A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XVIII (p. 153-159)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro218.html

[p. 153]

     Martiño agardaba pol-os padriños na sua casa.
     Namentras foi á comer con seus pais deixou a o Garduña no seu carto c'unha botella de Xerez pra que s'entretivera.
     O Xerez era d'aquela alma, asi é que cando volveu xunto d'él, dera conta da botella, pró xa non tiña mau de sí.
     Estaba Martiño con moita impacencia porque tardaban os seus amigos e porque o Garduña, qu'estaba mais bebido do que conviña, falaba alto amenazando á Caitano, facéndolle protestas d'amistá á Martiño e pidindolle mais Xerez.
     Mentras non chegan os padriños diremos algo de Garduña.
     Foi un home d'eses que chaman de bon corazón, porque non sabe ter conta do seu.
     Os pais deixaranlle unha fortuniña ô morrer pró entre o xogo y outros viceos, non puido conservar mais qu'a casa da calle de San Miguel, porque non puidera vendela, efeuto de qu'é unha herencia qu'usufrutuaba por dias de vida e namais.
     De rapaz era moi listo, pro non puido ser cordo. Tiña disposición pra todo, pro non soupo utilizala

[p. 154]

pra nada. Empezou varias carreiras e non tivo constancia pra acabar ningunha.
     Solo tivo preseverancia pr'andar entre malas compañas.
     De neno puxérall'o alcume de Garduña, pol-a habilidá que tiña pr'escamotear e pulir as cousas,e dempois non o puido botar de encima de sí.
     Dempois qu'acabou con todo, entre larpadelas cos amigos y-outras moitas calaveradas sin xeito é sin maneira, ó verse que naide lle prestaba un carto e que fuxian d'él os que máis lle comeran, decidiuse á ganar unha soldada que ll'ofreceron os da compañía de xogo que xa conocimos na sua casa, porqu'eso sí, apesar do alcume, todol'os amigos sabian qu'era fiel com'o ouro é que se lle podia fiar a casa santa sin medo ningún.
     Como o Garduña tiña moi bon corazón, queria moito ós poucos amigos que lle quedaban, y-era capaz de dar por eles a vida, por eso non podia sacar do pensamento ó que lle pasara a Martiño con Caitano, e botaba pestes contra est'último.
     D'unha vez ergueuse pra beber unha pouca d'auga d'unha copa qu'habia sobre da mesa e non sei en qu'embolecou que non tivo máis libios qu'agarrarse o tinteiro e deulle volta á tinta.
     Martiño que viu aquelo, chamou por Berta pra que trouxese un molido pra limpalo.
     Cando Berta chegou estaba dicindo o Garduña.
     —A ese Caitano si non-o matas ti heino de matar eu.
     Berta oiu o nome de Caitano e tremoulle tod'o corpo, extrañándolle inda máis, ó ver qu'o seu siñorito lle fixo unha seña ó Garduña pra que calase.

[p. 155]

     —Falarán d'il, pensou Berta, facendo como que non oira nada.
     Desd'aquela propúxose non separarse moito pra saber si podia pescar algo.
     —N'iste medio tempo chegaron os padriños.
     Martiño mandou sair á Berta qu'acababa de limpal-a mesa cand'eles entraron.
     —Gracias á Dios, coidei que xa non volvíais, díxolles Martiño.
     —Pois apesar de tardar tanto perdimol-o tempo.
     —¿E logo?
     —Que Caitano non quere batirse contigo sinon á morrazo limpio ou á paus.
     —¿E vosoutros que lle dixestes?
     —Porfiamos os sete porfiares pra convencelo de qu'eso non pode ser drento das leises do honor, pro él siguiu nas trece e non houbo quen o desmontase da burra, pois acabou por chamarnos tolos á todos cantos éramos partidarios do duelo.
     —Ese home é un cobarde, dixo ó Garduña, c'unha voz que dicia ás craras qu'o viño xa se lle entrancaba na gorxa.
     —Tomáchela boa, dixeron os padriños mirando pr'él.
     —Pró esta situación miña é desesperada, dixo Martiño, porque eu quero un duelo á morte con ese home qu'é á miña sombra, y-a paus non-o podo matar.
     —Ti manexas ben a espada y él nunca puxo os pés n'unha sala d'esgrima, o que podes facer é cansalo, non deixándolle que che toque o corpo e dempois zurras n'il hastra deixalo sin folgo.
     —Si non sab'esgrima, do pirmeiro pau abróll'a cabeza, porque non sei si poderei cansalo que ten moi bos puños.

[p. 156]

     —O pirmeiro pau debes darllo na muñeca pra desarmalo.
     —Tes razón. Id'alá é decidille qu'os paus serán igoales en peso y-en largura, que se poderan atar â muñeca c'un cordón e que o que venza pode siguir pegando todo o tempo que queira.
     —Asi o faremos. Dempois iremos á comer y-esta noite na casa d'ese pelexo qu'está roncando. ¡Boa pitima colleu!
     —Todo foi mentras fun á cenar.
     Efeutivamente o Garduña fórase quedando dormido sentado na mesma silla.
     Berta estivera â escoita do que dician e fixose cargo de qu'iban á ir aqueles siñores á casa d'un tal Caitano, propoñéndose seguilos, por ver si se trataba do seu novio, que non puidera velo por ningures os dias que lle tocara salir de paseo.
     Asi é que, sin dar conta á naide, saliu tras d'eles ó pouco tempo, volvéndos'â carreira tan presto como se fixou na calle do Carmen, onde se meteran.
     Cando os padriños chegaron xa non atoparon á Caitano na casa e deixáronlle unha tarxeta na que lle rogaban os agardase ás doce do outro dia.
     Entramentras salira Caitano cara á Porta do Sol, por mor de ver que poñían aquela noite na Zarzuela, a onde se propuxera ir.
     Xunt'a un dos anunciadores atopou á Mereguildo falando con un artesano moi ben vistido, e con esa finura propea dos fillos de Madrid que non lles da por achulaparse.
     —Alégrome d'encontrarte, ¿á onde pensas ir? lle dixo Mereguildo.
     —A Zarzuela.
     —Alá vou eu tamén; pro teño o gusto de presentarche á o meu carpinteiro; un dos rapaces

[p. 157]

máis listos e de máis porveito de Madrid. Teño que mostrarche unha libreria que me fixo, que dá xenio vela, pra que vexas que non minto. E com'a ti moi aficionado â música y â pintura e parecédesvos en moitas cousas.
     —Teño moito gusto en conocelo e dende logo tenme á sua disposición.
     —Moitas gracias, pró son inmerecidas as lisonxas d'este siñor.
     —En proba de qu'as creo, mañá faga o favor d'ir pol-a miña casa ás doce, que tamén teño qu'encargarlle, dixo Caitano dándolle ô mesmo tempo unha tarxeta.
     —Descoide que asi o farei; pró sinon ó tiveran á menos, iría con vostés tamén â Zarzuela.
     —Non deshonra á naide a compaña d'un home honrado, por ser artesano. Solo teñen vergonza d'acompañarse dos fillos do traballo, eses ningués, especia de siñores feitos aprisa, que chegaron á ter algo, sabe Dios como, dempois de nacer entre paxelos d'estopa ou en berces das crases menos acomodadas. Aquel á quen ll'adeprenderon desde neno boa aducación, e sabe amar ô próximo, e pensou no que valen o traballo y a honradez, sempre edemira ó que trata de medrar co traballo das suas maus, porque sabe ó dificultoso qu'e subir cando s'empeza por pouco. Pró nosoutros que temos qu'apertar tantas maus sucias pol-o viceo, non debemos facer ascos á o coller as qu'están encallecidas pol-o traballo; os que temos qu'a acompañarnos d'os que chegaron á ricos roubando á ollos vistos, non debemos despreciar a compaña do que gana a vida traballando honradamente.
     —Siñor, son poucos os que pensan asi e moiros menos os que, inda pensando qu'é verdá o que dí,

[p. 158]

tendo medo ô que dirán, siguen co a corrente do mundo. Pra chegar os homes á ese espritu d'igoaldá, ten que millorar moito á concencia púbrica e moito teñen que perfeucionarse as costumes. Penso pra min qu'inda está bastante lonxe o dia en que, dándolle á honradez o aprecio que merece, poida a virtú reinar máiis nos corazós, pra dar paso á felicidá que Dios puxo na práutica do ben.
     Máis pra eso é preciso qu'o ouro non merque tantas cousas como merca, que os vicios fosen fosen tan mal mirados nas autoridás d'arriba como nas d'abaixo; qu'ó que rouba millós non se lle quite o pucho, mentras qu'ó que rouba un cabazo pra comer se meta na cárcere; qu'aquel que da traballo ô obreiro, non-o esprima pra sacarlle mais zume e facerse mais rico á conta do abuso do probe, que ten que estar suxeto a él pra manterse; que se considere e se lle dea a mau ó artista que traballa de boa fé e que se castigue ó lacazán que comercia co-a caridá; qu'as autoridás percuren dar traballo, pra que poidan manterse os probes antes de que s'afagan a pidir limosna, e que se coiden como deben da salú dos pueblos, pra que os fillos dos probes non sallan tan encrenques pro traballo e s'utilice millor a forza humana en beneficio da riqueza púbrica.
     —Pensas com'on home, lle dixo Mereguildo.
     —Ten moita razon, repuxo Caitano; pró inda se ll'olvidou algo, qu'é a ilustración do labrego, pra que sepa facer producir á terra mais beneficios, sin ser tan escravo d'ela.
     —Eso viria de seu en canto houbese mais virtú nas crases ricas, porque moitos que non soñan mais que n'unha carreira, co gallo de facerse ricos con pouco traballo, estudiarían pr'aproveitarse da riqueza que pode dal-a terra, qu'é moita mais da

[p. 159]

que pensan todol-os qu'a labran hoxe por rutina, e non teñen máis guia qu'os consellos, mais ou menos aceutables, que se van transmitindo de pais a fillos.
     —E que desgraciadamente por tomalos como cousa que non ten volta, non queren varear os nosos labregos, negándose d'este xeito ó adianto d'agricultura, engadiu Mereguildo.
     —Xa chegamos a o teatro. Deixemol-o mundo tal como vai e vexamos estoutra comedia, xa que nosoutros no estamos chamados á arregrar o catarro.
     —Por decir así moitos, non se fai nada bó, dixo o carpinteiro.
     Y-entraron no teatro.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega