño, com'antes  de pegarnos, e non millorará nada a nosa honradez porque calquera dos dous perdamos unhas cantas pingas de sangue, nin porque un dos dous perda a vida. A verdadeira honradez consiste en suxetar todol os vicios á concencia moral que Dios puxo na yalma humana, que da por resultado o amor á o próximo y-os mútuos respetos, pol-o menos. Todo ó demais é farándula, e ben examinados todol-os grandes partidarios do duelo, atoparíase n'eles a necesidá de que pasasen  unha temporadiña n'un manicomio, hastra que soupesen razonar sobre tal extravagancia, como Dios manda y-o bon sentido aconsella.
     —Pois siñor, Dixo D. León, no seu antusiasmo, non repara que nos está tratando como chupa de dómine, e non merecen as ideas qu'aqui representamos tan pouco respeto, que consintamos que vosté nos chame tolos nas propias barbas.

[p. 152]

     —Siñores perdónenme. Non quixen molestalos Solo acedendo a un deseyo de vostés, lles expuxen tal vez con demasiada calor as ideas que teño pra ser contrario a ó duelo, e pol-as que non-o aceuto noutros términos que nos ditos.
     —Así o faremos costar deica un pouco.
     Dempois de despedirse moi ceremoniosamente, quedou dicindo Caitano.
     —¡Qué par de representantes d'ese honor, que se recobra n'un duelo!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega